Esta tempada estou a descubrir máis recursos dos que son capaz de incorporar ó meu quefacer. Todos interesantes, moi interesantes, o descubrilos xenera unha serie de ideas de aplicación, que, xa digo, ultimamente sobrepasan a miña capacidade de uso xa exclusivamente pola capacidade temporal. Mais non por iso hai que desbotalos: outras persoas poden chegar a eles a través da información que deixo sementada, e ese é o papel, por exemplo, esta entrada, sementar difusión para que outra xente poda aproveitar se quere e está en condicións de facelo.
Chámase Arcimís, e é a nivel español un repositorio de datos meteorolóxicos, 'arquivo climatolóxico e meteorolóxico a nivel nacional'.
Segundo a introdución da propia web, Arcimís é o depósito institucional destinado a reunir, conservar e difundir a traverso do acceso aberto os documentos resultantes da actividade científica, institucional e docente da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Tamén se inclúe o patrimonio bibliográfico dixitalizado pola Biblioteca de AEMET.
Augusto Arcimís Wehrle, foi o primeiro meteorólogo profesional en España e ol primeiro director do Instituto Central Meteorolóxico, a actual Axencia Estatal de Meteoroloxía (1888-1910).
Falando entre pensionistas
-
Teño un pouco deixadas de man as xuntanzas dos primeiros sábados de mes en
Ribadeo (ás 12, no Cantón dos Moreno). Pero son interesantes. Non só por
xuntar ...
Hai 17 horas











