
Se se vai a esa zona pola noite, verase un espectáculo ó ver avanzar a proxección da luz do faro, por exemplo na costas cara á illa de Vilaselán. É curioso ver como avanza máisa apresa canto maís distante estea o sitio onde se proxecta a luz. Un fenómeno parello a escala moito maior fai que nalgunhas situacións pareza que a luz se propaga a unha velocidade maior que a chamada constante de propagación da luz no vacío, a máxima velocidade que se pode acadar.
En fin, outra cousa máis que vin hoxe en Ribadeo relativa á física: os avións que pasaban hoxe deixaban pouca traza, unha traza pouco persistente. Iso é debido a que o ambiente estaba seco e polo tanto, en vez de condensarse a auga explusada polo funcionamento do reactor, o que facía era difundirse máis ata desaparecer o rastro. É dicir, a máis sequedade en altura, menor rastro por haber menor condensación.
Para rematar, o gráfico de mareas destes días previsto para Ribadeo, obtido con wxtides, un programa gratuíto (licencia GNU, é dicir, algo así como 'fetén', libre, gratuíto e no que se pode argallar; pódese descargar en http://www.wxtide32.com/index.html) que da unha información abondo adecuada. A observar que no pantallazo, a hora é a hora legal española -horario de verán, e pódese usar en linux (Xtide) ou windows (o que aparece na imaxe neste caso), e como non se ve moi ben, que as bandas oscuras é a noite e as brancas, o día; as horas están marcadas de 0 a 23 e o centro do gráfico é esta noite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario