Para despedir o ano en FQ Ribadeo, aquí deixo dúas vistas do monte Fuji. Como se ve, ten cubríndoo unha nube lenticular, un 'sombreiro de nubes', aquí captado dende o chan e polo satélite Sentinel 2. Fonte: Reddit a través de @Divulgameteo. Parécese a un sombreiro típico dos usados no leste asiático, de Vietnam a Xapón, pasando pola China ou Corea (o que non quere dicir que os sombreiros sexan imitación desa nube, e por suposto moitísimo menos, o contrario).
2023/12/31
2023/12/08
Ciencia... do engano
Atopeime o seguinte. O vídeo non é que me impresionara, mais deixome pensativo...
2023/12/01
Terremoto de intensidade 3,3 en Oroso (Santiago)
Os datos resumidos recollidos polo IGN do terremoto de hoxe preto de Santiago son:
Captura de pantalla de http://www.ign.es/web/ign/portal/ultimos-terremotos/-/ultimos-terremotos/getDetails?evid=es2023xlxvp&zona=1# |
Un iceberg como media provincia de Lugo
ESA 2023, lic. CC BY-SA 3.0 IGO |
Cara a 1986, o iceberg A23a quedou ancorado no fondo oceánico. Agora desancorou e diríxese 'a toda máquina', como amosa a animación da ESA, fóra do Antártico. A animación consta de tres fotos, tomadas en 20231102, 20231114 e 20231126, co iceberg camiño do Atlántico Sur. Mide unhs 4000 km cadrados de superficie, case tan grande como a provincia de Pontevedra, cun espesor duns 400 m, e é, na actualidade, o maior iceberg que existe.
Tomado de https://www.esa.int/ESA_Multimedia/Images/2023/12/Iceberg_on_the_loose
2023/11/26
As liñas dos avións a reacción
En baixo deixo un curto vídeo onde se ve unha liña de condensación dun avión a reacción que xa pasara, outra que está creando outro avión a pasar e un terceiro avión, que por estar a unha altura cunhas condicións de sequidade de aire diferente, non forma liña de condensación. Unha curiosidade.
2023/11/24
Sobre a semana da ciencia en Salvaterra de Miño
No XXXVI Congreso de Enciga tivo lugar a presentación da ponencia 'Deseño dunha semana de ciencia nun IES', presentada por Sandra Parada Nogueiras e Verónica Simón Otero. Como dende o comezo vin interesante o tema, relacionado coas feiras de ciencia, gravei un vídeo. Está sen editar e ten mala calidade de realización, pero coido que transmite ben o que foi. Unha introdución pode acharse un pouco máis en baixo, o resume enviado ó Congreso.
2023/11/05
Lembranza do antigo instituto
Non sei o ano exacto, pero esta foto do antigo IES Rodríguez de Valcarcel de Ribadeo ten xa uns cantos (ó mellor daquela xa deixara de usarse ese nome...)
2023/11/04
As mulleres que nos levaron á Lúa
Hai algún tempo pasou por diante dos meus ollos a exposición da que remato de retrovar as fotos. coido que é aproveitable. Aquí queda:
2023/08/10
Baixo o Sol
47,4 ºC, foto de Pancho Campos |
Dez de agosto. O sol quenta. Recibo unhas fotos de Pancho Campos nunha serie de quecemento dun termómetro dixita posto ó Sol. 47º C en Ribadeo. É ó Sol, o máximo no día, pero non por iso deixa de ser moito. Para Ribadeo ou para outro lugar. A gráfica resultante é:
2023/07/06
A estrela Rosalía de Castro e o planeta Río Sar
Se miras nas páxinas da Unión Astronómica Internacional, a máis do asteroide Rosalía (podes 'velo' evolucionar aquí e obter todos os seus datos astronómicos aquí) poderás atopar https://www.iau.org/public/themes/naming_exoplanets/, (hai unha versión en portugués ou en castelán, pero hai dificultade para facer a ligazón correspondente) onde nunha lista verás, despois dunha introdución explicativa, o seguinte:
List of Exoplanet Names
Object Type | Astronomical Designation | Approved Name | Citation | Proposer | World Region |
Planet | HD 149143 b | Riosar | Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro. | IAU100 NameExoWorlds | Spain |
É dicir, existe un planeta chamado internacionalmente Río Sar ('Riosar') que xira arredor da Estrela Rosalía de Castro. Chamado así dende 2019, a información é maior se se descarga unha folla de cálculo (https://www.nameexoworlds.iau.org/_files/ugd/6358ac_f8290c984e9a47b1bba9e6c31d9ff48c.xlsx?dn=NameExoWorlds%20fulltable.xlsx), na que aparece:
Spain
Rosaliadecastro
Rosalia de Castro was a significant figure of Galician culture and prominent Spanish writer, whose pioneeting work often referenced the night and celestial objects.
Riosar
Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.
Names and places associated with the writing and life of Galician and Spanish writer Rosalía de Castro (1837–1885).
HD 149143
HD 149143 b
Ophiuchus
yellow
dwarf
http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-basic?Ident=HD+149143
O que, facendo a interpretación, di que a estrela chamada Rosalía de Castro, que aparece no catálogo estelar como HD 149143 (é dicir, do catálogo Henry Draper, a nº 149143), ten un planeta, HD 149143 b, que corresponde co nome internacional de Río Sar. A estrela é unha anana amarela situada na constelación de Ofiúco. A ligazón corresponde a outra base datos. Na ligazón de nameexowotlds citada detállanse asemade os avistamentos, que son moitos.
En relación a quen é Rosalía e o río Sar, coido que non paga a pena máis detemento por moi coñecidos. De calquera xeito, aí quedan as ligazóns á Galipedia.
2023/07/01
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía.
Polos cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os (poucos) rexistros derivados deles que se gardan na AEMET, todo parecía indicar que o establecemento da estación mereorolóxica que se montou como aliada da investigación e transmisión de coñecementos que alí se facía, databa do último terzo dos anos vinte do século pasado. Mais, nas 'Riberas del Eo', nos poucos exemplares que se conservan na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo do tempo no que foi director Enrique Suárez Couto, aparecen insercións semanais de datos meteorolóxicos recollidos nas instalacións. Insercións que, en épocas posteriores ó seu pasamento, desaparecen do semanario e da escea de documentos a disposición ata o primeiro caderno mensual de toma de datos que se conserva na Pedro Murias, correspondente a novembro de 1927. Hai que lembrar que Suárez Couto foi o primeiro director, exercendo ata o seu pasamento, sendo explicable a toma de datos meteorolóxicos polo seu interese no progreso gandeiro e agrícola da nosa terra. un interese que se recollería de novo xa a finais da década.
As
táboas de ventos, correspondentes a anemómetro e veleta, que aparecen
nas primeiras táboas, desaparecen nas últimas, indicando unha vontade de
incluílos que desapareceu máis adiante por motivo descoñecido.
2023/06/30
O futuro no mar
Foto da ESA, tomada de https://www.esa.int/ESA_Multimedia/Images/2023/06/Earth_from_Space_Southwest_Netherlands (CC BY SA 4.0) |
Pode ser unha afirmación. É unha pregunta. A imaxe de arriba, a zona sur oeste dos Países Baixos e o Mar do Norte que enfronta, abrangue uns 150 km no sentido horizontal. Nela pódense advertir dende os peiraos de Rotterdam, os maiores de Europa, cara arriba e á dereita, ós barcos no mar. Mais tamén, se nos fixamos, unha formacion estrana de puntos no mar, ordeadiños na parte inferior esquerda da imaxe. Que é? un 'campo' de xeradores eólicos abondo maior que a extensión do concello de Ribadeo, un concello de tipo mediano de Galicia. Coa actual polémica pola prantación abusiva de eólicos no noso mar ou na nosa terra, algo a ter en conta e a estudar.
2023/06/15
Está en marcha: Feira da Ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Hoxe xoves e mañá venres está tendo lugar, polas mañás, a feira da ciencia deste 2023 en Ribadeo, a XXVIII edición. Querendo só animar á visita, deixo o cartel e a relación de traballos presentados, así como fotografía 'en bruto' de boa parte da cartelería, incluído un vídeo.
2023/06/13
Feira da Ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Remato de recibir o cartel da feira da Ciencia de Ribadeo deste ano, a 28 edición. Anímaste?
2023/06/04
A Lúa en Ribadeo
Non me fixara en que a Lúa remata de pasar pola fase de chea. Unha foto de Suso Fernández, tomada dende Ribadeo, ven de lembrarmo. Déixoa recortada:
A Lúa chea foi esta madrugada de 4 de xuño ás 5;42 horario de verán (UTC+2).2023/05/13
O IES de Ribadeo e a Ciencia na Rúa. Susi Besteiro
Un ano máis, e xa van 27, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo participou no
Día da Ciencia na Rúa celebrado o pasado sábado 6 de maio na Coruña. Aló
fomos pasar o día un total de 31 alumnas e alumnos de 1º, 2º e 4º ESO
acompañados por Andrés Rodríguez, Beatriz González e Susi Besteiro para
presentar traballos realizados no Club de Ciencia e na materia de
Proxecto Competencial.
Nesta edición o noso alumnado explicou
moitos e variados proxectos que chamaron a atención do numeroso público.
Os máis pequenos levaban réplicas caseiras dunha fonte infinita, “A
fonte de Herón”, e da “Copa de Arquímedes” coa que o científico trataba
de ensinarlles aos alumnos a importancia da mesura. Tamén amosaban o
proceso de extración do fío de seda no traballo “Da eiruga ao fío”, o
comportamento dun “Globo non newtoniano” e unha mostra dos rodolitos
procedentes da “Praia das Palomitas” de Fuerteventura, que aínda que
parezan comestibles son estruturas calcáreas formadas por algas.
Os
medianos cautivaron aos visitantes co “Proxector Holográfico”, unha
estrutura feita con metacrilato que permite transformar vídeos dun
smartphone ou tablet en hologramas 3D e co “Hotel de insectos” con
aposentos de madeiras, pedriñas e pallas. Asimismo, ensináronlles a
moitos nenos e nenas a construir “A Ponte da Vinci”, unha ponte
autoportante que se suxeita co seu propio peso.
Por último, os
grandes foron os encargados de explicar a importancia do centro de
gravidade co “Paradoxo mecánico”, un artiluxio que parece desafiar as
leis da gravidade xa que sobre el, aínda que pareza mentira, un simple
bicono fabricado con dous funís de plástico “sobe baixando” ou “cae
cara arriba”. Tamén explicaban a importancia do pH e para medir o grao
de acidez e levaban feita unha “Escala caseira de pH” co líquido
resultante de cocer col lombarda e amosaron a viraxe de cor que
experimentaba o papel indicador tamén elaborado por eles, ao engadirlle
produtos de uso común, como vinagre, bicarbonato, leite, deterxente ou
lixivia. Finalmente co traballo titulado “A cor das hortensias”
relacionaban a cor das flores destas plantas co pH do solo, canto máis
ácido, máis azuis e canto máis básico, máis rosas.
Queremos felicitar
ao noso alumnado por dedicar este día á ciencia: divulgando os
traballos propios e aprendendo dos que levaban os outros participantes.
Agora só queda expoñelos na propia casa ao remate do curso, na que vai
ser o XXVIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Ribadeo Dionisio Gamallo e que se celebrará os vindeiros 16 e 17 de xuño. Estades
invitados!
(Primeiro publicado, sen ligazóns, en https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/1143)
Física e Química en Ribadeo _
Arquivo do blog
Buscar neste/dende este blogue
Galipedia
Etiquetas
tradutor
Lista de blogs con relación (e algún meu)
-
Un novo Chío! - A revista Chío do mes de decembro está xa á túa disposición. A máis da portada (enriba) e a miña colaboración (embaixo), deixo a ligazón á revista po...Hai 16 horas
-
¿Qué lotes ordenadores segunda mano 2024 puedo comprar? - ¡Prepárate para descubrir las joyas tecnológicas de 2024! Entre las opciones de lotes de ordenadores de segunda mano puedes considerar...Hai 11 meses
-
Contradición ou imposibilidade - Educar implica moitas cousas. Entre elas, procurar a inclinación a fixarse no mundo que nos rodea ou participar tentando melloralo. Deixo unha foto tomada ...Hai un ano
-
-
-
El hexágono de Saturno - El hexágono en el polo norte de Saturno es único en todo el Sistema Solar. Se descubrió en 1988 tras un cuidadoso análisis de las imágenes del sobrevuelo...Hai 8 anos
-
Acerca de los resultados de BICEP2 sobre la inflación del universo - El experimento BICEP2 que se lleva a cabo en el polo sur revolucionó ayer el mundo físico con la conferencia llevada a cabo en Harvard. Podemos leer la not...Hai 10 anos
-
Cuarto cumpleaños del Carnaval de la Física - ¡Bienvenidos otra vez a Gravedad Cero! Es un honor para mí escribir este post porque hoy celebramos el cuarto cumpleaños del Carnaval de la Física, una ave...Hai 11 anos
-
Ligazóns
- Wiki sobre Feiras de Ciencia
- Ribadeo, ribadeando
- Exames e repositorio de apuntes de Física e Química
- Tentando Educar
- Páxinas da Feira da Ciencia e tecnoloxía no IES Porta da Auga de Ribadeo
- Páxinas do Departamento de Física e Química do IES Porta da Auga, Ribadeo
- Proxecto Gutenberg
- Sector matemática
- Libros maravillosos
- Web de libros gratis
- Libros de divulgación científica
- E-books directory
- Planeta libro
- Literature.org
- Que de libros?
- Bibliotheka
- Librodot
- Directory of Open Access Journals
- Nature
- PLoS (Public Library on Science)
- Biblioteca dixita ciencia - México
- PLoS One
- Ebooks gratis
- Proxecto Gutenberg
- Libros de divulgación científica
- Biblioteca dixita ciencia - México
- Ebooks gratis
- Scribd