2007/04/30

Mapa conceptual electrostática


Preséntase na figura un posible mapa conceptual da electrostática con verbas recollidas do tema correspondente do libro no bacharelato.

Os pesos das mochilas dos alumnos

Adxúntase o enviado ó concurso Luis Freire no ano 2003... (publicación provisional)
Concurso Luis Freire 2002/2003


Título do proxecto:

Estudio da relación entre o peso das mochilas e os factores que o determinan



Titor:Antonio Gregorio Montes

IES Porta da Auga

Membros do grupo:

Clara Reigosa Sanjurjo

Ruth Díaz Núñez

Sandra López López

(4ºESO)

Obxectivos: Atopar unha relación entre o peso das mochilas e os factores que interveñen

Motivación: Realización dun traballo de investigación práctico

Idea de partida (hipótese): O peso das mochilas están en relación co peso dos alumnos que as levan

Ribadeo, Abril 2003


Presentación

O traballo presentado compónse de:

* Un resume para dar idea do realizado

* Unha táboa xeral de datos

* Unha táboa e a correspondente gráfica apra contrastar a hipótese orixinal

* Unha táboa e a correspondente gráfica para contrastar un resultado precibido nas observacións

* Unha memoria final


Relación entre a masa dos alumnos e a masa das suas mochilas

Este é un traballo para estudiar a relación entre o peso da mochila dos alumnos e o seu propio peso.

O longo de varias semanas fomos recollendo datos ó pasar por varias clases do centro. Eses datos ordenámolos e fixemos gráficas con eles.

Queremos mostrar como varía a masa de cada alumno en relación ó peso da sua mochila. Tomamos como hipótese que cando o alumno pesa máis, ten máis forza e pode levar e leva máis peso, pero vimos que esto último non é certo xa que máis ben canto menos masa ten o alumno, máis lle pesa a mochila.

O peso da mochila parece ter máis relación con outros factores, como as notas, xa que os máis estudiosos e con mellores notas poideran levar máis libros, ainda que este dato non está de todo comprobado. Tamén pode influír o nivel de estudios no que están, cousa que, a pesares de que non se pretendía estudiar, pódese comprobar nas táboas.

Outra observación: pode verse asemade que os alumnos pesan máis pola mañá que a mediodía. Isto pódese deber a que pola mañá, pesáronse despois de almorzar e o medio día, aínda non comeran (aínda que moitos toman bocata a media mañá).


Para a interpretación da táboa:

Número:
É o número que ten o alumno/a da clase.

Data-Nac:
É a data de nacemento do alumno/a.

Data-Hoxe:
É a data do día que fomos facer as medidas.

Hora:
É a hora a que fomos facer as medidas.

Peso:
É o peso en kg do alumno/a.

Peso-Moch:
É a masa que ten a mochila do alumno/a en kg.

Calzado:
É o número de calzado de cada alumno/a.

Sexo:
É o sexo do alumno/a.

Data2:
É a data do segundo día que fomos facer medicións.

Hora2:
É a hora a que fomos facer al medidas o segundo día.

Peso2:
É o peso en kg do alumno/a o segundo día de facer medicións.

Peso-Moch2:
É o peso das mochilas en kg o segundo día de facer medicións.

A ter en conta que na táboa aparecen máis datos dos que se presentan nas gráficas no traballo, pensando na posibilidade de facer un estudio posterior en relación a outras variables.

PESO-MOCHILA Pm2 Mediamoch PESO

4,0 3,5 3,8 74,0

2,0 2,5 2,3 40,0

2,5 2,0 2,3 84,0

2,0 2,0 2,0 55,0

5,0 4,5 4,8 65,0

2,5 2,5 2,5 60,0

6,0 6,0 92,0

6,5 6,5 61,0

6,0 6,0 61,0

6,5 6,5 48,0

5,0 5,0 68,0

5,0 6,0 5,5 39,0

6,0 7,5 6,8 54,0

4,5 4,5 4,5 49,0

6,0 7,0 6,5 59,6

6,5 8,5 7,5 58,5

8,0 8,5 8,3 46,0

6,0 7,0 6,5 65,0

7,0 5,2 6,1 50,5

5,0 5,5 5,3 40,0

0,5 0,5 78,0

1,0 1,0 92,5

0,8 0,8 75,0

7,0 7,0 7,0 79,0

7,0 8,5 7,8 64,0

9,9 10,0 10,0 61,0

8,0 9,5 8,8 67,0

8,0 9,0 8,5 64,0

9,0 8,0 8,5 48,0

6,0 10,0 8,0 64,7

4,5 8,0 6,3 49,5

5,0 8,0 6,5 54,0

10,0 7,5 8,8 64,0

5,5 5,0 5,3 71,0

5,0 5,0 5,0 65,0

7,0 7,0 7,0 75,0

5,0 5,0 5,0 61,0

3,0 5,0 4,0 64,0

5,0 7,0 6,0 50,0

5,0 6,0 5,5 56,0

7,0 5,0 6,0 94,0

3,0 5,0 4,0 51,5

8,5 4,0 6,3 84,0

12,0 11,5 11,8 57,0

6,0 9,5 7,8 54,0

3,0 3,0 52,0

3,0 3,0 69,0

3,0 3,0 75,0

3,0 3,0 87,0

3,5 3,5 70,0

2,0 2,0 60,0

4,0 4,0 66,0

3,0 3,0 62,0

7,5 7,5 7,5 54,5

7,5 6,0 6,8 56,0

7,0 6,5 6,8 51,5

6,1 6,5 6,3 51,0

6,0 8,0 7,0 61,0

7,5 9,0 8,3 43,5

11,0 5,5 8,3 53,0

6,5 7,0 6,8 30,5

10,3 8,0 9,2 37,0

9,0 10,0 9,5 49,5

6,5 8,5 7,5 64,0

7,5 8,0 7,8 41,5

7,2 8,0 7,6 58,0

7,5 6,0 6,8 43,0

7,5 7,0 7,3 41,0

6,0 6,0 6,0 58,5

6,5 6,5 6,5 49,0

5,5 5,5 45,5

8,0 7,8 7,9 54,5

7,0 6,8 6,9 50,5

7,0 5,5 6,3 63,0

8,0 7,0 7,5 51,5

5,5 5,0 5,3 45,5

6,0 6,0 6,0 52,0

7,5 7,0 7,3 34,5

7,0 7,0 78,0

5,0 5,0 80,0

2,5 2,5 59,0

4,5 4,5 55,0

3,0 3,0 54,0

6,0 6,0 66,0

4,0 4,0 59,0

4,0 4,0 84,0

5,0 5,0 59,0

5,0 5,0 60,0

7,0 7,0 74,0

5,0 5,0 64,0

5,0 5,0 56,0

5,0 5,0 74,0

4,0 2,0 3,0 52,5

4,0 5,0 4,5 82,0

4,0 3,5 3,8 57,0

5,0 1,5 3,3 53,0

7,0 7,0 75,0

5,5 5,5 5,5 78,0

5,0 1,5 3,3 62,0

5,5 3,0 4,3 55,0

4,5 5,0 4,8 54,0

7,0 5,0 6,0 80,0

2,5 2,5 50,0

4,0 4,0 4,0 66,0

6,0 6,0 6,0 58,5

4,5 4,5 4,5 54,5

5,0 2,0 3,5 53,0

6,5 7,5 7,0 89,0

8,0 8,0 90,0

3,5 3,5 75,0

2,0 2,0 71,0

7,0 7,0 63,5

2,0 2,0 60,0

3,0 3,0 49,0

6,0 6,0 59,0

6,0 6,0 6,0 45,0

7,0 5,5 6,3 59,0

4,0 4,0 53,0

5,0 7,5 6,3 70,0

Esta gráfica presenta os puntos das medidas con coordenadas peso mochila (eixe X) e peso alumno (Eixe Y). Os datos preséntanse en kg, e non se ve unha relación acusada entre ambos, se ben parece que a máis peso parece corresponder unha mochila con menos carga.

PESO-MOCHILA Pm2 Mediamoch NÚMERO

4,0 3,5 3,75 4DC GSAuto 0,77

2,0 2,5 2,25 4DC 1CFGMAX 2,78

2,5 2,0 2,25 4DC 1ESO B 7,12

2,0 2,0 2 4DC 2ESOA 6,2

5,0 4,5 4,75 4DC 3ESO B 4,5

2,5 2,5 2,5 4DC 3ESO A 5,63

2ESO A 4DC 2,92

6,0 6 2ESO A 1BT 6,98

6,5 6,5 2ESO A 1BH 4,86

6,0 6 2ESO A 2BT 4,53

6,5 6,5 2ESO A 2BH 4,58

5,0 5 2ESO A

2ESO A

5,0 6,0 5,5 2ESO A

6,0 7,5 6,75 2ESO A

4,5 4,5 4,5 2ESO A

6,0 7,0 6,5 2ESO A

6,5 8,5 7,5 2ESO A

8,0 8,5 8,25 2ESO A

2ESO A

2ESO A

6,0 7,0 6,5 2ESO A

2ESO A

7,0 5,2 6,1 2ESO A

5,0 5,5 5,25 2ESO A

GSAuto

0,5 0,5 GSAuto

1,0 1 GSAuto

0,8 0,8 GSAuto

7,0 7,0 7 1BT

7,0 8,5 7,75 1BT

9,9 10,0 9,95 1BT

8,0 9,5 8,75 1BT

8,0 9,0 8,5 1BT

9,0 8,0 8,5 1BT

6,0 10,0 8 1BT

4,5 8,0 6,25 1BT

1BT

5,0 8,0 6,5 1BT

10,0 7,5 8,75 1BT

1BT

5,5 5,0 5,25 1BT

5,0 5,0 5 1BT

7,0 7,0 7 1BT

5,0 5,0 5 1BT

3,0 5,0 4 1BT

5,0 7,0 6 1BT

5,0 6,0 5,5 1BT

7,0 5,0 6 1BT

3,0 5,0 4 1BT

8,5 4,0 6,25 1BT

12,0 11,5 11,75 1BT

6,0 9,5 7,75 1BT

3 3 1CFGMAX

3 3 1CFGMAX

3 3 1CFGMAX

3 3 1CFGMAX

3,5 3,5 1CFGMAX

2 2 1CFGMAX

4 4 1CFGMAX

3 3 1CFGMAX

0,5 0,5 1CFGMAX

7,5 7,5 7,5 1ESO B

7,5 6,0 6,75 1ESO B

7,0 6,5 6,75 1ESO B

6,1 6,5 6,3 1ESO B

6,0 8,0 7 1ESO B

7,5 9,0 8,25 1ESO B

11,0 5,5 8,25 1ESO B

6,5 7,0 6,75 1ESO B

10,3 8,0 9,15 1ESO B

9,0 10,0 9,5 1ESO B

6,5 8,5 7,5 1ESO B

7,5 8,0 7,75 1ESO B

7,2 8,0 7,6 1ESO B

7,5 6,0 6,75 1ESO B

7,5 7,0 7,25 1ESO B

6,0 6,0 6 1ESO B

6,5 6,5 6,5 1ESO B

5,5 5,5 1ESO B

8,0 7,8 7,88 1ESO B

7,0 6,8 6,88 1ESO B

7,0 5,5 6,25 1ESO B

8,0 7,0 7,5 1ESO B

5,5 5,0 5,25 1ESO B

6,0 6,0 6 1ESO B

7,5 7,0 7,25 1ESO B

7 7

5 5

2,5 2,5

4,5 4,5

3 3

6 6

4 4

4 4

5 5

5 5

7 7

5 5

5 5

5 5

4,0 2,0 3 2BT

2BT

4,0 5,0 4,5 2BT

4,0 3,5 3,75 2BT

5,0 1,5 3,25 2BT

7,0 7 2BT

5,5 5,5 5,5 2BT

5,0 1,5 3,25 2BT

5,5 3,0 4,25 2BT

4,5 5,0 4,75 2BT

7,0 5,0 6 2BT

2,5 2,5 2BH

4,0 4,0 4 2BH

6,0 6,0 6 2BH

4,5 4,5 4,5 2BH

5,0 2,0 3,5 2BH

6,5 7,5 7 2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

2BH

8 8 3ESO B

3,5 3,5 3ESO B

2 2 3ESO B

7 7 3ESO B

2 2 3ESO B

3 3 3ESO B

6 6 3ESO B

6 6 6 3ESO A

7 5,5 6,25 3ESO A

4 4 3ESO A

5 7,5 6,25 3ESO A

Nesta gráfica vese a relación entre o peso da mochila medio da mochila e o grupo/curso a que corresponde.

Como se pode observar, ós cursos de nenos de menor idade son os que máis lle pesa a mochila. Logo hai unha unha pequena diferencia de peso nos bacharelatos, exceptuando 1BT que leva máis peso con diferencia. Os cursos que menos peso levan son os ciclos e 4ESO DC.

Esta gráfica corrobora a importancia da variable grupo en relación ó peso das mochilas que levan os alumnos.

2007/04/25

Exame de 2ºBT óptica (07/04/25)

P1. Un obxecto de 4cm de alto atópase 25cm diante dunha lente de f'=+20cm. Calcula onde se atopa e que tamaño ten a imaxe, así como constrúea gráficamente.
P2. Un espello de r=+60cm ten 30cm diante un obxecto de 2cm de alto. Calcula onde se atopa a imaxe, o seu tamaño e constrúea gráficamente.
C1. Tres lentes converxentes simétricas A,B e C do mesmo material teñen superficies de radios Ra > Rb > Rc. A focal maior corresponde á lente a) A b) B c) C.
C2. Dous espellos planos forma un ángulo de 90º. A 5cm de ambos colocamos un obxecto. Formarnse a) dúas imaxes b) catro imaxes c) outra.
C3. Unha lamela plano-paralela B de doble ancho e o mesmo material que outra A desvía os raios que saen dela en relación os que entran a) doble b) metade c) outra que a A.
C4. Cunha lente converxente adecuada e un cambio de posición convinte, a) sempre podemos reproducir a imaxe dun obxecto formada por unha lente diverxente b) nunca c) ás veces.

exame óptica 2BT


P1. Un raio entra nunha lamela plano-paralela de vidro de n=1,4 dende o aire. Se incide cun ángulo de 45º, calcula a anchura do vidro sabendo que a desviación do raio que sae pola outra beira, respecto á liña que traía o entrante, é de 1mm. Calcula a distancia entre o punto de entrada e o de saída do raio reflectido na segunda cara (ver imaxe)
P2. Unha imaxe fórmase a unha distancia +0,8m en relación ó obxecto, con A=-1. Sabendo que a lente forma unha imaxe cando s=-0,1m, calcula o tamaño e o punto de formación da imaxe neste caso (... lembrar a construcción da imaxe...)
C1. Nunha lente converxente, se a distancia obxecto s1 é máis longa que a focal, cúmprese: a) se s2 = 2s1, entón s'2 = 2s'1, b) se s2 = 2s1, entón 2s'2 = s'1, c) ningunha das súas anteriores.
C2. Un prisma de ángulo de abertura J, en relación a outro de abertura 2J , para un raio con ángulo de incidencia calquera, produce unha desviación no raio (medida en ángulo formado entre a prolongación do raio entrante e o raio saínte): a) metade b) doble c) a relación entre as desviacións é función do ángulo de incidencia.
C3. Queremos formar a imaxe dun obxecto sobre unha pantalla situada a 2m de distancia. a) teremos que empregar unha lente de focal maior que 1m. b) teremos que empregar unha lente de focal menor que 1m. c) teremos que empregar unha lente de focal igual a 1m.
C4. Cun espello cóncavo a) é imposible obter unha imaxe do mesmo tamaño que o obxecto. b) é imposible obter unha imaxe invertida. c) son mentira as dúas afirmacións anteriores.

