Dentro do XXX Congreso de Enciga en Allariz, presento o taller 'Recreos de Ciencia'. Este é o documento base para a presentación,
Páxina adicada a actividades de Física e Química (e outros temas). Outros sitios relacionados: As Feiras de Ciencia na Galiza sobre Ribadeo, blog persoal do autor antigo blog persoal do autor - Atención: úsanse cookies -
2017/11/18
2017/11/15
Por fin, algunha boa nova para a Terra da man da humanidade
O ozono. Si, O3, ese é o tema da boa nova. Xa está claro que dende comezo dos anos setenta a capa de ozono atmosférico foi diminuíndo dun xeito dramático, privando á Terra da súa protección das radiacións ultravioletas, e provocando en animais e persoas diversas anomalías en latitudes altas (preferentemente do hemisferio sur), onde o efecto ten maior importancia. Mais, dende 1997, coa aplicación de tratados internacionais máis ou menos cumpridos, está a lograrse reverquer o efecto. Non de xeito tan rápido como diminuíu, mais o ozono está a aumentar. E con el a protección que nos da na alta atmosfera.
Diminución de ozono en 15 anos (84/97, esquerda) a diferentes latitudes, e aumento -menor- nos 20 anos seguintes (97/16, dereita). A fixarse que nos extremos dos gráficos, máis próximos ós polos, as variacións son maiores. Imaxe ESA. |
2017/11/01
O mundo é complicado, por algo o principio de precaución
Iso do 'principio de precaución' non parece estar moi de moda. Non obstante, cada vez se ve máis a súa necesidade no complexo mundo no que vivimos. E cada vez se nota máis a súa falta en relación a cousas como o cambio climático ou o furado de ozono.
O mundo é complicado, pois as múltiples relacións que no seu interior se desenvolven poden convertir a priori calquera causa en produtora de calquer efecto, e só un estudo moi minucioso pode aportar certas garantías de que se chegará ó efecto desexado e non a outro. Estamos afeitos ás simplificacións necesarias para poder estudar, chegar a conclusións e predicir no mundo físico. E de tan afeitos, parece que nos esquezamos das simplificacións que estamos a facer. Ás veces, tamén, o esquecemento é interesado (e aí entraría a teoría de xogos para comprender a nosa actuación para tentar sacar máis melloras que os demáis, aínda con custe neto para o conxunto) pero iso non entra xa dentro das consideracións que espero traer hoxe aquí.
O caso é que nunha volta de xiro, agora resulta que o mesmo que hai sistemas que tenden a desestabilizarse máis cando se comezan a desestabilizar (aí, a liberación de grandes cantidades de CO2 polo permafrost ó aumentar a temperatura deste e desfacerse), apareceu un novo sistema que contribúe á estabilización da temperatura por captura de CO2, mitigando o efecto invernadoiro. Trataríase dos bosques boreais, a traverso dun mecanismo sinxelo: se a temperatura media sube, a súa capa verde está menos tempo cuberta pola neve, e iso implica que pode realizar a fotosíntese máis tempo, aumentando a fixación de dióxido de carbono.
Así pois, descubriuse un novo aliado no cambio climático. Iso non quere dicir que xa teñamos a vitoria, nin moito menos! Pero ao menos, da unha oportunidade máis para que demos feito os cambios necesarios para mitigar algo o cambio, preparándonos a nós e ó planeta para o aumento das temperaturas e facendo que sexa o máis pequeno posible.
Lembremos: a Terra está en un equilibrio complexo que levamos moito tempo empurrando para desequilibrar. Agora, xa o logramos, e ese desequilibrio vemos como leva consigo cambios que nos pode levar por diante... Non estou seguro que o noso nivel de comprensión sexa abondo para actuar como debéramos. Polo momento, non foi así.

![]() |
Temperatura dos océanos. Imaxe no dominio público, collida de gl.wikipedia.org creada pola NASA |