A selectividad sempre é un trago para os estudantes, aínda que saiban que a ratio de aprobados non corresponde na realidade co nome pomposo dunha selección.
Coido que o exame de Física na selectividade neste setembro en Galicia é quizáis algo máis difícil da media deste tipo de exames, non polos temas ou complicación intrínseca, senón polos pasos a seguir, que estimo algo máis longos que isa hipotética media.
Había que escoller unha opción das dúas, hora e media de máximo, un venres ás 9 de mañá.
Pero, ano tras ano, exame tras exame (e non só de selectividade), e aínda que haca un convencemento de partida, sempre queda a dúbida do nivel, do tipo, da conveniencia en si...
Ti, que opinas? Que te parece a selectividade tal como está disposta agora (a lembrar que está previsto que cambie en breve)? Que ventaxas e inconvintes lle atopas a este tipo de exame? Que te parece o nivel?
NOTA: Esta entrada participa na XLIV Edición do "Carnaval da Física" que este mes organiza Marta Macho no seu blog ZTFNews.
Texto lido por Fco. Díaz Fierros na Feira da Ciencia de Ribadeo 2026
-
Discurso de Francisco Díaz Fierros na homenaxe que recibiu con motivo da
Feira da Ciencia de Ribadeo. As miñas primeiras palabras son Grazas: grazas
á comu...
Hai 11 horas
