Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Lúa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Lúa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

2021/05/31

Flor de lúa. Eclipse nas antípodas

A Lúa chea, xoves, dende Ribadeo. Foto de Suso Fernández.

   Na madrugada do xoves houbo unha eclipse de Lúa. Viuse dende Norteamérica a Australia e dende o sudeste asiático á Arxentina. Ademáis, foi unha Lúa grande, unha 'superlúa'. Pódese repasar a eclipse en moitos lugares, como aquí.


   Mentres, atopei unha necesidade de explicar algunhas cousas sobre a eclipse. Para comezar, nalgúns lugares anunciábase como un 'evento astronómico dobre, eclipse lunar e superluna'. Unha eclipse de Lúa prodúcese cando a Terra interponse entre a Lúa e o Sol, proxectando a súa sombra sobre ela. Como a Terra é dun diámetro aproximado dobre nque a Lúa, a sombra é maior que o que ocupa a Lúa, co que (ó contrario do que ocorre na eclipse de Sol) o noso satélite queda oculto completamente un bo rato, mentres transita pola sombra da Terra. Mentres, a Terra vai xirando e a eclipse pódese ver dende diferentes lugares do noso planeta. No caso da eclipse de Sol, ó ser semellantes o tamaño aparente da Lúa e o do Sol vistos dende a Terra (os cocientes de diámetro do astro / distancia á Terra son semellantes), no caso de haber eclipse total, é dunha duración case instantánea no máximo, a Lúa tapa malamente ó Sol. Ademáis, en ambos eclipses daríase o caso da Lúa nova perfecta (eclipse de Sol) e Lúa chea perfecta (eclipse de Lúa), que non poden ser vistas precismente deido ás interposicións necesarias para que se dera esa perfección, debido ás eclipses.

   A cualificación de 'Superlúa' (a máis de ser unha esaxeración por non ser tanta a diferenza posible), indica que a Lúavese dun tamaño grande en relación a outras ocasións. Iso indica que está máis achegada á Terra, que está no punto da súa órbita, que é elíptica, máis próximo ó noso planeta, no perixeo (literalmente, 'achegada á Terra'). A Lúa móvese de xeito que o centro da Terra e o da Lúa están a una distancia entre 356 400 km e 406 700 km, co que nos momentos no que está máis próxima, vese cunha superficie cousa dun 30% maior que cando está mais afastada. Asemade, ó estar máis achegada, tamén chega maior cantidade de luz en proporcion semellante, e os efectos das mareas vivas son notados cunha variación de intensidade asemade semellante.

   Nas eclipses, a luz que lle chega á Lúa está refractada e filtrada a traverso da atmosfera terrestre. E, o mesmo que pasa nos amenceres e atardeceres, a atmosfera e as partículas dispersas nela fan que a luz de cores vermellas teña máis dificultade a torcerse que a de cores azulados, co que estas últimas cores saen dispersadas en todas as direccións, mentres os tonos vermellos son os que menos se torcen e chegan á Lúa, que aparece avermellada por ese efecto (chamado 'efecto Tyndall')

