2019/06/09

Póñame 50 g de plástico para ir comendo, por favor

Remato de ler algo que me da datos que máis ou menos imaxinaba de xeito difuso. A cousa é que cada ano andamos sobre as 50 000 micropartículas de plástico inxeridas (artigo titulado 'Cada año ingerimos 50 000 partículas de plástico' en eldiario.es). Evidentemente, as micropartículas poden variar moito en tamaño -e en masa-. E o número de partículas comidas ou respiradas, tamén, dependendo de múltiples factores. No mesmo artigo aparece que as augas embotelladas en plástico teñen unha densidade de partículas de plástico máis de 20 veces superior que as augas da billa, o que da unha idea das variacións que se poden manexar dunha persoa a outra. Por iso, unha estimación sobre a súa masa ten un erro moi grande, e por iso mesmo, 50 g é unha estimación (non vou entrar en detalles de como cheguei a ela) que cabería dentro do aceptable.
Agora ben, Iso significa en 20 anos unha cantidade de 1 kg de plástico no noso organismo. Suponse que a grande maioría será eliminado por diferentes medios, principalmente defecado, mexado ou espirrado, mentras que relativamente poucas partículas poderán ir a parar a lugares do noso organismo no que non se podan eliminar e esperen a nosa morte para seguir a degradarse. Temos unha avantaxe sobre moitos animais: somos capaces de separar os trozos plásticos maiores para que non se vaian acumulando no noso bandullo e cheguen a facernos morrer por dita acumulación, como se ten observado nalgúns animais (hai pouco unha balea apareceu morta con 50 kg de plástico no seu interior). Pero iso non significa que  esa cantidade de plástico non nos faga dano, ou podamos ignorala. Somos entidades que funciona con principios químicos e necesitamos unhas condicións e un equilibrio... Ou, estás disposto ou disposta a ignorar 1 kg de plástico no teu organismo?
Actualización (20190629): un estudo dunha universidade australiana estima o plástico inxerido en ata 5 g/semana.

2019/06/06

Los dibujos animados en la experiencia física del alumnado (1988)

Hai xa tempo que escribín e presentei o traballo "Los dibujos animados en la experiencia física del alumnado". Hoxe atopei unha entrada esquecida na que prometía poñelo en publico no blog, e púxenme a elo. Sen pasarlle o ocr, aquí queda:













En Issuu:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.