XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007
Título:
Bola que levita
Autoría: Francisco José García Fdez
Rubén Vidal López
Grupo: 2º BT
Data entrega: 07/05/08
1.Introducción e Hipóteses.
A curiosidade levou ós autores a saber un pouco mais sobre este tema e desenvoltar unha experiencia vistosa e interesante. Co uso dun secador e unha bóla de ping-pong, fíxose levitar a bóla, sinxelamente con exercerlle unha forza a traverso dun chorro de aire.
2.Pequeno resume.
O que se pretendeu con este proxecto é demostrar como a bóla mantense no aire debido á forza do chorro que envía o secador sobre ela. Para explicalo a base é o teorema de Bernuilli.
That we want to demonstrate with this proyect is to make float a ball with the strength of the hairdrier.
3.Obxectivos.
Decidiuse facer este proxecto porque posiblemente algunhas persoas desconocian este fenómeno, chmativo sobre todo ó observar que se se inclina o chorro de aire, a bóla mantense levitando.
4.Base teórica.
Obter información non supuxo unha grande complicación. A base é o teorema de Bernuilli, pois explica as forzas exercidas e o equilibrio aínda co chorro de aire inclinado.
5.Traballo.
O traballo baséase principalmente no exposto na cartulina. O teorema de Bernuilli, expresión da comprobación teórica e experimental de que "a presión interna dun fluído, líquido ou gas, decrece na medida que a velocidade do fluído increméntase", ou dito doutro xeito, "nun fluído en movemento, a suma da presión estática e dinámica permanece cosntante”, nos explica o por que do manterse levitando pese a estar inclinado o chorro de aire.
Os materiais empregados son poucos, bastando cun secador para provocar unha corrente de aire, e unha bóla de ping-pong.
Bola levitante
6.Distribución.
Este traballo constou das seguintes fases:
Outubro: Comezouse coa procura de información.
Decembro e Xaneiro: Solución dalgunhas cuestións teóricas.
Febreiro: Decisión da explicación práctica.
Marzo: Realización da cartelería e preparación do material necesario para a explicación do proxecto na feira.
7.Materiais e Orzamento.
En canto a material, non supuxo unha gran dificultade, xa que o secador era propio e a bóla de ping-pong tamé. Unicamente se gastou en folios, cartulinas, etc. O prezo das cartulinas e folios foi de 2€.
8.Descrición.
Con este proxecto, do mesmo xeito que todos os demáis, realizouse co propósito de aprender nós, sobre o comportamento dalgúns obxectos, fenómenos, etc. E tamén para que aprendan os demáis, poder explicarlles, tralas nosas investigacións, e á vez, comprender e aprender nós mesmos. Parece un proxecto moi simple, pero resulta ser moi interesante e á vez rechamante.
9.Material.
Aparte dos materiais empregados, explicados no apartado 5, sinxelamente foi levado á practíca na feira, como se observa na foto.
10.Conclusións.
Os autores están contentos co proxecto, sinxelo pero que gustou. Unha suxerencia para a súa repetición é facelo amaior escala, cun ventilador de grandes dimensións, cun gran chorro de aire, capaz de levantar outro tipo de obxecto para que resultase máis espectacular. Con respecto á feira, foi unha experiencia nova, e realmente interesante.
--
Máis información
Ningún comentario:
Publicar un comentario