Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

2023/06/30

O futuro no mar

   Foto da ESA, tomada de https://www.esa.int/ESA_Multimedia/Images/2023/06/Earth_from_Space_Southwest_Netherlands (CC BY SA 4.0)

    Pode ser unha afirmación. É unha pregunta. A imaxe de arriba, a zona sur oeste dos Países Baixos e o Mar do Norte que enfronta, abrangue uns 150 km no sentido horizontal. Nela pódense advertir dende os peiraos de Rotterdam, os maiores de Europa, cara arriba e á dereita, ós barcos no mar. Mais tamén, se nos fixamos, unha formacion estrana de puntos no mar, ordeadiños na parte inferior esquerda da imaxe. Que é? un 'campo' de xeradores eólicos abondo maior que a extensión do concello de Ribadeo, un concello de tipo mediano de Galicia. Coa actual polémica pola prantación abusiva de eólicos no noso mar ou na nosa terra, algo a ter en conta e a estudar.

2020/11/17

Perda dun satélite español

O satélite, en esquema

    Foi onte, no seu lanzamento. Ós oito minutos de despegar da base da ESA, a Axencia Europea do espazo, en Kourou, na Güiana Francesa, observouse unha desviación na traxectoria do cohete. E aló foi a carga, o satélite SEOSAT-Ingenio e un satélite francés.

   Pouca cousa, un satgélite máis perdido. Non sei exactamente o seu custe, pero uns cantos millóns de euros que pagará o seguro, pero retrasará a misión uns anos. Uns anos máis nunha misión que levaba xa oito anos de retraso.

   E que esperaba facer? Tomar imaxes terrestres de alta resolución, 2,5 m sobre a supèrficie terrestre, que tería recorrido por enteiro coa toma de fotos unha vez cada tres días.

2018/02/14

STS

STS, Science, Technology & Society, ciencia, tecnoloxía e sociedade... a reintegración dos saberes científicos tecnolóxicos na sociedade é hoxe un tema crucial, nun momento no que a separación do saber científico e a aplicación tecnolóxica están levando a visións máxicas de mundo, convertindo para moita xente á ciencia nunha nova maxia que se ve como algo que se pode facer (pero 'alguén outro', non un propio) e está a disposición para desfrutar (porque alguén saberá abondo para facer que eu desfrute)
Neste intre, ven ben lembrar algo aparentemente apartado da liña argumental anterior, "Technology is not neutral. The choices that get made in building technology then have social ramifications." (MEHRAN SAHAMI, profesor na Universidade de Stanford, dito a conto da súa axuda para desenvolver un curso de ética en informática. NYT, 12/02/2018) Algo sabido e esquecido: a tecnoloxía non é neutra. A elección que se faga para construír a tecnoloxía ten consecuencias sociais. Algo que se leva manifestado na historia, dende moito antes da aplicación tecnolóxica masiva que supuxo a revolución industrial, e que cada vez é máis patrente co desenvolvemento da intelixencia artificial. Non é xa só que a humanidade dependa da tecnoloxía para a súa supervivencia, senón que o xeito de vivir dependerá das solucións tecnolóxicas que se implanten (elixan-desenvolvan-retroalimenten e nos retroalimenten cos/nos máis mínimos detalles da nosa vida), que, polo momento, están sendo capitaneadas por empresas privadas que procuran un lucro, como guías duns poderes públicos con portas xiratorias a elas. E non só en España.
Pode que non o vexamos, pero o futuro xa chegou: estámolo a facer.

