== atención: é unha versión renovada de "Reflexionando sobre un encontro" ==
O 24 de xaneiro de 2007, no Castell dell'Uovo, Nápoles, tivo lugar a sesion 'From Didactics to e-Didactics', Conferencia aberta de difusión (e tamén de finalización) do proxecto Europeo HeLPS, no que participaba o IES Porta da Auga.
É un nome moi axeitado, este dos 'proxectos europeos', pois na realidade son proxectos de construción de Europa, e non só de colaboración entre entidades de diferentes países europeos cunha finalidade concreta. Hoxe por hoxe, diría que son estes proxectos os que lle están a dar á Unión Europea o corpo da Unión, por maltreito que se atope nestes momentos e diferentes ideas que pululen do que debe ser Europa. Outra cousa é a rendibilidade noutros campos da grande maioría deste tipo de accións ata o momento.
O caso é que o IES leva anos metido en dous tipos de proxectos: os escolares e os laborativos. En canto ós escolares, leva estudado as festas populares no entorno (FestPop), as feiras de Ciencia (Science fairs Throughout Europe, SFTE) e feito intercambios de alumnos. Nos laborativos, son xa anos tamén enviando a estudantes a diversos países a visitar e laborar, e lévase colaborado no desenvolvemento de tres dos chamados 'proxectos piloto', o TES (Teleworking Education system), ISLES (Integrated System to e-Learning Educational Services) e o HeLPS (High e-Learning Professional Skills). Estes dous derradeiros finalizaron o presente curso 2006-2007. Centrándonos no último, HeLPS, ten como produto un conxunto de cursos para formación profesional na área de aprendimento-e, para os que se construiu dende o perfil profesional adecuado ata a estrutura completa dos cursos, dende o deseño básico ós contidos efectivos, integrando no proceso ademáis a construción dun libro (si, construcción colaborando os diversos socios) o reparto de varias revistas electrónicas, xornadas de difusión, etc.
A conferencia citada ó comezo, entre outras intervencións, rematou cunha táboa redonda na que se integraron diversas intervencións e que por manca de tempo non puido rematar, á súa volta, cun turno de preguntas. Aproveitando este feito, plantexo unha visión diferente, que noutro caso tería exposto en Italia.
Comezou a bulirme a idea dunha alternativa a unha interpretación de mercado sobre a educación cando o sr. Giuseppe Zollo mencionou, sen citalo, ideas desenvoltas por Manuel Castells na súa obra 'A era da información'. O caso é que Castells, sociólogo, da un enfoque naturalmente sociolóxico, mentras que Zollo, ó parecer unha persoa ben considerada en Italia, usaba as ideas do libro para darlle un enfoque de base económica á aprendizaxe-e. Así, ó final, tal parece que houbera que considerar a educación a partir do mercado e non a partir das persoas ás que vai dirixida. E funcionalmente para desenrolar traballo e non cunha visión social. É dicir, en función da economía e non da sociedade. A partir da afirmación de Castells de que a tecnoloxía produce novos mecanismos e distribución de traballo, parece que ambos (Zollo e máis eu) chegamos a conclusións diferentes, un confundindo (a eso quería chegar) aprendizaxe-e con formación-e, e o outro, eu, coa necesidade de englobar os dous conceptos anteriores, diferenciados, como partes na educación-e. Quedoume a dúbida de se quería individualizar, separándoa, a didáctica da didáctica-e, como se non foran o mesmo concepto aplicado en xeral ou a un medio particular. Neste intre, e despois de comparalo con outras afirmacións que se están a dar ó lonfo e ancho do mundo, coido que é necesaria unha reflexión non sobre a didáctica a empregar, senón sobre a idea que soporta unha ou outra didáctica.
En canto a didáctica que se está tentando desenvoltar (didáctica ou didáctica-e), caracteriza os procesos, non os resultados. É unha clarificación que quedou clara (valla a redundancia) e que podería (pero non debería) servir para xustificar a falta de resultados en relación a coñecementos e métodos como parte dos resultados da educación. O que non quedou tan claro é que significa 'aprendizaxe' en relación a que significa 'educación', algo que desenvolveu Giuseppe d'Angelo pero dende un punto de vista totalmente aplicado ós medios electrónicos, e que estimo estragou en parte pola confusión entre a adquisición dun novo coñecemento (postura defendida na charla) en contra da construción interna (é dicir, por cada persoa) de ideas e xeitos. É dicir, de novo a confusión entre un fondo de mercado, a formación, e un fondo social, a educación.
Non viu a mellorar a cousa o penúltimo intervinte (e último que non falou estritamente sobre temas e aprendizaxe-e) cando recolleu o xa manido termo 'capital intelectual' das empresas nun contexto no que parecía non existir o que se podería chamar 'capital persoal' ou 'capital social'.
Así as cousas, unha pequena mirada ó mundo, no que a educación está pasando de ser un dereito (contrapesado en xero xeito polos correspondentes deberes) a ser un deber parcial escasamente contrapesado por dereitos tras a oportuna compra da mercadoría. Ti elixes (colaboras a eleción co teu grao de area, polo momento e mentras o proceso non esteña totalmente definido...)
O galego exposto nos cemiterios
-
A Agrupación Francisco Lanza desenvolverá a exposición '*Un percorrido
polos cemiterios de Ribadeo a través do galego*'. Terá lugar na Oficina de
Tu...
Hai 3 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario