Imaxe da ESA (http://www.esa.int/var/esa/storage/images/esa_multimedia/images/2018/07/lunar_eclipse_27_july_2018/17625911-1-eng-GB/Lunar_eclipse_27_July_2018_node_full_image_2.jpg) |
Páxina adicada a actividades de Física e Química (e outros temas). Outros sitios relacionados: As Feiras de Ciencia na Galiza sobre Ribadeo, blog persoal do autor antigo blog persoal do autor - Atención: úsanse cookies -
2018/07/30
Perdiches a eclipse? A seguinte, seguramente tamén...
A eclipse lunar do pasado 27 de xullo coincidiu en Ribadeo con nubes. Mágoa, era das boas eclipses: Lúa de sangue, eclipse longo (o máis longo do s. XXI)... o día 11 de agosto haberá outra, pero seguramente tamén a perderás, pois non será visible dende Galicia.
2018/07/10
Os mellores chistes de Física e Química
Cara a fin de curso organizamos nunha clase un concurso de chistes de Física e Química. Despois das votacións, os elixidos catro mellores chistes (houbo empate no segundo lugar) foron:
37 puntos:
* Cal é a molécula máis poderosa? HDiosO
43 puntos:
* Para que saia o Sol hai unha solución: di_Sol_vente
* Houbo un accidente na estación espacial. Ningún ferido de gravidade.
44 puntos:
*Que pasa cando x tende a infinito? Que infinito se seca!
Contados por elas (a campeona foi unha rapaza) e por eles, a graza aumenta...
Unha nota: Non participei na votación. Os meus puntos terían sido para outros.