2007/07/22

Catro traballos xa vellos sobre eclipses (IV): Eclipses... e eclipses

Publicado en... xaneiro de 2000?
Eclipses... e eclipses
20 de xaneiro de 2000. A poucas horas do eclipse de lúa anunciado para a madrudada do día seguinte, poucas novas había deste evento astronómico. O 21 de xaneiro, pasado o eclipse, rara vez a conversa xirou en relación coa efeméride astronómica.
11 de agosto de 1999. Cando comezou a ocultarse o Sol, non era doado atopar alguén que non soubera o día do eclipse, a hora aproximada e en que consistía. Ese día deu orixe a moitas conversas e moitas outras acabaron xirando arredor do sucedido.
En ámbolosdous casos, o eclipse foi total (en Galicia, o do pasado xullo foi só parcial). ¿Por que entón tanta diferencia de atención dos medios informativos e a xente en xeral?
O sucedido en xuño foi un eclipse de Sol e o do pasado día 21 foi de Lúa. Pode parecer non significativa a diferencia, pero marca boa parte da variación no tratamento dos medios informativos e tamén da atención xerada socialmente.
Por exemplo, os eclipses de Sol son só visibles de dia, cando hai actividade, pois implican ve-la ocultación do sol detrás da Lúa. Polo contrario, os de lúa son o efecto producido cando a terra lle tapa á Lúa a luz que lle chega do sol, e polo tanto, o noso astro ten que estar situado en medio. é dicir, se vemos a Lúa, témolo difícil para ve-lo Sol. Que un tipo de eclipses suceda de dia e outro de noite facilita que mentres un chama a atención da xente de xeito forzoso, o outro, polo contrario, leva que teña que facerse en xeral un esforzo para poder observalo.
Pero a anterior non é a única razón. O tamaño do disco que fai sombra da Terra é máis de 13 veces o tamaño do círculo lunar que nos tapa o sol. O anterior produce varios efectos. Así, fai que para un lugar da Terra determinado, a duración dos eclipses de Lúa sea maior. É dicir, a Lúa tarda máis en atravesar a sombra da Terra que o tempo que un punto da Terra sofre a sombra provocada polo noso satélite ó seu paso entre ela e o Sol.
Hai máis. Suceden moitas máis veces eclipses totais de Lúa que os correspondentes de Sol. E polo tanto, que se podan observar moitos máis (do orden dun 50%) eclipses de Lúa. Dito doutro xeito, son máis correntes. E tamén son visibles dende a meirande parte do planeta, mentras que as ocultacións solares son divisadas dende franxa abondo limitadas para o tamaño terrestre. Por outra parte, o noso satélite, coas súas fases, ténnos axeitados ás suas metamorfoses, e non constitue ningunha rareza non velo no ceo.
Outras diferencias, como que o eclipse de Sol a simple vista produza un mordisco nítido no borde do disco solar, ó mellor non chama moito a atención. ¿Por que había de chamala? Porque a parte oculta nun eclipse de Lúa vai diminuíndo de intensidade luminosa pouco a pouco. Nembargantes, ese efecto foi o signo que denotou que a Lúa non tiña atmósfera en cantidades apreciables.
O próximo 16 de xullo a Lúa volverá a desaparecer da vista de parte da Terra. Pero esa vez non nos tocará a nós observala. Dentro dun ano, nas primeiras horas da noite do 9 de xaneiro de 2001, si poderemos voltar a facelo. Será o primeiro eclipse do próximo milenio, e a unha hora moi apropiada. ¿Estará despexado?
-- 

Catro traballos xa vellos sobre eclipses (I): Antes dunha eclipse

Foron pulbicados no El progreso/a Mariña nas datas indicadas, e forman unha 'triloxía+1' referida a dous eclipses, un de Sol e outro de Lúa:

Antes dunha eclipse (08/08/1999)
O próximo 11 de agosto vai ter lugar unha eclipse. Será de Sol e total, a último do milenio. Espectacular, pero, na nosa Terra, parcial.
O anterior é un resume das noticias que se poden escoitar e ler estes dias na prensa. Nun acontecimento asi (“espectacular”) non debera de chegar con estes dados, presentados como noticia máis que como información, máxime cando moitas veces veñen acompañados de afirmacións inexactas ou incorrectas.
¿Que é unha eclipse? Tirando de dicionario, pódese saber que ven de “desaparición”, tendo como sentido na actualidade o proprio de desaparición, a evasión ou ausencia de algo ou alguén. En astronomía, é a ocultación transitoria, total ou parcial, dun astro ou a perda da sua luz prestada, por interposición doutro corpo celeste (do dic. da R.A.E.)
Dende a Terra poden darse dous tipos de eclipses. Un, o que ocorre cando a terra pasa entre lúa e sol, no que non lle chega luz á Lúa, á súa totalidade ou a unha parte, e polo tanto non se ve, xa que depende da luz do sol para poder ser vista: é a eclipse de lúa, total ou parcial. Outro, o que sucede por interposición da Lúa entre Sol e Terra, co que parte ou toda a luz do Sol non chega de xeito directo a un punto concreto da Terra: a eclipse de Sol.
Coloquialmente, no sentido non astronómico de eclipse, pode dicirse que o Sol ou a Lúa son eclipsados cando as nubes se interpoñen e non permiten a súa visión. Mentras que as eclipses astronómicas predícense con antelación de séculos unha vez coñecida a mecánica celeste (os movementos planetarios) estas outras ocultacións son aleatorias polo carácter das mesmas nubes, e ademais permiten tempos de difusión parcial da luz, o que non ocorre coas astronómicas.
Para que un corpo se interpoña entre outros dous, os tres corpos teñen que estar en liña. Para que suceda un eclipse, tamén o obxecto que se interpón debe ter un tamaño tal que notemos que está en medio. Para entendernos, unha mosca a un metro de nós non nos eclipsa a visión doutra persoa a tres metros: a parte que nos pode tapar dela é demasiado pequena para tela en consideración. O que o tamaño aparente da lúa e do sol sexan semellantes dende a Terra fai que ó pasar por diante poda ocultalo un tempo corto (ata un máximo duns oito minutos), mentres que o paso da terra entre sol e Lúa produce unha sombra de tamaño moito maior que a propia Lúa, co que é posible un tempo de ocultación tamén maior.
Cambiando de tema, das causas ó cando e cánto imos ver, a prensa expón os dados do eclipse para as cidades. Como na Mariña non hai grandes vilas, os que corresponden a esta comarca non saen na prensa. Para Ribadeo, con bastante aproximación a situación é 43º32’N, 7º03’W, e poden obterse os datos correspondentes de xeito facil por exemplo, entre os de Ferrol e Avilés, xa que os tres lugares están cáseque á mesma latitude e Ribadeo centrado entre ambas vilas e non demasiado lonxe delas. Esto da que os tempos nos que sucede a eclipse en Ribadeo serán con moita aproximación a media dos tempos para estas vilas. Refinando un pouco os cálculos, obtemos:
Comezo da ocultación, 08:49:43; fin da ocultación, 11:27:38; máximo da eclipse 10:05:29; parte do sol ocultada 82%; parte de luz directa ocultada 77%.
Ó anterior hai que axustarlle que as cifras teñen un erro máximo dun segundo nos tempos e dunha unidade nas porcentaxes, e sobre todo, que os tempos están dados en TU, tempo universal, polo que, para ter a hora legal, a dos nosos reloxes, hai que sumar 2 horas. É dicir, o máximo da eclipse será cinco minutos e medio despois das doce do mediodía. En Viveiro será cousa dun minuto antes.
Só este último dato, que tarde un minuto entre Viveiro e Ribadeo, da que pensar. Volveremos a falar do tema.
-- 

