"Being a physicist requires learning the basic principles and equations
that describe matter, and then performing experiments to test and
possibly push beyond them." (https://www.symmetrymagazine.org/article/finding-happiness-in-hardware)
Sempre crin que non había un só xeito de ser -ou considerarse- 'físico' ou 'física'. a máis de que diferentes partes da física requiren aproximacións diferentes, o desenvolvemento vital da persoa tamén diversifica as diferencias, co que tentar poñer liñas comúns para unificar é unha tarefa ardua e non moi rendible. A cita que traio aquí, de introdución a un artigo, non vai no sentido de definir o 'que é ser', senón máis ben, a aproximación ó mundo que debera estar asociado a unha persdoa que se define como física e científica.
Primeira cousa: Pódese ser 'físico' e non científico? Coido que nominalmente, si, pero entón a verba 'físico' queda como un título de propiedade, non de ser. Como un titulo académico, non como alguén que desenvolve as funcións dun físico (e non, por exemplo, dun docente)
O que nos di a frase que tomo prestada é que 'ser' un físico ou unha física require unha visión investigativa do mundo, unha aproximación á realidade (e non o dí aí, pero eu diríao, á vida) que inclúe a comprensión do estado da arte actual, a súa aplicación e testado e, eventualmente, a mellora dese entramado de coñecemento e da súa comprensión.
Dende hai tempo, dende que a Física acadou a súa maioría de idade, en moitas aulas, considérase cada lei física ou ecuación como produto final, verdade divina, relixión, na procura dunha aprendizaxe e non dunha formación -como parte de educaciṕon- na que o coñecemento sería unha estrutura de servizo útil e nese sentido, protexida, pero presta a ser cambiada ou mellorada se é necesario ou mesmo convinte polo mellor rendemento doutra. É dicir, non unha relixión, senón unha acción continuada de mellora na que cada un comparte cos demáis pequenas ou grandes posibilidades de mellora.
Vense á cabeza, pola comparación da física como unha relixón, aquelas loitas de hai varias centurias entre diversas concepcións do cristianismo e o dito 'a fe sen obras é unha fe morta' (na Carta a Santiago, a partir do cap2, versículo 14, "¿De qué le sirve a uno, hermanos míos,
decir que tiene fe, si no tiene obras? ¿Acaso esa fe puede salvarlo?"). Pois iso, ser físico requeriría unha demostración práctica continuada, o mesmo que a 'fe' non sirve de nada, se é que se considera a súa existencia, de non ter obras que a respalden e sirvan de testemuña. O outro é ostentar un título.
Amáñase un xenocidio sen paz?
-
Amáñase un xenocidio sen paz?
Un xenocidio é un unha guerra a morte contra un grupo concreto. Non
entre dous grupos, senón 'contra un'. Algo que re...
Hai 11 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario