2008/10/29

Cine científico






Despois de participar no xurado da mostra de cine científico de A Coruña, Jairo e Sandra tiveron unha presentación ós medios.
Do 22 ao 24 de outubro a Casa das Ciencias da Coruña organizou a I Mostra de Ciencia e Cinema na cal participaron, como membros do xurado da sección xove, dous alumnos de 4º de ESO deste instituto, Jairo Valea López e Sandra Regodeseves López, . Velaquí as súas experiencias:

A viaxe en bus foi un pouco pesada, pero gustoume moito ir á Coruña grazas á hospitalidade e ao ben que se portaron con nos os monitores, Bibiana e Fuco. Había seis colexios ademáis do noso: tres da Coruña, un de Pontevedra, un de Vigo e un de Cambre. As películas eran todas moi boas, o problema é que non todas podían ganar. A organización tivo un bonito detalle ao levarnos a ver o Aquarium (retrasaron a cea das focas para que nós puidésemos ver como lles daban a comida) que foi unha experiencia marabillosa. Logo volvemos á Domus, onde se proxectaban as películas, para escoitar a conferencia de Javier Jáuregui sobre a contaminación lumínica, un tema moi interesante e a ter en conta. Non puidemos escoitala toda debido a que os rapaces e rapazas dos colexios que non eran da Coruña tiñamos que ir ao hotel, que era fantástico. O venres rematamos de ver as películas e tivemos que decidir cal era a mellor. As votacións foron reñidas e acabaron empatadas dúas películas: "os lingüistas", trataba de dous homes que investigaban as linguas que están a piques de desaparecer, e "Terra Incógnita", sobre un pai que tiña unha filla tetrapléxica e investigaba coas células nai. Ao final repartimos o premio de 2000 euros entre as dúas, xa que criamos que as dúas o merecían.
Agora so me queda agradecer ao instituto en xeral por permitirnos esta bonita e inesquecible, e probablemente única, experiencia e polo seu interese por nós durante a viaxe e tamén darlle as grazas a Antonio Gregorio por pensar en nós. Se algunha vez volo ofrecen non o dubidedes e ide.

Sandra Regodeseves López


O día 22 de outubro saín da estación de autobuses con dirección a Coruña. Chegamos alí cara ás 11:20. Logo comezamos a ver as películas. Ás 14:00 comemos e ás 16:00 fomos ao Acuarium. Logo tivemos unha conferencias sobre a contaminación lumínica. Partimos logo para o hotel e ceamos.
Estiven vendo a televisión e durmínme ata o día seguinte.
Ó día seguinte volvemos a ver varias películas e fixemos a votación. Gañaron 'The Linguists' e 'Terra incógnita”. Comemos e ás 4 estabamos rumbo a Ribadeo.
Paseino moi ben.
Jairo Valea López

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.