2019/07/04

A Lúa móvese!

A foto a continuación representa o movemento aparente no ceo da Lúa á mesma hora durante os 28 días dun ciclo solar. É unha mostra evidente non só da rotación da Lúa arredor da Terra (vense as fases), senón da inclinación da órbita luar fronte á eclíptica e da diferente velocidade da Lúa en diferentes fases da súa órbita. Todo, claro está, a máis da beleza da foto.
Foto: un mes de ciclo lunar, tomada de Alessandro Di Masi Sanergía
Algús datos sobre  movemento da Lúa:
Raio medio órbita 384 400 km
Excentricidade órbita 0,0549
Período orbital 27 d 7 h 43,7 m
Inclinación orbital 5,1454°
Precesión do nodo (tempo que tarda o plano da órbita en completar unha volta arredor do eixe sobre a eclíptica) 18,6 anos
Precesión apsidal (tempo que tarda o punto da órbita máis preto da terra en dar unha volta arredor da órbita) 8,9 anos
Ciclo de fases 29,8 días terrestres
Variación da distancia Terra-Lúa 27,3 días
A Lúa vese cunha variación máxima de tamaño do 14 % entre os momentos máis próximos á Terra e os máis alonxados

2021/03/25

Que a Terra non sempre rota coa mesma velocidade?

   Unha nova do correo da ESA lembroume unha cousa que en xeral se pasa por alto e non se lle dá importancia: a rotación da Terra varía mi pouco no tempo, pero varía. Non é constante.

   A principal variación a longo prazo está asociada ás mareas: a Lúa (tamén o Sol, pero moito menos) ó producir ás mareas leva a un movemento da auga e a un rozamento desta coa superficie sólida, ralentizando o xiro ó ser o xiro da Lúa arredor da Terra moito máis lento (velocidade angular da Lúa na súa órbita) que o da Terra arredor do seu propio eixe (velocidade angular da rotación terrestre).

   Pero non é o único efecto a considerar, nin todos os efectos son para diminuír a velocidade angular e alongar o día: o derretemento do xeo das montañas actúa acortando a duración diaria, ó diminuír o radio medio de xiro da materia terrestre (diminúe o momento de inercia, e por conservación do momento angular, a velocidade angular aumenta). Tamén, a un prazo moito máis curto que a idade da Terra, actúan os cambios debidos a que a órbita da Lúa non é circular arredor da Terra, co que en consecuencia (conservación do momento angular) a velocidade angular da Lúa non é constante, nin a súa distancia á Terra, coa súa influencia na velocidade da auga e a cantidade de auga, e polo tanto, na velocidade de xiro do conxunto terrestre.

   Pero é que aínda hai máis. Están, por exemplo, os movementos debidos ós terremotos, desprazando masas de terra e variando o xiro en consecuencia, ou o derretemento de xeo e neve sobre a terra, que como foi dito máis arriba, vai parar ó mar e distribúese en toda a superficie, non só a unha distancia do eixe da terra equivalente á que estaba antes de derreterse, e fai variar o momento de inercia, ou a dilatación da auga, que tamén fai que o líquido se redistribúa pola superficie...

Desprazamento do terreo no terremoto citado.
Obtida do artigo referido.


   Efectos todos eles moi pequenos, pero que na actualidade poden observarse e estudarse. Incluíndo correntes oceánicas, ventos atmosféricos ou actividades humanas. Fenómenos que por certo tamén poden contribuír a variar lixeiramente o eixe terrestre.

  Custa pensar que cando a Terra se solidificou, o que chamamos hoxe 'un día' tiña entre seis e oito horas de duración, e un 'ano' consistiría en máis de 1000 amenceres e atardeceres. Hai dez anos, un terremoto de magnitude 9,0 en Xapón, de seis minutos de duración (e que causou mortes e destrucción), tamén acurtou a duración do día en 1,8 microsegundos (millonésimas de segundo) e cambiou a posición do eixe do corpo da Terra -a liña imaxinaria arredor da cal se equilibra a masa do mundo- uns 17 cm. (Nota: o eixe do corpo é o eixe de equilibrio de masa da Terra, mentres que o eixo de rotación oscila arredor del.)

   E unha cousa práctica: por que se ocupa a ESA diso? Pois, a máis de pola súa interese científica, por intereses prácticos como a boa sincronización e optimización do funcionamento dos satélites, precisando máis a súa posición en relación ás nosas cabezas e ás estacións de seguimento, e mellorando polo tanto a comnicación.

2022/06/11

Da XXVII Feira da Ciencia e Tecnoloxía

    A primeira feira de ciencia e tecnoloxía postpandémica de Ribadeo, 27ª edición, 2022, só pode cualificarse como un éxito atribuíble ós alumnos liderados por Mª Jesús Besteiro. Chega con falar cos alumnos participantes para pulsalo, pois non só son os artífices senón tamén os beneficiarios directos. Por suposto, a xente visitante coa que puiden falar tamén ten unha opinión semellante. Mágoa que xa rematara e, se non pasaches polo IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, xa non tes oportunidade, pois xa pechou. De calquera xeito, aquí deixo un pequeno apunte que pode servir de sucedáneo. Da nota de prensa enviada ós medios a algún vídeo de explicacións, pasando por fotos e mesmo unha exposición externa que complementaba o feito polos alumnos.

    Aquí queda:

Das Catedrais á Lúa na XXVII Feira da Ciencia do IES Ribadeo Dionisio Gamallo

Ribadeo, 9 de xuño, 2022. No IES Ribadeo Dionisio Gamallo non quixeron rematar este curso de volta á normalidade sen celebrar a Feira da Ciencia e Tecnoloxía, unha actividade emblemática que xa vai pola XXVII edición e que baixo o lema “Das Catedrais á Lúa” inclúe traballos moi diversos, algún dos cales xa foron presentados en Coruña, no Día da Ciencia na Rúa.

O alumnado de 1º ESO explica a relación entre a alimentación e dentición nos vertebrados. Para iso amosan cranios de vaca, corzo, cabalo can, tigre, porco, xabaril e coello indicando as principais características dentarias dos herbívoros ruminantes e non ruminantes, dos carnívoros, omnívoros e roedores. Tamén animan a loitar contra a avespa asiática facendo trampas e atraínte caseiro para atrapar ás raíñas da velutina, unha especie invasora que pon en perigo ás nosas abellas.

Por outro lado, o alumnado de 4º ESO, presenta dende traballos elaborados en tecnoloxía coma hoteis para insectos polinizadores ou paradoxos mecánicos ata traballos de xeoloxía, concretamente da Praia das Catedrais. Reproduciron en pasta de modelar faias, grutas, túneis rochoso, ollos, arcos e farallóns e con eles amosan as distintas fases de evolución do cantil e o retroceso da liña de costa. A visita complétase coa exposición titulada “Mulleres que nos levaron á lúa” cedida pola unidade de Igualdade da Universidade de Vigo coa que se trata de visibilizar o traballo das mulleres que hai cincuenta anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa. Coa axuda da Comisión de Igualdade, as alumnas de 1º ESO fan un repaso pola biografía de mulleres como Annie Eeasley, Jeanne Lee Crews, Mary Sherman, Rita Rapp ou Christine Darden. Trátase de mulleres enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que tiveron como misión vixiar e preparar os cálculos de traxectoria do Apolo XI, fixeron de computadoras humanas, deseñaron a alimentación axeitada para os astronautas, descubriron novos combustibles ultralixeiros así coma outras moitas contribucións sen as cales non sería posible o lanzamento exitoso da nave e sen embargo non aparecen nos libros. Deste xeito, promóvese a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, foméntase a atracción das nenas ribadenses cara á ciencia e as enxeñarías e divúlgase o saber porque “os bos costumes non poden perderse”.