2007/04/22

O fume


XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Título: O fume
Autoría: Jose Manuel Ventoso Picos
Grupo: 1ºBT
Data entrega: 07/04/10
1.Introdución e Hipóteses.
O traballo consta de dous proxectos relacionados co fume.
Un trata sobre as correntes de convección ocasionadas ao queimar algo, por que o fume sube grazas a estas e de que acontecería de non habelas.
O outro trata sobre a disolucion de un sólido nun líquido; o que se ve ó poñer un pano húmido de forma que o fume pase por el e vese como se queda disolto no pano.
2.Pequeno resume.
Este traballo trata sobre diferentes cousas relacionadas co fume, vese por qué sube cara arriba e tamén de canto se pode disolver nun líquido
This work is about the smoke and some things that happen with it. You can see why it goes up, instead of falling and how much may be disolved in a liquid.
3.Obxectivos.
Facer algo vistoso e interesante co fume. Explicar dun xeito vistoso as correntes de convección e a disolución do fume en auga.
4.Base teórica.
Da parte de das correntes de convección, o aire quente é menos denso ca o frío e polo tanto sube arrastrando con el as partículas desprendidas na queima; pero se despois de queimar algo o aire arrefría vai cara abaixo e con el as partículas desprendidas na queima. A ter en contas que o CO2 é, a ingualdade de condicións de presión e temperatura, máis denso que o aire, polo tanto, ó estar á mesma temperatura que o ambiente, baixa.
Da parte da disolución é simplemente que os gases se disolven nun líquido de forma que no caso do CO2 moi pouco líquido pode disolver enormes cantidades de gas.
5.Traballo.
Ver foto.
6.Distribución.
Outubro: Buscouse en internet un tema interesante sobre o que falar e algun proxecto vistoso que se puidese facer con el.
Decembro (e vacacións de Nadal): Probouse se funcionaban os proxectos
Marzo: Preparouse a cartelería e rematouse o proxecto da disolución
7.Materiais e Orzamento.
Envase de plástico reciclado, follas de papel e un mecheiro.
8.Descrición.
Esta formado por dúas partes; a primeira trata sobre as correntes de convección que son as que fan ascender ao fume. É moi fácil de facer; so se necesita un pedazo de plástico envolto ou unha botella cun furado no lateral superior polo que se poida introducir un papel enroscado en forma de tubo e dúas tapas nas partes superior e inferior. Unha vez feito isto só queda prender lume á parte de fora do tubo de papel para que o fume suba por dentro del e chegue ao interior da botella. Cando chegue ó interior xa estará frío e o fume, no canto de ir cara arriba dentro da botella, caerá ao fondo desta. Débese poñer a parte de fora do tubo de papel cara abaixo de forma que teña forma de cheminea para que o fume suba por esta.
A segunda trata sobre a disolución dun gas nun líquido. Para facelo débense coller dous vasos de precipitados e poñer dentro algo queimándose. Debemos tapar ambos vasos cun pano; pero, mentres que un deles debemos telo húmido, o outro debe estar seco. Así podemos ver como o fume sae nun deles e do outro non, quedando no pano disolto en auga.
9.Material.
O matgerial producido son as dúas partes vistas: unha composta pola botella co furado e outra os dous vasos de precipitados co pano enriba
10.Conclusións.
Gustou o sinxelo que era este traballo e o vistoso que queda na feira a pesar de que non estaba ben rematado. Podíanse aprender moitas cousas quedou abondo claro e ben explicado.
Espeŕase que estará mellor presentado próximamente na xoranda da ciencia na rúa en A Coruña.
--
Máis imaxes sobre o fume...

Mareas na ría de Ribadeo


XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007




Título: Seguemento das mareas na ría de Ribadeo






Autoría: Arturo Linares e Daniel Gallo
Grupo: 1ºBT
Data entrega: 07/04/11
1.Introdución e Hipóteses.
A realización deste traballo foi inspirada polos desexos de afondar nos coñecementos sobre o comportamento das mareas, neste caso concretantemte nas mareas da ría de Ribadeo, ademais de para descubrir de que forma inflúen a Lúa e o Sol no comportamento destes fenomenos naturais.
Para levar a cabo este traballo realizaronse tres pasos básicos, que foron os seguintes: en primeiro lugar procedeuse á extracción de información (medicións, explicación teórica...), o seguinte foi a elaboración do traballo en xeral e por último contrastatáronse os datos e elaborouse o traballo final.
2.Pequeno resume.
Este traballo consiste básicamente en explicar o fenómeno das mareas, e facer un seguemento destes movementos na ría de Ribadeo.
What it has been done here is a study about the movements of the tides and a graph with the movements of the tides in Ribadeo´s stuary.
3.Obxectivos.
Amosar as variacións das mareas ó longo do mes de Febreiro e o porque destas variacións. Asi mesmo notificar algunhas curiosidades sobre este tema.
4.Base teórica.
As mareas oceánicas son causadas pola forza da gravidade, pero non é sinxelamente que a Lúa atraiga á auga do mar cara ela, senón que o Sol tamén intervén. Ademáis, ao tempo que a Lúa separa a auga por un lado, tira da auga cara o outro lado, e así explícase por que hay dúas mareas ao día. A diferenciación entre mareas vivas e mortas explícase mediante a alineación dos tres corpos celestes (Terra, Lúa e Sol): cando estes estan alineados, prodúcense as mareas vivas, máis grandes que as mortas, producidas cando están en cuadratura (formando un ángulo recto coa Terra no vértice).
Dicir tamén que existen mareas terrestres, que funcionan do mesmo xeito que as acuáticas.
5.Traballo.


6.Distribución.
Outubro: Ideouse o proxecto e planificouse a realización do mesmo.
Novembro: Foise a medir periódicamente
Decembro e Xaneiro: sen realización.
Febreiro: Tomáronse medicións e conseguíronse datos doutras fontes.
Marzo: Elaboración do traballo para a exposición.
7.Materiais e Orzamento.
Una corda sen custos reflexados.
Un peso aproveitado dun obxecto que estaba por casa.
Blok de notas 0.99€.
Un metro de medidas 2€.
2 cartulinas 0.80€ .
8.Descrición
Neste traballo o que se fixo foi levar acabo un seguemento das mareas na ría de Ribadeo o longo do mes de Febreiro, para o que tomando como punto de referencia o espigón, procedeuse a realizar as medicións mediante unha corda con medidas cada 10 cm e un peso atado nun dos seus extremos. Tras obter os datos necesarios procedeuse á elaboración dunha gráfica. Tamen se incluiu unha sinxela explicación sobre os distintos tipos de mareas e os seus efectos ademáis de mencionar o fenómeno da gravitación universal. Finalmente, tomáronse distintas fotos do lugar dende o que se sacaron as medicións para ilustrar o proxecto.
9.Material.
A imaxe dispoñible foi presentada no punto 5.
10.Conclusións.
En xeral hai satisfacción co resultado. Serviu para decatarse da grande variedade de tipos de mareas que hai e que se puideron descubrir.
--
Ver tamén o cartel de 'mareas' noutra vista.

