Páxina adicada a actividades de Física e Química (e outros temas). Outros sitios relacionados: As Feiras de Ciencia na Galiza sobre Ribadeo, blog persoal do autor antigo blog persoal do autor - Atención: úsanse cookies -
2012/07/12
Sobre a primeira lei do movemento de Newton
Esta mañá púxenme a traducir (poñendo subtítulos) un vídeo, http://www.universalsubtitles.org/gl/videos/sGbjgJVkTNRe/info/newtons-first-law-of-motion/ e rematei a base duns dez minutos por cada minuto de vídeo. Aínda agora non sei onde collelo en youtube (non atopo os subtítulos en galego), aínda que está accesible no enderezo que poño enrriba. O vídeo é de khanakademy, e coido que é o primeiro dos miles que hai que está con subtítulos en galego... Por se vos apetece ver como quedou ou facer vós os subtítulos doutro. A dicir que é un primeiro e non quedou especialmente ben, pero pódese ver...
2012/07/10
Algo sobre o bosón de Higgs
Remato de ler un artigo semellante a outros que estes días pululan
sobre o bosón de Higgs. Non obstante, chamo a atención sobre el por
varias razóns, entre as que non son menores que esteña escrito por un
amigo e en galego, pero si que son maiores o estilo e as reflexión
finais, como indica o mesmo título. Que teñades boa letura!
A PARTÍCULA DE HIGGS, OU COMO UNHA EUROPA DOS CIDADÁNS É POSIBLE.