-

Vídeos e outro material:

Sobre o centro de gravidade:

Hoteis de insectos:

Rochas sedimentarias:

A formación das Catedrais:
Dentición dos ruminantes:
Dentición herbívoros non ruminantes:
Dentición dos omnívoros:
Dentición dos carnívoros:
Dentición dos roedores:
Trampas de velutina:

Sobre o electroimán
E complementos: exposicións. A primeira que deixo en baixo, a única externa, compleméntase coa entrada na Galipedia 'Mulleres na NASA', aínda que as mulleres das que trata non só traballaron coa NASA.










 


 E outros murais e exposicións, novas ou xa integradas no IES (non poño o museo de ciencia, que queda para outra):

Complemento: ciencia, muller, esforzo.


Unha mirada matemática, exposición doutros anos no IES




2013/01/05

Unha vista astronómica

Foi no Nadal. A imaxe está collida da ESA, e presenta Xúpiter e os seus catro satélites galileanos á vista preto da Lúa case chea ...

O tamaño do diámetro de Xúpiter é dunhas doce veces o da Terra (unhas 48 veces o da Lúa), e a distancia, na foto, uns 600 Mkm, unhas 1 700 veces a distancia á Lúa. Isas relacións fan que a Lúa se vexa abondo máis grande que Xúpiter (unhas 30 veces)

2007/04/22

Mareas na ría de Ribadeo


XIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
primavera 2007




Título: Seguemento das mareas na ría de Ribadeo






Autoría: Arturo Linares e Daniel Gallo
Grupo: 1ºBT
Data entrega: 07/04/11
1.Introdución e Hipóteses.
A realización deste traballo foi inspirada polos desexos de afondar nos coñecementos sobre o comportamento das mareas, neste caso concretantemte nas mareas da ría de Ribadeo, ademais de para descubrir de que forma inflúen a Lúa e o Sol no comportamento destes fenomenos naturais.
Para levar a cabo este traballo realizaronse tres pasos básicos, que foron os seguintes: en primeiro lugar procedeuse á extracción de información (medicións, explicación teórica...), o seguinte foi a elaboración do traballo en xeral e por último contrastatáronse os datos e elaborouse o traballo final.
2.Pequeno resume.
Este traballo consiste básicamente en explicar o fenómeno das mareas, e facer un seguemento destes movementos na ría de Ribadeo.
What it has been done here is a study about the movements of the tides and a graph with the movements of the tides in Ribadeo´s stuary.
3.Obxectivos.
Amosar as variacións das mareas ó longo do mes de Febreiro e o porque destas variacións. Asi mesmo notificar algunhas curiosidades sobre este tema.
4.Base teórica.
As mareas oceánicas son causadas pola forza da gravidade, pero non é sinxelamente que a Lúa atraiga á auga do mar cara ela, senón que o Sol tamén intervén. Ademáis, ao tempo que a Lúa separa a auga por un lado, tira da auga cara o outro lado, e así explícase por que hay dúas mareas ao día. A diferenciación entre mareas vivas e mortas explícase mediante a alineación dos tres corpos celestes (Terra, Lúa e Sol): cando estes estan alineados, prodúcense as mareas vivas, máis grandes que as mortas, producidas cando están en cuadratura (formando un ángulo recto coa Terra no vértice).
Dicir tamén que existen mareas terrestres, que funcionan do mesmo xeito que as acuáticas.
5.Traballo.


6.Distribución.
Outubro: Ideouse o proxecto e planificouse a realización do mesmo.
Novembro: Foise a medir periódicamente
Decembro e Xaneiro: sen realización.
Febreiro: Tomáronse medicións e conseguíronse datos doutras fontes.
Marzo: Elaboración do traballo para a exposición.
7.Materiais e Orzamento.
Una corda sen custos reflexados.
Un peso aproveitado dun obxecto que estaba por casa.
Blok de notas 0.99€.
Un metro de medidas 2€.
2 cartulinas 0.80€ .
8.Descrición
Neste traballo o que se fixo foi levar acabo un seguemento das mareas na ría de Ribadeo o longo do mes de Febreiro, para o que tomando como punto de referencia o espigón, procedeuse a realizar as medicións mediante unha corda con medidas cada 10 cm e un peso atado nun dos seus extremos. Tras obter os datos necesarios procedeuse á elaboración dunha gráfica. Tamen se incluiu unha sinxela explicación sobre os distintos tipos de mareas e os seus efectos ademáis de mencionar o fenómeno da gravitación universal. Finalmente, tomáronse distintas fotos do lugar dende o que se sacaron as medicións para ilustrar o proxecto.
9.Material.
A imaxe dispoñible foi presentada no punto 5.
10.Conclusións.
En xeral hai satisfacción co resultado. Serviu para decatarse da grande variedade de tipos de mareas que hai e que se puideron descubrir.
--
Ver tamén o cartel de 'mareas' noutra vista.