Identificación de elementos á lapa




XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007




Título: Identificación de elementos á lapa






Autoría: Eloy Rodil Carreira
Grupo: 1º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
A primeira idea para facer este traballo foi obtida do libro de física e química, complementada logo con internet. Nesta practica pretendese demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si, debido a que teñen diferente estrutura atómica. Unha forma de sabelo é pola cor da súa lapa ó queimalos, que é o que se pretende realizar con esta práctica.

2.Pequeno resume.
Os compostos teñen diferente estrutura atómica, os átomos que os forman están colocados de distinta forma. Ó achegarlle enerxía a un átomo, os electróns sitúanse nun maior nivel de enerxía, e ó volveren o seu estado inicial, desprenden esta enerxía en forma de luz, que nos da indicación sobre a composición do material.
In this project I want to prove the difference between the chemical elements. I’m going to identify the elements for the colour of their flame. I explain the different composition of these elements. When you give energy to an atom, this increase, and when it returns to normal state, it gives energy off causing the different colours of their flames and given information about their composition.
3.Obxectivos.
O obxectivo principal deste proxecto é demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si. Outro obxectivo é o de facer un proxecto interesante e vistoso para a xente. Por ultimo, que con este proxecto se aprenda un pouco mais dunha forma diferente.
4.Base teórica.
Cando se lle achega enerxía a un átomo, os electróns que o forman pasan a un nivel máis elevado e ó volveren ó seu estado inicial desprenden esta enerxía en forma de luz, que lle da unha cor diferente a cada composto, xa que os compostos teñen diferente estrutura atómica.
5.Traballo.
Neste proxecto quérese demostrar como se poden identificar diferentes elementos pola cor da súa lapa. Para esto empréganse diferentes compostos (cloruros de sodio, cinc, potasio, bario, cobre e estroncio), fío de NiCr (usado pola súa estabilidade) e un queimador. O proceso para realizar o desenvolvemento é: humedecer o fío de NiCr en auga e achegalo a un composto para que unha pequena cantidade deste quede adherida. Despois achegalo ó queimador, comprobar a cor resultante e anota-la cor nunha táboa. Hai que realizar este proceso con cada composto, vendo as diferencias.
Cada composto ten diferente coloración da súa lapa. Isto ocorre porque os compostos están formados por átomos correspondentes a elementos distintos, e dicir, tódolos compostos son diferentes entre si e non teñen a mesma estructura atómica.
Os compostos emiten unha luz porque ó achegarlle enerxía ós átomos que os forman, os electróns destes pasan a un nivel superior de maior enerxía, e ó volveren o seu estado inicial emiten esta enerxía en forma de luz que ten unha cor diferente dependendo do composto do que se trate.
Na primeira fotografía podemos observar un exemplo da realización deste experimento, con cloruro de cobre. Nel achegamos certa cantidade dun composto a un queimador, o cal produce unha chama de cor.
Na segunda fotografía podemos observar un exemplo típico da aplicación industrial deste proxecto como son os fogos de artificio.

6.Distribución.
Setembro: Procura do proxecto
Outubro: Procura de información sobre o proxecto
Decembro (e vacacións de Nadal): Procura dos materiais necesarios para o proxecto.
Marzo: Realización do traballo e da cartolina.
7.Materiais e Orzamento.

Cloruros: Prestados pola profesora de física e química.
Auga
Fíos de metal
Chisqueiro

8.Descrición.
Neste proxecto quérese demostrar que tódolos compostos son diferentes entre si, para isto vamos a observar o color da súa lapa ó queimalos, a partir de diferentes compostos, todos eles cloruros (sodio, cobre, cinc, potasio, bario e estroncio). Isto ocorre porque o achegarlle enerxía a un átomo, os electróns deste pasa a un nivel maior, e o volveren o seu estado inicial desprenden esta enerxía en forma de luz que lle da unha cor diferente a cada composto. Humedecemos o fío en auga e achegámolo a un dos compostos para que quede adherida unha pequena cantidade deste, despois acercámolo a lapa do chisqueiro, que debe se lo mais amarela posible e comprobamos a cor resultante. Estes compostos son os que se utilizan nos fogos de artificio para que todos eles sexan de diferentes cores.
9.Material.
Ver a foto.
10.Conclusións.
É un traballo interesante, sinxelo de facer pero que resulta moi vistoso para a xente que o vai a ver. A xente que veu de visita comprendeu o que se quería explicar con este proxecto, puido aprender algunha cousa nova e parecéulle interesante. O non ter coidado abondo das misturas e o uso de arame non adecuado fixo que non foran ben visibles as coloracións, non conseguindo ver claramente as cores da lapa para algúns compostos. Así, se alguén realiza este traballo, (cousa que animo a facer polos interesantes resultados que se obteñen) é recomendable que probase os cloruros con tempo, para poder corrixir os erros se os houbera (como a mistura de materiais ou o tipo de arame).

Bola que levita


XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007




Título:
Bola que levita






Autoría: Francisco José García Fdez
Rubén Vidal López
Grupo: 2º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introducción e Hipóteses.

A curiosidade levou ós autores a saber un pouco mais sobre este tema e desenvoltar unha experiencia vistosa e interesante. Co uso dun secador e unha bóla de ping-pong, fíxose levitar a bóla, sinxelamente con exercerlle unha forza a traverso dun chorro de aire.

2.Pequeno resume.
O que se pretendeu con este proxecto é demostrar como a bóla mantense no aire debido á forza do chorro que envía o secador sobre ela. Para explicalo a base é o teorema de Bernuilli.
That we want to demonstrate with this proyect is to make float a ball with the strength of the hairdrier.
3.Obxectivos.
Decidiuse facer este proxecto porque posiblemente algunhas persoas desconocian este fenómeno, chmativo sobre todo ó observar que se se inclina o chorro de aire, a bóla mantense levitando.
4.Base teórica.
Obter información non supuxo unha grande complicación. A base é o teorema de Bernuilli, pois explica as forzas exercidas e o equilibrio aínda co chorro de aire inclinado.
5.Traballo.
O traballo baséase principalmente no exposto na cartulina. O teorema de Bernuilli, expresión da comprobación teórica e experimental de que "a presión interna dun fluído, líquido ou gas, decrece na medida que a velocidade do fluído increméntase", ou dito doutro xeito, "nun fluído en movemento, a suma da presión estática e dinámica permanece cosntante”, nos explica o por que do manterse levitando pese a estar inclinado o chorro de aire.
Os materiais empregados son poucos, bastando cun secador para provocar unha corrente de aire, e unha bóla de ping-pong.




Bola levitante


6.Distribución.
Este traballo constou das seguintes fases:
Outubro: Comezouse coa procura de información.
Decembro e Xaneiro: Solución dalgunhas cuestións teóricas.
Febreiro: Decisión da explicación práctica.
Marzo: Realización da cartelería e preparación do material necesario para a explicación do proxecto na feira.

7.Materiais e Orzamento.
En canto a material, non supuxo unha gran dificultade, xa que o secador era propio e a bóla de ping-pong tamé. Unicamente se gastou en folios, cartulinas, etc. O prezo das cartulinas e folios foi de 2€.

8.Descrición.
Con este proxecto, do mesmo xeito que todos os demáis, realizouse co propósito de aprender nós, sobre o comportamento dalgúns obxectos, fenómenos, etc. E tamén para que aprendan os demáis, poder explicarlles, tralas nosas investigacións, e á vez, comprender e aprender nós mesmos. Parece un proxecto moi simple, pero resulta ser moi interesante e á vez rechamante.
9.Material.
Aparte dos materiais empregados, explicados no apartado 5, sinxelamente foi levado á practíca na feira, como se observa na foto.
10.Conclusións.
Os autores están contentos co proxecto, sinxelo pero que gustou. Unha suxerencia para a súa repetición é facelo amaior escala, cun ventilador de grandes dimensións, cun gran chorro de aire, capaz de levantar outro tipo de obxecto para que resultase máis espectacular. Con respecto á feira, foi unha experiencia nova, e realmente interesante.
--
Máis información

2007/04/19

Antenas Wifi



XIII
Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES
Porta da Auga
primavera
2007

Título:
Antenas Wifi

Autoría:
Marcos Fernández Sante

Iván López Cabaleiros

Grupo:
1ºBT

Data
entrega: 07/05/08

1.Introducción e Hipóteses.

A idea do traballo
veu da necesidade de crear unha rede local entre uns amigos, cousa
que nos fixo investigar como poder facer unhas antenas wifi caseiras.

O noso traballo foi a construción de antenas wifi, que
funcionasen e puidesemos conectarnos a internet e crear unha rede
local inarámica entre dous ordenadores.

2.Pequeno resume.

O noso proxecto está basado na produción e captación das ondas
electromagnéticas polas antenas. Construimos duas antenas wifi
para mostrar como se pode transmitir información mediante
ondas electromagnéticas.

We built two
antennas wifi with recyclable materials. It's very interesting and
very difficult. We were conected to internet with these antennas.

3.Obxectivos.

Construír unhas antenas que recibiran a señal coa maior intensidade
posible. Tamén, achegar a xente un pouco mais ás novas
tecnoloxías e á wifi.

4.Base teórica.

A onda fórmase coa diferencia
de intensidade (amplitude) dunha sinal nun espacio (lonxitude de
onda) e tempo (período) de xeito periódico. Esta
intensidade é balanceada, esto significa que se alterna entre
valores positivos e negativos. Para ter un concepto visual de onda:

5.Traballo.

A onda é emitida por un emisor, viaxa a través dun medio físico
e chega ó seu destino, con maior ou menor intensidade. O noso
obxectivo e recibir a sinal coa maior intensidade posible. Para eso
interésanos tomar contacto coa onda cando esteña no
punto de mayor amplitude, sendo de valor positivo ou negativo.

Construcción dunha antena
Unha antena como a nosa consta de 3 partes: colector,
conector e lata.
Colector
Para construir o colector hai que colocar na variña as arandelas de 30mm
apretadas á súa vez coas arandelas de 12mm e coas
tuercas. Cada arandela de 30mm deberá estar separada 3cm da
seguinte.

Nun extremo colocarase unha tapa redonda de algo que entre na lata o mais xusta
posibel para suxeitala. Poñerase no medio dunhas das arandelas
do final, e así suxeitarase mellor o colector.

Entre a quinta e a sexta arandela tamén se colocará a tapa da lata para
suxeitar ben o colector de maneira que este quede o mais achegado
posibel do conector pero sen tocalo.

Conector
Ó conector N hay que soldarlle o fio de cobre. A lonxitude do cobre ten que ser
exacta para que a punta quede o mais achegada posible do centro da
lata.

Lata
Na lata hai que facer un burato a 8cm do fondo, cun diámetro
abondo para poder meter a rosca do conector N por el.
Despois de ter as pezas feitas hai que introducir o conector N na lata, de dentro cara
fora, e atornillase introducindo as arandelas de 29mm. Unha vez
introducido o conector N só queda introducir o colector dentro
da lata.

6.Distribución.

Outubro: Decisión de facer o traballo “Antenas wifi”
Novembro: Período de información
Decembro (e vacacións de Nadal): Empeza a recoleción de
materiais
Resto Xaneiro: Construción das antenas
Febreiro: Construción da parte teórica do traballo
Marzo: Últimos retoques teóricos e preparación da
presentación.Entrega o día 28 de febreiro.

7.Materiais e Orzamento.

* Varilla roscada de 4 mm de grosor e 25 cm de largo
* 9 arandelas de 30mm de diámetro exterior e 10 mm de diámetro interior.
* 18 arandelas de 12mm de diámetro exterior e 4mm de diámetro interior.
* 18 tuercas para a varilla roscada.
* Lata de pringles.
* 2 arandelas de 29mm de diámetro exterior e 17mm de diámetro interior.
* 5cm de fio de cobre de 2mm de grosor.
* Conector N.
Todo o material, agás o Conector N que ten un precio de 10€, foi reutilizado.

8.Descrición.
Despois de ter construidas as antenas, conectámolas a candanseu ordenador
mediante unha tarxeta inarámica. Despois da súa correta
configuración cando xa estaban funcionando, instalamos un
programa tipo chat entre os dous ordenadores para demostrar que
funcionaban as antenas. Explicamos tamén como fora a
construcción das antenas, as partes que tiña, para que
servia cada unha delas...

9.Material.

Duas antenas wifi como a da foto

10.Conclusións.

A xente quedaba sorprendida porque non creia que fora posible facer unha antena para
conectarse a internet con cousas da casa. Debido a eso, atendían
as nosas explicacións e interesábanse polas antenas
preguntando dudas ou pedindo consello para poder construir unha
antena. O traballo tiña unha parte práctica, na que a
xente se sentaba diante dos ordenadores e falaba mediante o programa
co seu compañeiro situado no outro ordenador. O consello para
repetir a experiencia é que facela dun xeito divertido para
que a xente poda participar.

2007/04/16

Salinidade na ría de Ribadeo

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
SALINIDADE NA RÍA DE RIBADEO
Autoría: Adrián Fernández García
Jesús Carlos Arias García
Grupo: 1º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introdución e Hipóteses.
Este proxecto xurdiu coa idea de indagar a salinidade da ría para saber como xogaba a influenza que tería o mar sobre o río. O esquema deste proxecto é saber se a Ría ten moita ou pouca cantidade de sal, traballando coa hipótese de que hai máis cantidade de sal preto do mar cá terra adentro.
2.Pequeno resume.
Este proxecto consiste en averiguar a cantidade de sal na Ría tanto en preamar coma en baixamar, en distintos puntos da mesma. Despois de recoller a auga, evapórase, quedando só o sal e pesándoa despois cunha báscula de precisión.
This proyect consists in collecting a liter of water in Ribadeo`s narrow in many adequate places at low tide and high tide, to show how much salt is in these points. To know that, at first evaporate all the water and then, measure the salt which stay with a precision balance.
3.Obxectivos.
Coñecer a salinidade nos distintos puntos de recollida en preamar e baixamar e asociala con outros fenómenos.
4.Base teórica.
A base da que se parte é a de que a salinidade da ría ten que aumentar ó achegarse ó mar, e ten que diminuír ó alonxarse del, tendo máis cantidade de sal as mostras de preamar cás de baixmar.
5.Traballo.
PONTE DA VEIGA

RESULTADO: 0,34 g/l PREAMAR
0,14 g/l BAIXAMAR
bservacións:

A toma de motras do Faro e da Illa Pancha é a que ten máis salinidade porque está fóra da Ría, é dicir, no mar aberto. Na preamar o mar estaba embravecido e con auga limpa. Na baixamar foi máis sinxelo.
Na Ponte dos Santos a auga estaba máis revolta e non tan limpa.
Observacións:

No peirao comercial de Mirasol, nas inmediacións dos barcos amarrados a auga moi turbia e aceitosa.
Na Vilavella e nas inmediacións da escolleira a agua era tamén turbia.
En Reme e nas inmediacións da Ponte a agua é turbia e perde salinidade.
No peirao e na Ponte da Veiga con agua revolta.
Conclusións:

Canto máis preto están da boca da ría, as mostras teñen máis salinidade, tendo máis na preamar que na baixamar, excepto en Reme.
Polo tanto, canto máis preto están da cola da ría menos salinidade teñen, é o caso da mostra da Ponte da Veiga na que a influencia do río Eo é máis importante que a do Cantábrico, como en Reme, e logo xa vai descendendo nas demais.
Traballo:
Salinidade da Ría de Ribadeo

Alumnos: 1º Bacharelato Tecnolóxico
Adrián Fernández García
Jesús Carlos Arias García

IES PORTA DA AUGA
RIBADEO 2006/07

Resumo en inglés:
Collect a liter of water in Ribadeo`s narrow in many adequate places at low tide and high tide, to show how much salt is in these points. To know that, at first evaporate all the water and then, measure the salt which stay with a precision balance. It confirms that there is more salt when the collect of water is nearest the sea.
6.Distribución.
Setembro: Decisión de averiguar a salinidade da Ría.
Decembro (e vacacións de Nadal): Toma das mostras, evaporación dun litro de auga das mostras e medición da masa do sal obtido da evaporación.
Marzo: Realización do traballo en cartulina e entrga do mesmo.
7.Materiais e Orzamento.
Vasos de plástico.
Báscula de precisión.
Botellas de 2L
Caldeiro e corda.
8.Descrición.
Este proxecto consiste en averiguar a cantidade de sal que hai en distintos puntos da Ría tanto en preamar coma en baixamar. Para realizalo, o que se fixo foi atar unha corda a un caldeiro e ir ós sitios (Illa Pancha, Ponte dos Santos, Peirao de Mirasol, Vilavella, Reme e a Ponte da Veiga) en marea alta e en marea baixa. As mostras recolléronse en botellas de plástico de 2L, e empregáronse 1L de cada unha para ferver a auga, pesando logo o sal resultante.
9.Material.
Outro material non especificado no punto 7 é a cantidade de sal resultado da evaporación das mostras.
10.Conclusións.
Este proxecto é un traballo interesante que permite coñecer a salinidade da Ría nos puntos e circunstancias en que foron tomadas as mostras, cuns resultados que se refrexan gráficamente. Con este traballo, aprendeuse que hai distintos puntos da Ría que, dependendo da súa situación con respecto ó mar teñen máis ou menos sal. É recomendable que este traballo se realice nas catro estacións do ano. Asemade, é patente que o proxecto gustou á xente que foi velo, non só polas fotografías.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).
Imprescindible ver cartelería

O cerebro masculino e feminino

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Título: O cerebro masculino e feminino
Autoría: Thais Pérez Fernández
Grupo: 4ºDC
Data entrega: 07/04/15
1.Introdución e Hipóteses.
A idea ocurriuse lendo un semanario; o artigo falaba do cerebro e deu pé ás preguntas: ¿Por que un home e unha muller non pensan igual?, ¿Será a causa do cerebro? Istas espolearon a curiosidade polo tema, que me pareceu un bo traballo de investigación.
2.Pequeno resume.
Trata de comparar o cerebro do home e da muller e viceversa. Trátase de procurar as diferenzas e semellazas que pode haber entre eles. Tamén cunha enquisa, ver como reaccionan ante unha mesma situación.
3.Obxectivos.
Aprender co propio traballo, todo o que fora considerado interesante pola autora. Outro obxetivo máis pequeno, pero que máis costa: intentar ensinarllo e explicarllo os demais.
4.Base teórica.
Procuráronse en internet difentes opinións de psicólogos e médicos especializados no funcionamento do cerebro e póxose interese naqueles que facían distinción entre o cerebro feminino e o masculino. Con guía do profesor, fixéronse enquisas para saber como reaccionaban homes e mulleres nunha mesma situación.
5.Traballo.
Expónse aquí o amosado na cartelería:
Óese falar con frecuencia dunha compaixón do home pola muller no sentido de que ela ten que facer tarefas propias da maternidade.
Temos disintas psicoloxías e constitución, polo tanto, existen diferencia emocionais e ademais de conducta que teñen un orixe cultural.

ORDE FÍSICO E BIOLÓXICO

Non só atopamos diferencia na conducta sexual e no aspecto físico.
Novidosos estudos revelan cousas inexplicables dende fai tempo, que agora temos respostas claras, atribuíndo a causa a un desarrolo diferente do CEREBRO ou MATERIA GRIS.
O cerebro da muller, proporcionalmente, é o 10 ou 15% máis pequeno có do home.
As rexións das funcións superiores, como a de linguaxe, están máis densamente conectadas na muller e ademais estas utilizan rexións máis bastas do cerebro.
Nos homes a actividade neurolóxica ocorre en zonas máis localizadas do cerebro e esta máis capacitado para a concentración.
A muller pode facer asociacións de ideas que a un home non se lle ocorrerían; isto é o que chaman “Intelixencia emocional ou intuición feminina”.

Intelixencia emocional ou intuición feminina

As mulleres son máis propensas á depresión: ante recordos tristes, estimulan unha parte do cerebro 8 veces máis grande que un home.
O cerebro feminino identifica con máis precisión emocións axenas.
Tamén plantease que as mulleres son máis hábiles para a linguaxe, xa que empezan a ler e falar antes cós homes.
As mulleres utilizan ambas partes do cerebro para falar ou ler, mentres que os homes só utilizan o hemisferio esquerdo.
As muller poden recuperarse máis facilmente se unha rexión do cerebro queda dañada.
No modo de orientarnos

As mulleres céntranse máis no que encontran polo camiño.
O homes xa son máis precisos, fixándose na dirección e na distancia.

Está cientificamente demostrado que as mulleres teñen máis memoria e superan neste concepto os homes en calquera idade.

Tamén demostraron que o cerebro feminino envellece máis despacio e madura antes.

A miña enquisa.

1.¿Cómo reaccionarías ante unha infidelidade?
2.¿Qué terías en conta a hora de buscar un traballo?
3.¿Cal é o teu entretemento favorito?
4.¿Colaboras nas tarefas da casa?
5.¿Manifestas as tuas emocións?
6.¿Tes memoria para as cousas do día?
7.¿Soles concentrarte nas cousas que fas?
8.¿Es responsable coas túas obligacións?
9.¿Escolles a roupa que compras?
10.¿Que é para ti ser libre?

RESPOSTAS DAS ENQUISAS:

1.As mulleres ante unha infidelidade optan por cortar polo san ou falar con él para aclarar as cousas, mentres que os homes solen cortar con ela e empregar a forza bruta con él.
2.As mulleres a hora de buscar traballo prefiren un emprego ameno e ben pagado, mentres os homes prefiren máis tempo libre aunque paguen menos e as condicións.
3.As mulleres gustanos máis ler e escoitar música, mentres os homes, na gran maioría, prefiren o deporte. Ambos coinciden en que lles gusta saír.
4.As mulleres colaboran máis nas tarefas da casa que os homes.
5.As mulleres manifestan sempre ou case sempre as súas emocións, os homes cóstalles máis.
6.A maíoría das mulleres ten unha memoria expléndida, mentres os homes din que lles costa lembrarse das cousas diarias.
7.As mulleres non se dan concentrado, mentres os homes non lles resulta moi difícil.
8.Pode dicirse que ambos pueden ser igual de responsables se se llo propoñen.
9.Ambos sexos responderon que elexían a roupa que compraban.
10.Mentres que a liberdade da muller é ser independente e non depender de naide economicamente, para un home é facer o que eles queiran sen que ninguén lles impoña nada
6.Distribución.