2017/12/03

Ciencia a disposición de todos: Sci-Hub

Portada da web Sci-Hub

Hoxe chega a min, de novo, otra peza solta do combate dunha plataforma aberta de difusión científica, Sci-Hub, contra as grandes editoriais. Máis ben ó revés: son as editoriais as que, para manter o seu negocio (negocian con coñecmento doutros e quedan coas ganancias) atacan a quen ofrece en aberto as investigacións que publica (que non fixeron nin revisaron, senón que as fixeron os científicos, as revisaron os científicos, etc). As novas poden verse en diversos lugares, como nestos titulares de El País (que non ligo por cousas da lexislación española, pero que se poden atopar en internet):
La ley alcanza pero no derrota a la ‘Robin Hood de la ciencia’
Una pirata con estilo
“Es cierto: robo a los editores para dárselo a los científicos”
E, unha ligazón que hoxe funciona (mañá ó mellor hai que procurar noutro lugar): http://sci-hub.bz/
Mais unha ligazón coas súas opinións sobre a difusión científica actual: https://www.unitedstatescourts.org/federal/nysd/442951/50-0.html
  Aquí queda pois a miña pequena contribución ó que penso que tenta mellorar a difusión da ciencia.

2016/09/26

Temperatura, vento, nubes... tecnoloxía

Coido que máis ca unha web de información meteorolóxica é unha ferramenta de traballo para desenvolver o estudo e a comprensión da temperie. Ventusky é un sitio web con mapas dinámicos de vento, temperatura, nubes, presión, choiva... podendo cambiar dun a outro só premendo un botón, ou variar o momento do día movendo un circuliño nunha escala. O mapa pode ampliarse ou reducirse, insertarse nunha páxina web (como intento facelo embaixo, non é seguro que soporte todos os navegadores, mais premendo sobre o espazo reservado vaise tamén á páxina) ou ligarse ou insertarse como captura de pantalla (aínda máis abaixo)...

Previsión del tiempo en el mapaTemperatura, 43°N 6°W, 26/09/2016 20:00 (UTC+02:00), © VentuSky.com

 Só dicir que non será a última vez que apareza esta páxina referida no blog!

2008/10/05

Unha vella nova T(ecnoloxía)

O 1 de outubro de 1908 foi o da eclosión do primeiro Ford T, o coche que marcou o comezo da producción en cadea (pouco tempo despois) e a revolución automobilísitca, con máis de 15 millóns de coches vendidos, que chegaron a venderse por 280 dólares da época.
544kg, un máximo de 72km/h, un consumo de entre 10e 20L/100km, ... e un cambio de estética pero relativamente poucas novidades técnicas fundamentais nos coches dende entón.

2007/04/19

Antenas Wifi



XIII
Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES
Porta da Auga
primavera
2007

Título:
Antenas Wifi

Autoría:
Marcos Fernández Sante

Iván López Cabaleiros

Grupo:
1ºBT

Data
entrega: 07/05/08

1.Introducción e Hipóteses.

A idea do traballo
veu da necesidade de crear unha rede local entre uns amigos, cousa
que nos fixo investigar como poder facer unhas antenas wifi caseiras.

O noso traballo foi a construción de antenas wifi, que
funcionasen e puidesemos conectarnos a internet e crear unha rede
local inarámica entre dous ordenadores.

2.Pequeno resume.

O noso proxecto está basado na produción e captación das ondas
electromagnéticas polas antenas. Construimos duas antenas wifi
para mostrar como se pode transmitir información mediante
ondas electromagnéticas.

We built two
antennas wifi with recyclable materials. It's very interesting and
very difficult. We were conected to internet with these antennas.

3.Obxectivos.

Construír unhas antenas que recibiran a señal coa maior intensidade
posible. Tamén, achegar a xente un pouco mais ás novas
tecnoloxías e á wifi.

4.Base teórica.

A onda fórmase coa diferencia
de intensidade (amplitude) dunha sinal nun espacio (lonxitude de
onda) e tempo (período) de xeito periódico. Esta
intensidade é balanceada, esto significa que se alterna entre
valores positivos e negativos. Para ter un concepto visual de onda:

5.Traballo.

