2007/04/16

O cerebro masculino e feminino

XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Título: O cerebro masculino e feminino
Autoría: Thais Pérez Fernández
Grupo: 4ºDC
Data entrega: 07/04/15
1.Introdución e Hipóteses.
A idea ocurriuse lendo un semanario; o artigo falaba do cerebro e deu pé ás preguntas: ¿Por que un home e unha muller non pensan igual?, ¿Será a causa do cerebro? Istas espolearon a curiosidade polo tema, que me pareceu un bo traballo de investigación.
2.Pequeno resume.
Trata de comparar o cerebro do home e da muller e viceversa. Trátase de procurar as diferenzas e semellazas que pode haber entre eles. Tamén cunha enquisa, ver como reaccionan ante unha mesma situación.
3.Obxectivos.
Aprender co propio traballo, todo o que fora considerado interesante pola autora. Outro obxetivo máis pequeno, pero que máis costa: intentar ensinarllo e explicarllo os demais.
4.Base teórica.
Procuráronse en internet difentes opinións de psicólogos e médicos especializados no funcionamento do cerebro e póxose interese naqueles que facían distinción entre o cerebro feminino e o masculino. Con guía do profesor, fixéronse enquisas para saber como reaccionaban homes e mulleres nunha mesma situación.
5.Traballo.
Expónse aquí o amosado na cartelería:
Óese falar con frecuencia dunha compaixón do home pola muller no sentido de que ela ten que facer tarefas propias da maternidade.
Temos disintas psicoloxías e constitución, polo tanto, existen diferencia emocionais e ademais de conducta que teñen un orixe cultural.

ORDE FÍSICO E BIOLÓXICO

Non só atopamos diferencia na conducta sexual e no aspecto físico.
Novidosos estudos revelan cousas inexplicables dende fai tempo, que agora temos respostas claras, atribuíndo a causa a un desarrolo diferente do CEREBRO ou MATERIA GRIS.
O cerebro da muller, proporcionalmente, é o 10 ou 15% máis pequeno có do home.
As rexións das funcións superiores, como a de linguaxe, están máis densamente conectadas na muller e ademais estas utilizan rexións máis bastas do cerebro.
Nos homes a actividade neurolóxica ocorre en zonas máis localizadas do cerebro e esta máis capacitado para a concentración.
A muller pode facer asociacións de ideas que a un home non se lle ocorrerían; isto é o que chaman “Intelixencia emocional ou intuición feminina”.

Intelixencia emocional ou intuición feminina

As mulleres son máis propensas á depresión: ante recordos tristes, estimulan unha parte do cerebro 8 veces máis grande que un home.
O cerebro feminino identifica con máis precisión emocións axenas.
Tamén plantease que as mulleres son máis hábiles para a linguaxe, xa que empezan a ler e falar antes cós homes.
As mulleres utilizan ambas partes do cerebro para falar ou ler, mentres que os homes só utilizan o hemisferio esquerdo.
As muller poden recuperarse máis facilmente se unha rexión do cerebro queda dañada.
No modo de orientarnos

As mulleres céntranse máis no que encontran polo camiño.
O homes xa son máis precisos, fixándose na dirección e na distancia.

Está cientificamente demostrado que as mulleres teñen máis memoria e superan neste concepto os homes en calquera idade.

Tamén demostraron que o cerebro feminino envellece máis despacio e madura antes.

A miña enquisa.

1.¿Cómo reaccionarías ante unha infidelidade?
2.¿Qué terías en conta a hora de buscar un traballo?
3.¿Cal é o teu entretemento favorito?
4.¿Colaboras nas tarefas da casa?
5.¿Manifestas as tuas emocións?
6.¿Tes memoria para as cousas do día?
7.¿Soles concentrarte nas cousas que fas?
8.¿Es responsable coas túas obligacións?
9.¿Escolles a roupa que compras?
10.¿Que é para ti ser libre?

RESPOSTAS DAS ENQUISAS:

1.As mulleres ante unha infidelidade optan por cortar polo san ou falar con él para aclarar as cousas, mentres que os homes solen cortar con ela e empregar a forza bruta con él.
2.As mulleres a hora de buscar traballo prefiren un emprego ameno e ben pagado, mentres os homes prefiren máis tempo libre aunque paguen menos e as condicións.
3.As mulleres gustanos máis ler e escoitar música, mentres os homes, na gran maioría, prefiren o deporte. Ambos coinciden en que lles gusta saír.
4.As mulleres colaboran máis nas tarefas da casa que os homes.
5.As mulleres manifestan sempre ou case sempre as súas emocións, os homes cóstalles máis.
6.A maíoría das mulleres ten unha memoria expléndida, mentres os homes din que lles costa lembrarse das cousas diarias.
7.As mulleres non se dan concentrado, mentres os homes non lles resulta moi difícil.
8.Pode dicirse que ambos pueden ser igual de responsables se se llo propoñen.
9.Ambos sexos responderon que elexían a roupa que compraban.
10.Mentres que a liberdade da muller é ser independente e non depender de naide economicamente, para un home é facer o que eles queiran sen que ninguén lles impoña nada
6.Distribución.

Outubro: Procura de tema
Novembro: Procura de información sobre o tema elexido
Decembro (e vacacións de Nadal): Por mor do traballo, sen realización de actividade para a feira
Resto Xaneiro: Desenvolvemento principal
Febreiro: Repaso e realización da presentación
Marzo: Últimos retoques.
7.Materiais e Orzamento.
2cartulinas grandes: 2€
15 folios material funxible
8.Descrición.
A explicación máis ou menos dada na feira desenvolvíase:
Vouvos a falar do cerebro masculino e feminino. Como todos sabemos o cerebro masculino supera o da muller en tamaño, aproximadamente dun 10 a un 15%. Pero a muller ten o cerebro mellor estruturado, con máis terminacións nerviosas que lle permite reaccionar mellor ante calquera estímulo e facer asociacións de ideas que a un home non se lle ocurrirían. Isto chámase cientificamente intelixencia emocional ou intución feminina.
As mulleres aprendemos a falar, ler e escribir antes cos homes, e empregamos os dous hemisferios do cerebro; por este motivo tamén se nos sole dar mellor os idiomas. Pero un home, empregando solamente o hemisferio esquerdo orientanse mellor que as mulleres sobre un mapa.

Fixen unha enquisa de 10 preguntas a homes e mulleres para saber como reaccionan ante unha mesma situación. Por exemplo, na primeira pregunta, “¿cómo reaccionarías ante unha infidelidade?” a maioria dos homes respondeu que cortaban e despois pensaban, mentres que unha muller pregunta primeiro e despois pensaba se era mellor cortar ou non. Pero nos hobbys vemos que unha muller prefire a lectura e a música e un home os deportes, pero vemos que a ambos lles gusta salir cos seus amigos.
9.Material.
Ver foto.
10.Conclusións.
O traballo gustou ós autores, conseguindo o primeiro obxectivo. Aprenderon cousas que lles intrigaban desde hai un tempo, sobre todo de psicoloxía. Pode que fora desexable unha maior variedade de ilustración na cartelería. Á xente parecíaque lle gustaba a explicación e punto de vista expresado.
11.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 2.1, básicamente libre de reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto en castelán ou en galego indicando todos os dados da licenza).
Ligazón ó cartel

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.