Síntoo se é moi repetido, ou unha nimiedade. Remato de recibir unha nova que leva de subtítulo "A lexislatura de Rajoy conclúe cun débito das administracións públicas de 1.069 billóns de euros", si, billóns.
A calquera dos meus alumnos lles caería unha boa regañina: a cantidade está indicada dun xeito desaconsellado, en troques de usar 1069, e segundo o titular, correspondería a cada españoliño unha débeda de máis de 20 millóns de euros. Que Rajoy puido facelo abondo mellor é sabido, pero aínda ten marxe ata chegar a esa débeda 'astronómica'.
Por favor...
Maios do 68
-
Maios do 68 Vai para 60 anos. Era un pícaro. Vía as imaxes do maio francés
na televisión aínda da ditadura e máis ou menos pensaba, ao modo de Astérix
cos ...
Hai 11 horas
