2021/04/13

Halo en Ribadeo

   Onte pola tarde, a eso das 18 horas formouse un halo arredor do Sol, facilitado polas nubes altas (cirros), tenues e frías, de cristais de xeo. Foi abondo longo, cunha duración de cousa dunha hora. Non é un fenómeno rarísimo, pero tampouco moi frecuente o ver unha especie de arco da vella arredor do Sol, cos tonos vermellos pola parte interior e os azuis pola exterior dunha circunferencia que se abre ós nosos ollos un ángulo duns 22º arredor da estrela. Deixo fotos de Goyi Gómez e miñas para ter a testemuña de como se vía a cousa onte. Neste caso non se formou un parhelio, e a primeira foto parece como co Sol descentrado, pero é un efecto da cámara, como se pode ver nas outras.

   Importante: as fotos están sen retocar!









Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.