2023/06/04

A Lúa en Ribadeo

    Non me fixara en que a Lúa remata de pasar pola fase de chea. Unha foto de Suso Fernández, tomada dende Ribadeo, ven de lembrarmo. Déixoa recortada:

    A Lúa chea foi esta madrugada de 4 de xuño ás 5;42 horario de verán (UTC+2).

2007/07/22

Catro traballos xa vellos sobre eclipses (III): ... E despois da eclipse

... e despois da eclipse. (20/08/1999)
A eclipse pasou. Vímola e agora é tempo de falar dela coa experiencia do observado e a reflexión sobre o que vimos. A pouco que apliquemos o sinxelo enunciado anterior estaremos empregando o sentido común e tamén en liña co método científico: dalgún xeito nos preparamos, formámonos unha imaxe previa do que ía pasar e por que, logo fixemos a observación, e por último pasamos á fase de comentario, reflexión e análise. 
Nesta, podemos encadrar os feitos en diversos ámbitos. 
O primeiro está relacionado con se a vimos ou non. En Ribadeo, ate xusto despois de rematar, o ceo permaneceu descuberto con pouca brétema e algunha nube de pouco grosor que case non enturbiaron a vista. Resultou un feito chamativo e buscábase velo, solicitando ós coñecidos que tiñan algún aparello ou método un rato de observación. Nalgún caso, nembargantes, pasouse do asombro promovido de xeito previo polos medios de comunicación á decepción, cansancio ou desentendemento: despois de ser notoria a ocultación, buscábase "vela ben" e había quen dicía estar desencantado por non quedar a oscuras. De calquera xeito, quen máis, quen menos, sinteu, por exemplo, un lixeiro viruxe e a falta de luz, equivalente a un atardecer. 
Empregáronse diversos métodos para mirar: a través de vidros de soldadura ou gafas ad hoc para a ocasión, proxectando o sol a través dun furado nunha cartulina ou por medio dun espello nunha parede, reflexado na auga... mesmo a través dun pequeno furado "construído" coas mans. Si, coas mans podíase facer un orificio polo que proxectar sobre o chan ou sobre un papel a eclipse. Como consecuencia de buscar a solución máis doada acabáronse no contorno os cristais de soldadura ou as gafas especiais. Por descontado, tamén se usaron métodos non adecuados, como o ollar a través de radiografías. 
Ó mirar, unha diferencia da que se percatou a xente foi que, segundo as características do método usado, á fin da eclipse os ollos podían estar molestos. Eso pasoulle aínda a xente que empregou métodos recomendados, pero usando características erróneas, como vidros de filtro de soldadura dun grao inadecuado. Outra diferencia que se notou foi que, segundo o método, a imaxe parecía como dereita ou invertida. Outra máis, que para as observacións a través dun obxecto, segundo o tipo de filtro, o evento aparecía de diferente cor.
Curiosidades máis achegadas á propia astronomía son a observación que que a lúa seguiu unha traxectoria recta, deixando sempre ó descuberto a parte inferior dereita (ou superior esquerda, segundo o método de observación) do sol, co que pode dicirse que o efecto foi de "pasar por enriba". Tamén foi de maior significación neste sentido observar que a liña entre sol e sombra era nítida, mentres que o borde externo solar non o é nunca, senon que vai diminuíndo a súa luminosidade de xeito progresivo. Polo mesmo motivo, os picos da figura que se vía non eran puntiagudos, senón redondeados. 
A eclipse é un caso particular de ocultación: así se chama cando un corpo celeste oculta a outro. A lúa, no seu recorrido cáseque mensual, oculta unha e outra vez diversos astros. Todas as ocultacións chaman a atención. E non só elas: as chuvias de estrelas como a das perseidas, os días no entorno da eclipse deron tamén que falar, motivando que máis dun preguntara se hay relación. A astronomía ten un montón de aspectos interesantes. E, se despois de todo non te interesa máis que os eventos deste tipo, ánimo. En menos dunha decea de anos poderemos observar outra eclipse, se ben en condicións menos favorables que neste caso. Ó fin e o cabo, as eclipses pódense producir dúas veces ó ano (tanto as de sol como as de lúa)
-- 

