Mércores 12 de novembro de 2014: un artefacto construído na Terra por primeira volta tenta acometizar, isto é, aterrar na cabeza dun cometa. O vídeo permite seguilo paso a paso.
Dende agora ata o éxito ou fracaso da misión podes seguila. Será apaixoante esta manobra feita a millóns de quilómetros de distancia sobre un obxecto en rotación abondo rápida e con pequena gravidade.