Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun dato que representa.
A cousa é que se se collen os máximos anuais (os picos da parte de arriba dos dentes de serra), en 1958 representaba unha concentración de 317 ppm, e en 2019, de 414 ppm. É dicir, en 61 anos, un aumento de máis dun 30 % sobre unha situación en inicio que xa estaba viciada pola contaminación (as 280 ppm sobrepasáronse de xeito consistente sobre o ano 1800), e segue a aumentar. Que significa? Pois básicamente, que o efecto invernadoiro causado polo CO2 leva aumentado un tercio dende mediados do século pasado. Tendo en conta que o efecto invernadoiro normal permite que nós vivamos sobre a superficie da Terra ó favorecer un aumento da temperatura media de máis de trinta ºC, e que o planeta ten unha enorme inercia térmica, é para botarse a tremer pensando o que podería aumentar a temperatura aínda sen aumentar os niveis actuais de concentración de CO2 Por sorte, o CO2 non é o único gas de efecto invernadoiro, é dicir, o único gas que contribúe a ese aumento da temperatura (por exemplo, o vapor de auga tamén inflúe), pero tampouco é o único que temos descontrolado.
Collendo un vello refrán, a deus rogando e co mazo dando, encomendémos, crucemos os dedos e traballemos a favor do control que o noso planeta intenta, polo momento, en contra das nosas actuais accións contaminantes.
Máis datos? https://scripps.ucsd.edu/programs/keelingcurve/permissions-and-data-sources/
ÓSOS COMO BIRLOS. Xosé Carlos Rodríguez Rañón
-
ÓSOS COMO BIRLOS Xosé Carlos Rodríguez Rañón Samuel Luiz foi asasinado en
2021 na Coruña só polo feito de ser homosexual, motivo polo que un grupo de
mozos...
Hai 11 horas

