Entre onte, 10 de agosto, e hoxe, 11, tiveron lugar as xornadas 'O ceo de noite, o ceo de día'. Onte a partires das 22:00, na Casa da ría de Ribadeo en Santa Cruz, tivo lugar a primeira sesión, na que se estudou o crepúsculo e a aparición das estrelas, comezando polas de maior magnitude ata completarse a noite. Despois de Venus, foi descrito a ollo nú boa parte do ceo nouturno, comezando polas máis brilantes achegadas a Venus (Arturo) e o triángulo de verán (Vega, Altair, Deneb), para pasar logo a outras zonas do ceo, como a estrela Polar e a orientación cara a ela dende a Osa Maior, ou a Vía Láctea. Xa no telescopio, os asistentes poideron botar unha ollada a variso obxectivos, entre eles, un cúmulo na constelación de Escorpión e, finalizando a sesión, a un magnífico Xúpiter no que se lle distinguían as franxas e os catro satélites galileanos; en particular, Ío, que se puido ver como se separaba do planeta dende case rozalo visulamente. A sesión rematou máis aló da unha da madrugada, longo tempo despois de sobrepasar a sesentena de asistentes.
Pola mañá, comezando con tempo cuberto, foia a sesión correspondente ó ceo de día. No reloxio de Sol do cargadoiro houbo un primeiro conxunto de explicacións sobre a súa estrutura e funcionamento, pero ó estar cuberto, despois de cousa de media hora pasouse ó Forte de San Damián para realizar unha presentación do tema do ceo de día (colgada xa en internet), abranguendo un somero estudo dos elementos do ceo diurno, os movementos relativos do Sol e da Terra e as liñas básicas para a construcción dos reloxios de Sol. E ... ó saír, luciu o Sol ...
Créditos da presentación 'O ceo de día':
http://gl.wikipedia.org , páxinas consultadas en diversos días.
http://es.wikipedia.org, páxinas consultadas en diversos días.
http://www.planetarioviajero.com/Images/RELOJ%20ANALEMATICO.pdf , consultada o 9/08/2010
Imaxes diversas recollidas dos lugares anteriores e, na mesma data, de :
http://www.antiquus.es/catalogo.php?sm=2&g=6
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/ecuatorial.jpg
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/horizontal2.jpg
http://webs.ono.com/andanatres/Guad01.jpg
http://www.relojeria.org/reloj-de-sol/horizontal1.jpg
Retrocedendo, que é xerundio!
-
Retrocedendo, que é xerundio!
Un ano máis, diversas análises que se van facendo de ano en ano e que
neste 2024 viñeron a cristalizar hai pouco cos...
Hai unha hora