Outubro: Procura de tema
Novembro: Procura de información sobre o tema elexido
Decembro (e vacacións de Nadal): Por mor do traballo, sen realización de actividade para a feira
Resto Xaneiro: Desenvolvemento principal
Febreiro: Repaso e realización da presentación
Marzo: Últimos retoques.
7.Materiais e Orzamento.
2cartulinas grandes: 2€
15 folios material funxible
8.Descrición.
A explicación máis ou menos dada na feira desenvolvíase:
Vouvos a falar do cerebro masculino e feminino. Como todos sabemos o cerebro masculino supera o da muller en tamaño, aproximadamente dun 10 a un 15%. Pero a muller ten o cerebro mellor estruturado, con máis terminacións nerviosas que lle permite reaccionar mellor ante calquera estímulo e facer asociacións de ideas que a un home non se lle ocurrirían. Isto chámase cientificamente intelixencia emocional ou intución feminina.
As mulleres aprendemos a falar, ler e escribir antes cos homes, e empregamos os dous hemisferios do cerebro; por este motivo tamén se nos sole dar mellor os idiomas. Pero un home, empregando solamente o hemisferio esquerdo orientanse mellor que as mulleres sobre un mapa.

Fixen unha enquisa de 10 preguntas a homes e mulleres para saber como reaccionan ante unha mesma situación. Por exemplo, na primeira pregunta, “¿cómo reaccionarías ante unha infidelidade?” a maioria dos homes respondeu que cortaban e despois pensaban, mentres que unha muller pregunta primeiro e despois pensaba se era mellor cortar ou non. Pero nos hobbys vemos que unha muller prefire a lectura e a música e un home os deportes, pero vemos que a ambos lles gusta salir cos seus amigos.
9.Material.
Ver foto.
10.Conclusións.
O traballo gustou ós autores, conseguindo o primeiro obxectivo. Aprenderon cousas que lles intrigaban desde hai un tempo, sobre todo de psicoloxía. Pode que fora desexable unha maior variedade de ilustración na cartelería. Á xente parecíaque lle gustaba a explicación e punto de vista expresado.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).
Ligazón ó cartel

2007/04/10

XI día de la ciencia en la calle



Despois de pasada a XIII edición da Feira da ciencia e Tecnoloxía, unha lembranza do ano 2006, a edición do XI día da ciencia na rúa de A Coruña, á que fomos invitados como todos os anos polos Amigos da casa das ciencias, e á que levamos experiencias xa testadas na feira. A dicir que ese ano non foi Antonio como profesor, como aparece no folleto, senón Teresa Díaz.

2007/04/04

A importancia da unidade

Hai poucos días tivo lugar no IES unha conferencia sobre o Centro Español de Metroloxía na inauguración da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía, na que se falou da importancia de medir de xeito adecuado, a calibración, ... e tamén foron tocadas as unidades, mirando cara á súa normalización.
Viñéronme á cabeza un par de anécdotas sobre o tema, que dan importancia a esta última parte citada:
O penúltimo aparello enviado a Marte pola NASA tivo un final de impacto: impactou fortemente contra a superficie do planeta por mala coordinación: o programa encargado do manexo da órbita e comezo da aproximación estaba feito tendo en conta unhas unidades, mentras que o programa encargado da amarizaxe estábao en outras. Non se entenderon cando se pasaron os datos dun ó outro, e... sucedeu o que sucedeu.
Aló polos 90, un avión grande de pasaxeiros repostou na costa este de norteamérica e comezou unha viaxe cara unha cidade de California. Resulta que o piloto mandara meter unha cantidade de combustible no aparello, poñamos '500', sen especificar a unidade, pero pensando en galóns. O encargado da repostaxe entendeu ben os '500', pero en litros. É dicir, meteu algo máis dunha cuarta parte do que quería o piloto. O avión atopouse en medio da nada sen combustible. A pericia do piloto salvou a situación dando atopado unha pequena pista na que o avión quedou mal parado pero non houbo víctimas. O resultado é que se incorporou a simulación ós simuladores de vó de formación de pilotos. Hai algún tempo aínda non o conseguira ninguén máis...
Ben, son situacións extremas, pero por se algén coida que deso non se da case nunca, aínda me lembro unha confusión entre 300 (mil pesetas) e 300 (euros) ...

2007/04/02

Sobre a XIII feira da Ciencia e Tecnoloxía

Hai xa moita información cargada no blog sobre a XIII Feira (edición deste ano 2007). Aínda que de seguro se me escapará algo, esta é unha lista do que hai metido a día de hoxe. A ter en conta que:
a) continuará
b) as imaxes poden ampliarse premendo co botón esquerdo do rato sobre elas
c) hai máis información noutras partes do blog
d) estase a meter información desta e de edicións anteriores na web do IES
e) no blog tamén aparecerán as memorias dos proxectos
Lista de entradas relacionadas coa...
Física:
Líquidos non newtonianos: auga e maicena
Bola levitante
O son non se propaga no baleiro
Fonte de Herón
Polarización
Gaiola de Faraday
O punto de Poisson
Fenómenos meteorolóxicos. Efecto Foehn
Visión binocular
Pluviosidade
Enerxía solar térmica
Salinidade na ría de Ribadeo
Mareas na ría de Ribadeo
Fume
Leis de Newton
Carteis da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: Efecto Bolboreta
Química:
Leis de Boyle e Gay Lussac
Bolas en movemento
De que clase de mestura estamos a falar?
Ciencias (xeral)
Cerebro masculino e feminino
Tecnoloxía:
Antenas wifi
Anos anteriores:
Carteis da feira de Ciencia e Tecnoloxía
Programa, presentación e outros:
XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: dúas fotos da presentación
Departamento de administrativo
XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: certificado
Fotos da XIII Feira da ciencia e Tecnoloxía: Montaxe expo (III)
Fotos da XIII Feira da ciencia e Tecnoloxía: Montaxe expo (II)
Fotos da XIII Feira da ciencia e Tecnoloxía: Montaxe expo
Fotos da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: 2.-Comezo da montaxe
Fotos da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía: I.-O pavillón
Presentación da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
Sobre a inuguración da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
Carteis da feira de Ciencia e Tecnoloxía: Díptico XIII Edición, 2007
Sobor do cartel da XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
Concurso para cartel da feira (collido do blog do IES)
... en fin, hai máis no blog, pero esas entradas son as máis relacionadas coa feira deste ano.

2007/04/01

Traballar en colaboración no ámbito da educación.

