2017/11/18

2017/11/15

Por fin, algunha boa nova para a Terra da man da humanidade

O ozono. Si, O3, ese é o tema da boa nova. Xa está claro que dende comezo dos anos setenta a capa de ozono atmosférico foi diminuíndo dun xeito dramático, privando á Terra da súa protección das radiacións ultravioletas, e provocando en animais e persoas diversas anomalías en latitudes altas (preferentemente do hemisferio sur), onde o efecto ten maior importancia. Mais, dende 1997, coa aplicación de tratados internacionais máis ou menos cumpridos, está a lograrse reverquer o efecto. Non de xeito tan rápido como diminuíu, mais o ozono está a aumentar. E con el a protección que nos da na alta atmosfera.
Diminución de ozono en 15 anos (84/97, esquerda) a diferentes latitudes, e aumento -menor- nos 20 anos seguintes (97/16, dereita). A fixarse que nos extremos dos gráficos, máis próximos ós polos, as variacións son maiores. Imaxe ESA.

2017/11/01

O mundo é complicado, por algo o principio de precaución

Iso do 'principio de precaución' non parece estar moi de moda. Non obstante, cada vez se ve máis a súa necesidade no complexo mundo no que vivimos. E cada vez se nota máis a súa falta en relación a cousas como o cambio climático ou o furado de ozono.
O mundo é complicado, pois as múltiples relacións que no seu interior se desenvolven poden convertir a priori calquera causa en produtora de calquer efecto, e só un estudo moi minucioso pode aportar certas garantías de que se chegará ó efecto desexado e non a outro. Estamos afeitos ás simplificacións necesarias para poder estudar, chegar a conclusións e predicir no mundo físico. E de tan afeitos, parece que nos esquezamos das simplificacións que estamos a facer. Ás veces, tamén, o esquecemento é interesado (e aí entraría a teoría de xogos para comprender a nosa actuación para tentar sacar máis melloras que os demáis, aínda con custe neto para o conxunto) pero iso non entra xa dentro das consideracións que espero traer hoxe aquí.
O caso é que nunha volta de xiro, agora resulta que o mesmo que hai sistemas que tenden a desestabilizarse máis cando se comezan a desestabilizar (aí, a liberación de grandes cantidades de CO2 polo permafrost ó aumentar a temperatura deste e desfacerse), apareceu un novo sistema que contribúe á estabilización da temperatura por captura de CO2, mitigando o efecto invernadoiro. Trataríase dos bosques boreais, a traverso dun mecanismo sinxelo: se a temperatura media sube, a súa capa verde está menos tempo cuberta pola neve, e iso implica que pode realizar a fotosíntese máis tempo, aumentando a fixación de dióxido de carbono.
Así pois, descubriuse un novo aliado no cambio climático. Iso non quere dicir que xa teñamos a vitoria, nin moito menos! Pero ao menos, da unha oportunidade máis para que demos feito os cambios necesarios para mitigar algo o cambio, preparándonos a nós e ó planeta para o aumento das temperaturas e facendo que sexa o máis pequeno posible.
Lembremos: a Terra está en un equilibrio complexo que levamos moito tempo empurrando para desequilibrar. Agora, xa o logramos, e ese desequilibrio vemos como leva consigo cambios que nos pode levar por diante... Non estou seguro que o noso nivel de comprensión sexa abondo para actuar como debéramos. Polo momento, non foi así.
Temperatura dos océanos. Imaxe no dominio público, collida de gl.wikipedia.org creada pola NASA

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.