2019/03/20

Este ano, ás 22:58. E o próximo?


Hoxe, 21 de marzo de 2019, o tempo de luz solar e o tempo de noite terán a mesma duración en toda a Terra: esa é unha definición do equinoccio, incluída no seu mesmo nome. En realidade, como o momento do equinoccio darase ás 22:58 horas desta noite, hoxe haberá aínda un pouco máis de noite que de día, pero é un tempo mínimo.
Ben,m e como podemos facer predicións para anos próximos? Pois só coñecendo a duración do ano. Collemos 365 ou 366 días? Ben, ambas cantidades manifestan un apaño legal para tentar domar o ano, ou, mellor, os anos. Mellor os anos porque non existe unha única definición de ano, e non coinciden exactamente, aínda que as súas diferencias se midan en milésimas porcentuais. O que nos interesa para este caso é o ano trópico, de duración 365 d 5 h 48 m 45,22 s.
Agora si, se sumamos, isto levaríanos ó 22 de marzo do próximo ano, ás 4 h 47 minutos, redondeando. Non?
Pois non. Porque precisamente o próximo ano, 2020, é bisesto, o que significa que legalmente computa con 366 días, é dicir, un máis en febreiro que os anos 'normais'. Pero como febreiro está entrre os dous marzos, o deste e o do prximo ano, de 21 de marzo a 21 de marzo de ambos anos hai 366 días, non 365, polo que o momento do próximo equinoccio, redondeando, serán as 4 h 47 m do 21 de marzo de 2020...

2019/03/02

Profesores ribadenses, destacados cos seus alumnos na principal feira científica a nivel estatal

Hai un momento, Oscar Chao e o seus alumnos, recibían en Barcelona, na Exporecerca Jove, a noticia: eles e elas, profesor e alumnos e alumnas de Ciencias do IES San Rosendo de Mondoñedo eran os ganadores do premio máis importante desa feira científica, a máis importante a nivel España. Unha viaxe a Abu Dhabi lles espera polo proxecto Rebinxe. Ah! e tamén o premio Ciencia en Acción.
E tamén, noutro dos premios, o do público, outro profesor que pasou por Ribadeo, Roberto Manín, ó frente dos seus alumnos de Matemáticas do IES Galileo Galilei de Navia, saía á palestra.
Felicidades a todos eles!
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.