A onda é emitida por un emisor, viaxa a través dun medio físico
e chega ó seu destino, con maior ou menor intensidade. O noso
obxectivo e recibir a sinal coa maior intensidade posible. Para eso
interésanos tomar contacto coa onda cando esteña no
punto de mayor amplitude, sendo de valor positivo ou negativo.

Construcción dunha antena
Unha antena como a nosa consta de 3 partes: colector,
conector e lata.
Colector
Para construir o colector hai que colocar na variña as arandelas de 30mm
apretadas á súa vez coas arandelas de 12mm e coas
tuercas. Cada arandela de 30mm deberá estar separada 3cm da
seguinte.

Nun extremo colocarase unha tapa redonda de algo que entre na lata o mais xusta
posibel para suxeitala. Poñerase no medio dunhas das arandelas
do final, e así suxeitarase mellor o colector.

Entre a quinta e a sexta arandela tamén se colocará a tapa da lata para
suxeitar ben o colector de maneira que este quede o mais achegado
posibel do conector pero sen tocalo.

Conector
Ó conector N hay que soldarlle o fio de cobre. A lonxitude do cobre ten que ser
exacta para que a punta quede o mais achegada posible do centro da
lata.

Lata
Na lata hai que facer un burato a 8cm do fondo, cun diámetro
abondo para poder meter a rosca do conector N por el.
Despois de ter as pezas feitas hai que introducir o conector N na lata, de dentro cara
fora, e atornillase introducindo as arandelas de 29mm. Unha vez
introducido o conector N só queda introducir o colector dentro
da lata.

6.Distribución.

Outubro: Decisión de facer o traballo “Antenas wifi”
Novembro: Período de información
Decembro (e vacacións de Nadal): Empeza a recoleción de
materiais
Resto Xaneiro: Construción das antenas
Febreiro: Construción da parte teórica do traballo
Marzo: Últimos retoques teóricos e preparación da
presentación.Entrega o día 28 de febreiro.

7.Materiais e Orzamento.

* Varilla roscada de 4 mm de grosor e 25 cm de largo
* 9 arandelas de 30mm de diámetro exterior e 10 mm de diámetro interior.
* 18 arandelas de 12mm de diámetro exterior e 4mm de diámetro interior.
* 18 tuercas para a varilla roscada.
* Lata de pringles.
* 2 arandelas de 29mm de diámetro exterior e 17mm de diámetro interior.
* 5cm de fio de cobre de 2mm de grosor.
* Conector N.
Todo o material, agás o Conector N que ten un precio de 10€, foi reutilizado.

8.Descrición.
Despois de ter construidas as antenas, conectámolas a candanseu ordenador
mediante unha tarxeta inarámica. Despois da súa correta
configuración cando xa estaban funcionando, instalamos un
programa tipo chat entre os dous ordenadores para demostrar que
funcionaban as antenas. Explicamos tamén como fora a
construcción das antenas, as partes que tiña, para que
servia cada unha delas...

9.Material.

Duas antenas wifi como a da foto

10.Conclusións.

A xente quedaba sorprendida porque non creia que fora posible facer unha antena para
conectarse a internet con cousas da casa. Debido a eso, atendían
as nosas explicacións e interesábanse polas antenas
preguntando dudas ou pedindo consello para poder construir unha
antena. O traballo tiña unha parte práctica, na que a
xente se sentaba diante dos ordenadores e falaba mediante o programa
co seu compañeiro situado no outro ordenador. O consello para
repetir a experiencia é que facela dun xeito divertido para
que a xente poda participar.

2007/03/31

Antenas wifi



Amosando como facer antenas coa práctica, con botes illados (ver a experiencia da 'Gaiola de Farady'), e concetando a internet ou entre os propios ordenadores con elas.

2007/03/23

Unha curiosidade: unha chuleta 'científica'


Preséntase unha fotografía dunha chuleta 'multiuso' na cobertura dunha calculadora. Seguindo o dito, non se di 'o pecador', pero si 'o pecado'. (lembrar que se pode ampliar clicando sobre ela)
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.