Na historia estúdanse casos típicos de desintegración dunha sociedade por diversas vías. Vénseme á cabeza o caso dos chamados “Reinos de Taifas” no Al-andalus, tempo no que o poder árabe fragmentouse e pasou dun esplendor e poderío conxunto a un tempo onde cada quen (entendámonos, cada parte do territorio) ía ó seu, guiado por un señor diferente. Foi un tempo no que algúns deses reinos acadou un certo renome por exemplo pola súa especialización nalgúnha arte concreta, pero nos que o conxunto musulmán na península retrocedeu fortemente, tanto en poder político ou militar como nas artes e ciencias consideradas no seu conxunto.
Cambiando de tema en apariencia, o sistema educativa no noso país básase nunha tendencia á especialización crecente coa idade dos alumnos, o que se manifesta nunha fragmentación cada vez maior da materia en cada nivel. Materia que se deixa en mans dun número tamén crecente de profesores. Ata aquí, todo natural e lóxico, asumido por todos os sistemas educativos que coñezo. Non embargantes, esa fragmentación pode levar a un equivalente dos Reinos de Taifas en educación: cada quen é dono e señor da súa materia, porque a controla; é algo así como o summun (polo menos a escala reducida) e polo tanto pode haber unha reticencia non só a que outras persoas fagan suxestións, senón aínda preguntas sobre o desenvolvemento da materia ou tema concreto. Esto pode ocorrer en profesores, pero tamén en pais, gardiáns da súa parcela de poder e do sumo coñecemento sobre os seus fillos. Non é algo típico do noso lar: noutros países teñen o mesmo problema, e mesmo os hai que tentan enfoques parellos para solucionalo, nunha gama que vai dende a nada (poñer notas reunidos) a unha coordinacón interdisciplinar forte.
Voltemos ós Reinos de Taifas. A partir da subdivisión do que era un grande califato, os mandamases de cada taifa, como medio de preservar a súa área como poder propio, tenderon a cortar a cooperación e máis ben tentaban competir ante a ameaza que representaban os outros. Eran tempos nos que non era rara a alianza entre reinos cristiáns e árabes para loitar contra outros, tamén reinos cristiáns e árabes. O que pasou, sabémolo todos: a península foi reconquistada e o que queda de aquel Al-andalus, salvo monumentais excepcións, non é moi ben considerado.
Se voltamos a aplicar de novo o anterior na educación, podemos pasar a preguntármonos se as materias illadas (e istas, illadas á súa volta da educación na casa) constitúen unha educación mantible. Ou pola contra, por bo que se poda considerar o desenvolvemento dalgunha, non deixan de ser Reinos de Taifas nos que se está a perder boa parte das oportunidades educativas e formativas das que se podería dispoñer. Exemplos para xuízo, nun centro educativo, non faltan.
Respecto do anterior, pode ser doado botar a culpa a ser educados (a xeración anterior) nun sistema cerrado, competitivo, dictatorial... pero non se debe confundir dúas cousas que tenden a xuntarse: a culpa como causa de algo e a disculpa como medio de evitar un efecto.

... e pensar que todo esto saiu cavilando sobre o uso das ferramentas de colaboración en termos de aprendizaxe-e... Neste complicado mundo no que estamos a vivir, non é só que sexa difícil ser especialista en algo, senón que non só é necesario colaborar senón tamén atallar as novidades para que os seres que están confiados nas nosas mans as usen axeitadamente (teñan ou non unha maior facilidade e naturalidade no seu uso que a xeneración anterior)

Reflexionando sobre un encontro

== atención: é unha versión renovada de "Reflexionando sobre un encontro" ==
O 24 de xaneiro de 2007, no Castell dell'Uovo, Nápoles, tivo lugar a sesion 'From Didactics to e-Didactics', Conferencia aberta de difusión (e tamén de finalización) do proxecto Europeo HeLPS, no que participaba o IES Porta da Auga.
É un nome moi axeitado, este dos 'proxectos europeos', pois na realidade son proxectos de construción de Europa, e non só de colaboración entre entidades de diferentes países europeos cunha finalidade concreta. Hoxe por hoxe, diría que son estes proxectos os que lle están a dar á Unión Europea o corpo da Unión, por maltreito que se atope nestes momentos e diferentes ideas que pululen do que debe ser Europa. Outra cousa é a rendibilidade noutros campos da grande maioría deste tipo de accións ata o momento.
O caso é que o IES leva anos metido en dous tipos de proxectos: os escolares e os laborativos. En canto ós escolares, leva estudado as festas populares no entorno (FestPop), as feiras de Ciencia (Science fairs Throughout Europe, SFTE) e feito intercambios de alumnos. Nos laborativos, son xa anos tamén enviando a estudantes a diversos países a visitar e laborar, e lévase colaborado no desenvolvemento de tres dos chamados 'proxectos piloto', o TES (Teleworking Education system), ISLES (Integrated System to e-Learning Educational Services) e o HeLPS (High e-Learning Professional Skills). Estes dous derradeiros finalizaron o presente curso 2006-2007. Centrándonos no último, HeLPS, ten como produto un conxunto de cursos para formación profesional na área de aprendimento-e, para os que se construiu dende o perfil profesional adecuado ata a estrutura completa dos cursos, dende o deseño básico ós contidos efectivos, integrando no proceso ademáis a construción dun libro (si, construcción colaborando os diversos socios) o reparto de varias revistas electrónicas, xornadas de difusión, etc.
A conferencia citada ó comezo, entre outras intervencións, rematou cunha táboa redonda na que se integraron diversas intervencións e que por manca de tempo non puido rematar, á súa volta, cun turno de preguntas. Aproveitando este feito, plantexo unha visión diferente, que noutro caso tería exposto en Italia.
Comezou a bulirme a idea dunha alternativa a unha interpretación de mercado sobre a educación cando o sr. Giuseppe Zollo mencionou, sen citalo, ideas desenvoltas por Manuel Castells na súa obra 'A era da información'. O caso é que Castells, sociólogo, da un enfoque naturalmente sociolóxico, mentras que Zollo, ó parecer unha persoa ben considerada en Italia, usaba as ideas do libro para darlle un enfoque de base económica á aprendizaxe-e. Así, ó final, tal parece que houbera que considerar a educación a partir do mercado e non a partir das persoas ás que vai dirixida. E funcionalmente para desenrolar traballo e non cunha visión social. É dicir, en función da economía e non da sociedade. A partir da afirmación de Castells de que a tecnoloxía produce novos mecanismos e distribución de traballo, parece que ambos (Zollo e máis eu) chegamos a conclusións diferentes, un confundindo (a eso quería chegar) aprendizaxe-e con formación-e, e o outro, eu, coa necesidade de englobar os dous conceptos anteriores, diferenciados, como partes na educación-e. Quedoume a dúbida de se quería individualizar, separándoa, a didáctica da didáctica-e, como se non foran o mesmo concepto aplicado en xeral ou a un medio particular. Neste intre, e despois de comparalo con outras afirmacións que se están a dar ó lonfo e ancho do mundo, coido que é necesaria unha reflexión non sobre a didáctica a empregar, senón sobre a idea que soporta unha ou outra didáctica.
En canto a didáctica que se está tentando desenvoltar (didáctica ou didáctica-e), caracteriza os procesos, non os resultados. É unha clarificación que quedou clara (valla a redundancia) e que podería (pero non debería) servir para xustificar a falta de resultados en relación a coñecementos e métodos como parte dos resultados da educación. O que non quedou tan claro é que significa 'aprendizaxe' en relación a que significa 'educación', algo que desenvolveu Giuseppe d'Angelo pero dende un punto de vista totalmente aplicado ós medios electrónicos, e que estimo estragou en parte pola confusión entre a adquisición dun novo coñecemento (postura defendida na charla) en contra da construción interna (é dicir, por cada persoa) de ideas e xeitos. É dicir, de novo a confusión entre un fondo de mercado, a formación, e un fondo social, a educación.
Non viu a mellorar a cousa o penúltimo intervinte (e último que non falou estritamente sobre temas e aprendizaxe-e) cando recolleu o xa manido termo 'capital intelectual' das empresas nun contexto no que parecía non existir o que se podería chamar 'capital persoal' ou 'capital social'.
Así as cousas, unha pequena mirada ó mundo, no que a educación está pasando de ser un dereito (contrapesado en xero xeito polos correspondentes deberes) a ser un deber parcial escasamente contrapesado por dereitos tras a oportuna compra da mercadoría. Ti elixes (colaboras a eleción co teu grao de area, polo momento e mentras o proceso non esteña totalmente definido...)
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.