Páxina adicada a actividades de Física e Química (e outros temas). Outros sitios relacionados: As Feiras de Ciencia na Galiza sobre Ribadeo, blog persoal do autor antigo blog persoal do autor - Atención: úsanse cookies -
2017/10/17
Entrada da oleaxe na ría de Ribadeo (modelizado)
Un vídeo curioso que se pode completar mirando dende a ponte dos Santos:
A observar os efectos da difracción das ondas a partir da punta da Cruz. Calquera onda, sexa de auga, sonora, luminsa, etc, sufre efectos parellos.
2017/10/14
Divulgacción, encontro anual
A asociación de divulgación científica galega Divulgacción terá en dúas semanas o encontro anual en Pontevedra. Se estás metido no mundillo, unha xornada interesante prometida. Velaeiquí o programa, en cartel e en texto:
O programa definitivo para toda a xornada é o seguinte:
18.00h Charlas
O programa definitivo para toda a xornada é o seguinte:
10.00h Visita ao Museo de Pontevedra (exclusiva para socios)
12.00h Asemblea de Socios. Casa da Luz. Praza da Verdura, Pontevedra
14.00h Descanso para comer. Lembra anotarte se queres comer con nós! Non te preocupes, o prezo do menú será asequible. Para anotarte por favor preme aquí.
PROGRAMA ABERTO AO PÚBLICO
16.30h Debate: Crowdfunding: Unha reflexión sobre o crowdfunding en ciencia e divulgación. Con:
- Cunha guía especial orientada a divulgadores. O Gabinete Didáctico do museo contaranos como xeran os materiais didácticos, como contan e explican as exposicións e que recursos utilizan, como introducen temas transversais... Unha visita que promete ser moi interesante.
- O número de participantes está en principio limitado a 35 persoas. Se as sobrepasamos, tentariamos organizar un segundo grupo para a mesma hora, pero será necesario sabelo con tempo, así que non te despistes!
- É posible vir con acompañantes. Se che gusta a idea, é obrigatorio apuntarse: debes responder a este correo antes do día 25 de outubro sinalando o teu interese na visita. Envíanos o teu nome e cantos acompañantes traes, se é o caso.
12.00h Asemblea de Socios. Casa da Luz. Praza da Verdura, Pontevedra
14.00h Descanso para comer. Lembra anotarte se queres comer con nós! Non te preocupes, o prezo do menú será asequible. Para anotarte por favor preme aquí.
PROGRAMA ABERTO AO PÚBLICO
Casa da Luz, Pontevedra. Praza da Verdura. Entrada libre ata completar aforo
16.30h Debate: Crowdfunding: Unha reflexión sobre o crowdfunding en ciencia e divulgación. Con:
Roi Villar Vázquez, Presidente da Asociación de Comunicadores en Biotecnoloxía, creador de iLoveScience, Xefe de internacionalización de BioCAT
Alfonso Pérez Posía, Director do Departamento de Participación Privada da FECYT, Plataforma Principia
José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da UDC
Modera: Iolanda Casal, xornalista
18.00h Charlas
A informática tamén é cousa de mulleresJavier Pedreira, Wicho, Responsable do departamento de informática nos Museos Científicos Coruñeses e coautor de MicrosiervosGalicia nos tempos do cambio climáticoXavier Fonseca, xornalista e divulgador científico. Historias del Tiempo, VTelevisión
2017/10/13
E... teremos nós tamén furacáns?
![]() |
Situación aproximada de Ofelia ó mediodía de hoxe, venres 13/10/2017 |
Iso parece. O primeiro podería tocarnos cara luns, segundo a ESA:
FOTO ESA |
13 octubre 2017
El satélite Sentinel-3A de Copernicus tomó esta imagen el día 11 de
octubre de 2017, cuando el huracán Ophelia se encontraba a unos 1.300 km
al suroeste de las islas Azores y a unos 2.000 km de la costa africana.
Clasificado inicialmente como tormenta tropical, ya ha pasado a la
categoría de huracán. El Centro Nacional de Huracanes de los
Estados Unidos ha advertido de que Ophelia podría alcanzar aún más
fuerza en los próximos días.
La tormenta se está desplazando hacia el noreste, por lo que podría
alcanzar la costa noroccidental de España antes de continuar hacia Gran
Bretaña.
2017/10/10
O día da ciencia en galego: Fontán, Darwin, concurso
Achégase a edición 2017, adicadas ás viaxes sostibles, lembrando a viaxe do Beagle e o mapa de Fontán. E por iso compleméntase cun concurso de xeoposicionamento mediante a descarga dunha app.