Esta tempada estou a descubrir máis recursos dos que son capaz de incorporar ó meu quefacer. Todos interesantes, moi interesantes, o descubrilos xenera unha serie de ideas de aplicación, que, xa digo, ultimamente sobrepasan a miña capacidade de uso xa exclusivamente pola capacidade temporal. Mais non por iso hai que desbotalos: outras persoas poden chegar a eles a través da información que deixo sementada, e ese é o papel, por exemplo, esta entrada, sementar difusión para que outra xente poda aproveitar se quere e está en condicións de facelo.
Chámase Arcimís, e é a nivel español un repositorio de datos meteorolóxicos, 'arquivo climatolóxico e meteorolóxico a nivel nacional'.
Segundo a introdución da propia web, Arcimís é o depósito institucional destinado a reunir, conservar e difundir a traverso do acceso aberto os documentos resultantes da actividade científica, institucional e docente da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Tamén se inclúe o patrimonio bibliográfico dixitalizado pola Biblioteca de AEMET.
Augusto Arcimís Wehrle, foi o primeiro meteorólogo profesional en España e ol primeiro director do Instituto Central Meteorolóxico, a actual Axencia Estatal de Meteoroloxía (1888-1910).
Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026)
-
Antonio Díaz Amor, melómano (1965-2026) Carlos Álvarez Lebredo Poderíase
poñer a palabra ‘músico’ en vez de ‘melómano’ no título deste artigo.
Porque no te...
Hai 20 horas

Ningún comentario:
Publicar un comentario