Esta tempada estou a descubrir máis recursos dos que son capaz de incorporar ó meu quefacer. Todos interesantes, moi interesantes, o descubrilos xenera unha serie de ideas de aplicación, que, xa digo, ultimamente sobrepasan a miña capacidade de uso xa exclusivamente pola capacidade temporal. Mais non por iso hai que desbotalos: outras persoas poden chegar a eles a través da información que deixo sementada, e ese é o papel, por exemplo, esta entrada, sementar difusión para que outra xente poda aproveitar se quere e está en condicións de facelo.
Chámase Arcimís, e é a nivel español un repositorio de datos meteorolóxicos, 'arquivo climatolóxico e meteorolóxico a nivel nacional'.
Segundo a introdución da propia web, Arcimís é o depósito institucional destinado a reunir, conservar e difundir a traverso do acceso aberto os documentos resultantes da actividade científica, institucional e docente da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Tamén se inclúe o patrimonio bibliográfico dixitalizado pola Biblioteca de AEMET.
Augusto Arcimís Wehrle, foi o primeiro meteorólogo profesional en España e ol primeiro director do Instituto Central Meteorolóxico, a actual Axencia Estatal de Meteoroloxía (1888-1910).
Páxina adicada a actividades de Física e Química (e outros temas). Outros sitios relacionados: As Feiras de Ciencia na Galiza sobre Ribadeo, blog persoal do autor antigo blog persoal do autor - Atención: úsanse cookies -
2016/11/30
2016/11/29
2016/11/24
Vin isto, gustoume...
Coido que deixo claro de onde ven, e a imaxe tamén deixa claro onde vai... + unha nota: algunha das relacións entendo que debera ter un título diferente.
2016/11/22
Unha imaxe, tres notacións
Unha imaxe, tres notacións, un problema. A confusión entre sistemas de notación dase en todas as actividades; este é só un exemplo nunha actividade, a comercial, que os produce a moreas.
Antes de seguir, lembrar que no estado español e a ata o momento coido a máis extendida no mundo, a notación para separar enteiros e decimais é usar unha coma. Mais o inicio das calculadoras en norteamérica ten feito estragos, e pódese comprobar a sinxeleza do artigo na wikipedia en francés ou en alemán, coa mistura e desinformación na wikipedia en español. En galego a wikipedia coido que explica abondo ben o problema, citando ademais unha fonte incontestable: http://www.bipm.org/en/CGPM/db/22/10/ .
Na imaxe atopamos o nomativo uso da coma 2,5 - que recalco en negriña para distinguir a opción boa-, pero tamén a notación usada en norteamérica (3.0) e a notación de comiña (45'20) para diferentes cousas. O punto está normalizado como identificador da serie de innovación no caso das usb, mais é alleo tanto como o ', máis aínda cando neste caso úsanse tipos de diferente tamaño para diferentes ordes, 45'20, de tal xeito que mesmo o formato normalizado do blog non me permite poñelo, tendo que ir ás especificacións html para poder amosalo no texto.
Queda claro? Quede ou non, a sensación que teño é que a confusión vai en aumento...

2016/11/20
Astronomía, nacemento, rendemento
Rematou a XI edición de Galiciencia, en Tecnópole (Ourense) con representación ribadense de Lucía Barcia García e Lucía Conde Fariñas co traballo 'Astronomía, nacemento, rendemento', que daba pé a un estudo sobre a influencia dos astros (Lúa e Sol) no número de nacementos e nas notas obtidas polos estudantes do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. O resultado, claro: non hay influencia sobre os nacementos, nacendo máis ou menos a mesma cantidade de xente en cada momento do ciclo luar ou solar, e parece que tampouco sobre o rendemento académico, con nota media indistinguible dun momento a outro de nacemento, se ben neste caso, a dispersión que indica que existen outros factores que si inflúen enmascararían o resultado, facéndoo non fiable.
As conclusións, tal como foron enviadas a Tecnópole:
Presentación proxectos galiciencia 2016 ies Ribadeo Dionisio Gamallo subido por Antonio Gregorio Montes
Algunha foto de 'astronomía, nacemento, rendemento':
Instalando.
Preparadas
Atendendo á xente.
Despois de recibir os diplomas.
E algunha foto doutros proxectos (para ver máis, iranse poñendo en feiras de ciencias na Galiza)