Atopeime este mañá nun sobre de azucre unha 'curiosidade' que reproduzo:
-Preguntoulle un xornalista a Einstein: "Pódeme explicar a Lei da relatividade?" e Einstein contestou: "Pódeme explicar como se frite un ovo?"
O xornalista mirouno extrañado e contestou: "Pois si, si podo", ó que o científico replicou:"Pois fágao, pero supoñendo que eu non sei o que é un ovo, nin unha sartén, nin o aceite, nin o lume"-
A cita anterior, que pode atoparse na rede en diversos lugares (por exemplo, aquí) non teño por seguro que sexa verdadeira, pero ven ó conto da necesidade de aproximación ás ideas científicas dende a distancia, paso a paso, con tempo, adicación e humildade, e non pretendendo pasar pola ciencia como quen ve unha curta, por exemplo, da 'lei' da relatividade.
A cita lembroume algo que leera hai moitos anos, e que fun a procurar ó libro adecuado:
- (...)Non é necesario adverter que, dentro dunha cociña de montaña semellante, a hixiene non podía responder ás esixencias propias da cidade. Niels [Bohr] comentou esta circunstancia: "Co lavado da vaixela ocorre exactamente o mesmo que coa linguaxe. Hai conceptos obscuros e unha lóxica circunscrita, de xeito descoñecido, á súa zona de aplicación, e, a pesares de todo, logramos con eles aclarar a nosa comprensión da natureza"- (en Werner Heisenberg, 'Discusiones sobre el lenguaje', capítulo de 'Diálogos sobre la física atómica', B.A.C.,Madrid 1975, p.163; cita visible e comentada aquí)
É dicir, a parte da aproximación á comprensión da ciencia recollendo bagaxe, hai que ter en conta que ese bagaxe é unha especie de aproximación nebulosa a partires do que xa coñecemos, e ó que estamos cambiando o sentido para construír mellor unha representación da realidade...
-
Participación na XII Edición do Carnaval da Física (http://carnavaldelafisica.ning.com/), albergado este mes por "La Ciencia de la Mula Francis"(http://francisthemulenews.wordpress.com/).
Falando entre pensionistas
-
Teño un pouco deixadas de man as xuntanzas dos primeiros sábados de mes en
Ribadeo (ás 12, no Cantón dos Moreno). Pero son interesantes. Non só por
xuntar ...
Hai 17 horas