2008/10/29

Cine científico






Despois de participar no xurado da mostra de cine científico de A Coruña, Jairo e Sandra tiveron unha presentación ós medios.
Do 22 ao 24 de outubro a Casa das Ciencias da Coruña organizou a I Mostra de Ciencia e Cinema na cal participaron, como membros do xurado da sección xove, dous alumnos de 4º de ESO deste instituto, Jairo Valea López e Sandra Regodeseves López, . Velaquí as súas experiencias:

A viaxe en bus foi un pouco pesada, pero gustoume moito ir á Coruña grazas á hospitalidade e ao ben que se portaron con nos os monitores, Bibiana e Fuco. Había seis colexios ademáis do noso: tres da Coruña, un de Pontevedra, un de Vigo e un de Cambre. As películas eran todas moi boas, o problema é que non todas podían ganar. A organización tivo un bonito detalle ao levarnos a ver o Aquarium (retrasaron a cea das focas para que nós puidésemos ver como lles daban a comida) que foi unha experiencia marabillosa. Logo volvemos á Domus, onde se proxectaban as películas, para escoitar a conferencia de Javier Jáuregui sobre a contaminación lumínica, un tema moi interesante e a ter en conta. Non puidemos escoitala toda debido a que os rapaces e rapazas dos colexios que non eran da Coruña tiñamos que ir ao hotel, que era fantástico. O venres rematamos de ver as películas e tivemos que decidir cal era a mellor. As votacións foron reñidas e acabaron empatadas dúas películas: "os lingüistas", trataba de dous homes que investigaban as linguas que están a piques de desaparecer, e "Terra Incógnita", sobre un pai que tiña unha filla tetrapléxica e investigaba coas células nai. Ao final repartimos o premio de 2000 euros entre as dúas, xa que criamos que as dúas o merecían.
Agora so me queda agradecer ao instituto en xeral por permitirnos esta bonita e inesquecible, e probablemente única, experiencia e polo seu interese por nós durante a viaxe e tamén darlle as grazas a Antonio Gregorio por pensar en nós. Se algunha vez volo ofrecen non o dubidedes e ide.

Sandra Regodeseves López


O día 22 de outubro saín da estación de autobuses con dirección a Coruña. Chegamos alí cara ás 11:20. Logo comezamos a ver as películas. Ás 14:00 comemos e ás 16:00 fomos ao Acuarium. Logo tivemos unha conferencias sobre a contaminación lumínica. Partimos logo para o hotel e ceamos.
Estiven vendo a televisión e durmínme ata o día seguinte.
Ó día seguinte volvemos a ver varias películas e fixemos a votación. Gañaron 'The Linguists' e 'Terra incógnita”. Comemos e ás 4 estabamos rumbo a Ribadeo.
Paseino moi ben.
Jairo Valea López

2008/10/28

Un artigo xa vello sobre contaminación acústica e a súa influencia

... de feito, eprdín a referencia de onde foi publicado (en castelán). Ten algunha cousa que non comparto, pero cifras e implicacións soon moi axeitadas, coido:
Polución acústica
UN SOADO PROBLEMA

Un recente estudo desvela de que maneira incide a contaminación acústica na nosa saúde e nos nosos hábitos cotiáns.

O pasado 14 de abril, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación presentou en Madrid as conclusións do seu Estudo anual sobre os efectos do ruído ambiental na sociedade e a súa percepción por parte da cidadanía. Trátase dun estudo que o COITT ten previsto realizar todos os anos co obxectivo de observar o estado e a evolución do problema e, desta maneira, axudar a institucións públicas e privadas na posta en marcha de medidas para regular o ruído en España. Parece necesario, pois non en van ocupamos un triste segundo posto entre os países con maior índice de contaminación acústica do mundo, só á zaga de Xapón.

O estudo, que foi elaborado sobre a base de 800 entrevistas e apoiouse na opinión de expertos na materia, puxo o acento basicamente en tres grandes aspectos: os efectos do ruído ambiental na saúde, a normativa actual sobre contaminación acústica e a percepción deste problema desde a óptica dos cidadáns.

Efectos do ruído ambiental sobre a saúde

Do estudo do COITT despréndese, ante todo, a necesidade urxente de sensibilizar á opinión pública tanto como aos profesionais da sanidade acerca do impacto do ruído ambiental na saúde. E é que, entre os síntomas provocados polo ruído, atopamos distintas afeccións psicolóxicas (como, por exemplo, o estrés, a ansiedade ou o insomnio), pero igualmente trastornos de raíz fisiolóxica (fallos cardiovasculares, debilidade do sistema inmunológico ou problemas dixestivos).

De acordo co estudo, o ruído incide duramente de maneira negativa no día a día, contribuíndo a empeorar a nosa calidade de vida e dificultar os nosos momentos de descanso. Un 25% dos enquisados asegura sufrir ansiedade por culpa do ruído. O estrés (27,92%), a falta de concentración (27,59%), a irritabilidad e a agresividade (25,83%) son outros trastornos que os enquisados afirman experimentar como consecuencia da contaminación acústica. Incluso un 19% recoñece que o ruído ambiental lle produce insomnio ou alteracións de sono.

A normativa sobre contaminación acústica

O estudo desvela que existen certos obstáculos que impiden a implantación efectiva da actual lei do Ruído.

Estes obstáculos refírense principalmente á falta de realización de mapas de ruído e á indecisión sobre quen han de elaboralos. Para o C01TT, son vos enxeñeiros técnicos de telecomunicación os únicos profesionais aptos para levar a cabo ditos mapas de ruído; sen embargo, na actualidade están sendo elaborados polas policías municipais ou outros colectivos sen os coñecementos nin os medios necesarios. Quen ten maior competencia na elaboración destes mapas de ruído é un asunto que, en vista dos datos do informe do COITT, o cidadán da pé ignora, pois tan só un 0,38% se encargaríao a un enxeñeiro de telecomunicación.

2008/10/17

2008/10/16

Físicos represaliados

Na procura doutra cousa, atopeime entre outras cousas co traballo "DESTRUCCIÓN DE LA CIENCIA EN ESPAÑA. LAS CONSECUENCIAS DEL TRIUNFO MILITAR DE LA ESPAÑA FRANQUISTA" ou cunha lista de persoas relacionadas coa ciencia represaliadas despois do 1936 na Universidade de Madrid. Como homenaxe mínima, traduzo deste último traballo a parte correspondente ós físicos, poendo algunha ligazón naquels con máis sona:
Honorato de Castro Bonel, catedrático de Astronomía Xeral, separado da Universidade exiliouse en México.
Pedro Carrasco Garrorena, catedrático de Física Matemática, separado da Universidade exiliouse en México, foi profesor da UNAM e do IPN.
Blas Cabrera Felipe, catedrático de Electricidade e Magnetismo, exiliouse en México, foi director da revista Ciencia.
Manuel Martínez Risco Macías, catedrático de Acústica e Óptica, separado da Universidade exiliouse en Francia, onde foi Maître de Recherches no Centre National de la Recherche Scientifique.
Arturo Duperier Vallesa, catedrático de Xeofísica e Física Teórica Experimental, separado,exiiouse na Gran Bretaña, onde traballou na Universidade de Birmingham e no Colexio Imperial de Londres, ó inicio des anos cincoenta voltou a Madrid, onde recuperou a súa cátedra.
Nicolás Cabrera Sánchez, auxiliar de Termoloxía, exiliouse nos Estados Unidos, foi catedrático de Física na Universidade de Virxinia, en 1969 regresou a España, onde se fixo cargo da dirección do Departamento de Física Fundamental na nova Universidade Autónoma de Madrid.
Fernando Lorente de Nó, encargado da cátedra vacante de Mecánica Celeste, non voltou á Universidade.
Marcelo Santaló Sors, axudante de Astronomía, exiliouse en México, ocupou altos cargos na OEA.
José Tinoco Acero, auxiliar de Astronomía, foi sancionado coa inhabilitación “para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para opositar y desempeñar cargos docentes en un plazo de seis años y la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio por espacio de cuatro años”, non voltou á Universidade.
Eduardo Gil Santiago, auxiliar de Acústica e Óptica, foi sancionado coa inhabilitación “para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para opositar y desempeñar cargos docentes en un plazo de seis años y la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio por espacio de cuatro años”, non voltou á Universidade.
Rafael Carrasco Garrorena, auxiliar de Física Matemática, Astronomía Física e Xeofísica, foi sancionado coa “inhabilitación para cargos directivos y de confianza, la incapacitación para obtener becas, pensiones de estudio o cargos anejos a la enseñanza en un plazo de cuatro años”.
Miguel Ángel Catalán Sañudo, catedrático de Estrutura Atómico-Molecular e Espectrografía, separado da Universidade, en 1945 foi readmitido “con la sanción de inhabilitación para el ejercicio de cargos directivos y de confianza y pérdida de haberes y demás emolumentos no percibidos”, foi expulsado do Instituto Nacional de Física e Química.
Martín Fontela Álvarez, mecánico da Facultade de Ciencias, fi expulsado da Universidade.

20081015 Estados da materia

20081015 Leis dos gases

20081014 Magnitudes angulares e lineais

2008/10/06

Unha guía de campo para o pensamento crítico

Atopo 'Unha guía de campo para o pensamento crítico' e non me resisto a reseñala aquí. antes de investigar, a base, é ter un mínimo de ferramentas apra pensar. O artigo reseñado é o que pretende.

Un libro de Einstein

... en Ingles, e non enteiro, neste caso...para aproveitar google books:

2008/10/05

Unha vella nova T(ecnoloxía)

O 1 de outubro de 1908 foi o da eclosión do primeiro Ford T, o coche que marcou o comezo da producción en cadea (pouco tempo despois) e a revolución automobilísitca, con máis de 15 millóns de coches vendidos, que chegaron a venderse por 280 dólares da época.
544kg, un máximo de 72km/h, un consumo de entre 10e 20L/100km, ... e un cambio de estética pero relativamente poucas novidades técnicas fundamentais nos coches dende entón.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.