2021/04/24

Unha nova volta ás Feiras de Ciencia

 

   A wiki As feiras de ciencia na Galiza ten un novo enderezo.

   Esta wiki comezou e desenvolveuse en wikispaces, coa ligazón http://feirasdeciencia.wikispaces.com Ó ser cerrado wikispaces en 2018, a Biblioteca Nacional de España fixo unha copia dela, ó considerala de interese público. Pola miña parte, comecei a traladala de xeito moi lento a mywikis, no enderezo https://feirasdeciencia.mywikis.net Na primavera de 2021, mywikis actualiza o seu epazo, pasando a estar na actualidade aloxada como https://feirasdeciencia.mywikis.wiki, coa páxina principal en https://feirasdeciencia.mywikis.wiki/wiiki/Portada (Portada), onde seguirá a ser mantida como vaia podendo

   Así, pois, recollendo o dito nunha entrada anterior, 'A wiki das Feiras de Ciencia, descargabe de Internet Archive', en diferentes versións as feiras de ciencia na Galiza poden ser consultadas en diversos lugares...

2021/04/13

Halo en Ribadeo

   Onte pola tarde, a eso das 18 horas formouse un halo arredor do Sol, facilitado polas nubes altas (cirros), tenues e frías, de cristais de xeo. Foi abondo longo, cunha duración de cousa dunha hora. Non é un fenómeno rarísimo, pero tampouco moi frecuente o ver unha especie de arco da vella arredor do Sol, cos tonos vermellos pola parte interior e os azuis pola exterior dunha circunferencia que se abre ós nosos ollos un ángulo duns 22º arredor da estrela. Deixo fotos de Goyi Gómez e miñas para ter a testemuña de como se vía a cousa onte. Neste caso non se formou un parhelio, e a primeira foto parece como co Sol descentrado, pero é un efecto da cámara, como se pode ver nas outras.

   Importante: as fotos están sen retocar!









2021/04/11

Feira da ciencia

   Hoxe hai dous anos, estaba facendo un recorrido pola última feria da ciencia de Ribadeo ante pandemia (apuntes da feira, aquí). Queden as fotos de abaixo como testemuña parcial do que hoxe xa se poden chamar 'aqueles tempos' das Feiras de ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo ou antes, no IES Porta da Auga. Non cito ós autores e autoras porque non aparecen tampouco todos os traballos. tanpouco faigo máis comentarios, que a bon seguro, non farían xustiza a moitos dos traballos expostos. A feira foi organizada por Mª Jesús (Susi) Besteiro:

























2021/04/09

As 'Feiras de Ciencia na Galiza', en Internet Archive

    Coa desaparición de Wikispaces, acubillo de wikis, desapareceu tamén 'As feiras de ciencia na Galiza'. Unha copia artellada pola BNE para protexer da desaparición (algunhas) webs en formato wiki en linguas faladas en España, preservou o legado, mais tamén quedou o intento de copia en feirasdeciencia.mywikis.net, aínda en reconstrución, e ata 46 veces na memoria de internet que é Internet Archive. Deixo aquí tamén este último enderezo para quen queira consultalo: https://web.archive.org/web/2019*/http://feirasdeciencia.wikispaces.com

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.