2007/04/25

exame óptica 2BT


P1. Un raio entra nunha lamela plano-paralela de vidro de n=1,4 dende o aire. Se incide cun ángulo de 45º, calcula a anchura do vidro sabendo que a desviación do raio que sae pola outra beira, respecto á liña que traía o entrante, é de 1mm. Calcula a distancia entre o punto de entrada e o de saída do raio reflectido na segunda cara (ver imaxe)
P2. Unha imaxe fórmase a unha distancia +0,8m en relación ó obxecto, con A=-1. Sabendo que a lente forma unha imaxe cando s=-0,1m, calcula o tamaño e o punto de formación da imaxe neste caso (... lembrar a construcción da imaxe...)
C1. Nunha lente converxente, se a distancia obxecto s1 é máis longa que a focal, cúmprese: a) se s2 = 2s1, entón s'2 = 2s'1, b) se s2 = 2s1, entón 2s'2 = s'1, c) ningunha das súas anteriores.
C2. Un prisma de ángulo de abertura J, en relación a outro de abertura 2J , para un raio con ángulo de incidencia calquera, produce unha desviación no raio (medida en ángulo formado entre a prolongación do raio entrante e o raio saínte): a) metade b) doble c) a relación entre as desviacións é función do ángulo de incidencia.
C3. Queremos formar a imaxe dun obxecto sobre unha pantalla situada a 2m de distancia. a) teremos que empregar unha lente de focal maior que 1m. b) teremos que empregar unha lente de focal menor que 1m. c) teremos que empregar unha lente de focal igual a 1m.
C4. Cun espello cóncavo a) é imposible obter unha imaxe do mesmo tamaño que o obxecto. b) é imposible obter unha imaxe invertida. c) son mentira as dúas afirmacións anteriores.

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.