2007/01/09

A Lúa entra no Sistema Internacional de unidades

Esa é anova: Para evitar incidentes como o que precipitou unha nave contra o chan en Marte, a NASA declarou que tódalas misións á lúa usarían exclusivamente o SI (premer para ver a nova en inglés). Xa estamos máis achegados á normalización. Por certo, non deixa de ser interesante o mapa que aparece na nova cos países con preponderacia do 'sistema inglés'.

2009/11/01

Unha foto na Lúa

Deixo a foto (da Lúa, no sitio da primeira alunizaxe) adxunta como unha curiosidade. Collina a partir dunha entrada (http://www.cienciakanija.com/2009/10/31/lro-echa-un-vistazo-mas-de-cerca-al-lugar-del-aterrizaje-del-apolo-xvii/) que a collera do material libre da NASA. Na entrada de referencia e na NASA poderanse ver consideracións diversas, pero botei en falta un estudo ou recoñecemento do camiño dos astronautas nos seus paseos, algo que aparece claramente na fotografía e do que non aparece rastro na literatura.

2021/06/10

Hoxe, eclipse de Sol

   En Ribadeo, o máximo da eclipse será ás 11:45, hora oficial, comezando ás 10:55 de forma practicamente inobservable. E, dun xeito aproximado, poderá verse así (no máximo):

   Hai que ter en conta que, de poder velo, o brilo resalta sobre a escuridade, co que a apariencia da parte eclipsada (cousa dun 15 %) será aínda menor.

   Esta é unha nota breve. E, o primeiro, lembrar mirar o Sol con protección ou de xeito indirecto, a unha proxección del. No blog hai diversos sitios onde especifiquei como facer par observar unha eclipse.

   Nestas terras só será parcial, mentres noutros lugares poderá chegarse a ver como anular, é dicir, como un anel luminoso arredor dun centro escuro, a sombra que proxectará a Lúa sobre o seu centro. Pola nosa posición, a Lúa quedará descentrada en relación ó Sol, observándose só que tapa un pouco unha beira. Claro está, só será visible se as nubes o permiten, e a diminución de luz non será abondante, polo que, de non permitilo, pasará inadvertido.

   E, para saber máis sobre a eclipse de hoxe, unha páxina que está abondo ben é https://www.tiempo.com/ram/10-de-junio-de-2021-eclipse-anular-de-sol_amp.html, e un libriño libre de referenza sobre as eclipses pode ser este: https://www.iac.es/system/files/documents/2019-09/eclipses.pdf

   A máis, claro, dos documentos no blog sobre eclipses ou na Galipedia...

2015/03/20

Actividades para a Eclipse de Sol de 2015 en Ribadeo

En tres fases:
1.Aviso


Nota de prensa
20150314


Actividades para a observación da eclipse de Sol en Ribadeo


O próximo mércores 18 de marzo a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da Eclipse de Sol do 20 de marzo. A charla será a partir das 20:00 horas.

Falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que mirar ó Sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista.

A charla será a preparación para a observación da eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes.

Como adianto, dicir que o comezo da eclipse será ás 9 e 7 minutos , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as tres cuartas partes do Sol non se poderán apreciar.

Aínda que está prevista a observación por un grupo de coñecidos, a asociación non organizará unha observación dirixida pola dificultade de mantemento entre a xente de condicións óptimas que non danen a vista e a responsabilidade que leva consigo.
2.Preparación
Diapositivas usadas na charla: http://www.slideshare.net/Agremon/a-eclipse-de-sol-de-20-de-marzo-de-2015-en-ribadeo



3.Despois de
En Ribadeo pasou a eclipse 'sen pena nin gloria'.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto e coa mesma nubosidade.
A próxima eclipse de Sol en Ribadeo? En agosto de 2017, veremos unha minieclipse onde o Sol quedará reducido só un 12%.
As de Lúa, máis frecuentes, terémolas tamén máis preto: o 4 de abril haberá unha, pero non será visible dende as nosas casas. A que si será é a da madrugada do 28 de setembro, en seis meses. Total, como moitas das eclipses de Lúa. Unha animación dende https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/78/Animation_September_28_2015_lunar_eclipse_appearance.gif
Noutro blog: Preparación para esta eclipse de Sol
A eclipse de Sol de 2005
--
Posterior: http://www.gciencia.com/apod-galego/unha-eclipse-dobre-de-sol/ :

2012/10/09

Clase de astronomía ó natural

A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada á clase coincide co amencer, e de xeito direto ou a traverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o ceo, dende Ribadeo ou outro lugar.
A pasada lúa chea, antes de meterse no horizonte oeste, serviu como telón de fondo a unha clase de astronomía a primeira hora da mañá. Tres conxuntos de tres liñas paralelas que se ven corresponden ó refrexo da iluminación interior. O movemento da lúa foi patente ó longo da clase, a visión dos cráteres, terrae e maria máis vívida ...

O amencer polo leste, cos ceos de tonos de lume. Os edificios, do fin do Xardín á esquerda, ó fin da avenida de Galicia, á dereita, marcan a silueta por baixo das nubes, fácilmente caracterizables.

Aquí parece que o lume queda pola outra beira do edificio do fondo, ou aínda da outra beira da ría. Á esquerda, a parte vella do edificio e no ceo á dereita, nubes máis obscuras.

O Cantábrico comezando a ter o tono de mar polo día. Cara á dereita, a Casa do Óptico co seu gurugú. O horizonte (no mar a uns 18 km, calculado pola redondez da Terra) é craro e palpable a variación da atmosfera coa altura.

Xa amencido, o Cantábrico segue ó fondo, aínda que non haxa contraste co ceo por riba de Vilaselán, fai aparecer nubes, clásicas e producidas algunhas por avións (propiciando o ensino da atmosfera húmida ou seca ...)

A máis de no IES, ceos en Ribadeo hainos ... a semana pasada collín este arco da vella por riba da torre da igrexa, dende diante do Rosa-Lar. Demostrado: aprender é algo que se pode facer en calquera lugar.

** entrada participante no 'Entroido da Física/Carnaval de la Física', edición outubro 2012, soportada polo blog 'Últimas noticias del cosmos' **

2022/01/07

O ceo esta semana de xaneiro

    Remato de velo en Twitter do Real Observatorio de Madrid e non me resistín a darlle difusión aquí. A imaxe-montaxe é moi expresiva. Ó anoitecer, Mercurio achegarase a Saturno ata o día 13 de xaneiro de 2022, ó tempo que se afasta do Sol, podéndose ver mellor cada vez, ata que reotrne de novo cara ó Sol despois de acadar a máxima distancia aparente dende a Terra. Un pouco máis lonxe, Xúpiter, e logo, a Lúa, que seguirá a medrar afastándose do Sol no seu paso polas constelacións de Pisces, Aries e Taurus, estando o día 13 sobre Aldebarán a estrela máis visible desa constelación, e por baixo das Pléiades (que non están reseñadas no esquema). As tres Marías, o cinto de Orión, estarán apuntando a ambos, coma sempre, e polo tanto, tamén á Lúa ese día. Un tempo para aprender as posicións no ceo  a máis de desfrutar del, se a temperie acompaña.



2019/02/20

Lúa chea

O mirar á Lúa chea con ceo despexado é un espectáculo. En Galicia os ceos cubertos fan imposible moitas veces o poder desfrutalo. Esta noite pasada foi un deses días nos que o noso satélite deu de si a súa beleza. Tomo prestada unha foto dun amigo, Suso Fernández, como mostra.

2009/08/23

Algo que se propaga sobre astronomía ... e é falso

Unha vez máis paso a desmentir unha nova sobre o 29 de agosto e Marte.
Xa me chegou por diversas canles, e mesmo apareceu nun artigo da Comarca deste fin de semana un bulo que circula por internet dende hai 5 anos dunha suposta visión espectacular de Marte.
Ben, no 2003 Marte tivo unha proximidade á terra tal que non se dará en un par de miles de anos. Ise encontro, que non foi cousa dun día, senón que foise achegando pouco a pouco e logo separando tamén pouco a pouco ó longo do ano, produxo unha visión de Marte espectacular, o que quere dicir que se vía como unha pequena canica no ceo, cunha superficie aparente deceas de veces inferior á da Lúa.
Dende aquela tódolos anos ó achegarse esta data me chegan diversos correos, mesmo con presentación incluída como un que remato de abrir hai un cacho, anunciando unha visión de Marte cun tamaño semellante ó da Lúa para o 29 de agosto do ano correspondente. Remítome ó que puxen antes e ó sentidiño común, e deixo algunha ligazón entre os miles que hai, para quen queira profundizar:
http://www.astrogea.org/foed/efemerides/2003/marte.htm
http://www.astronomia2009.es/Noticias_AIA-IYA2009/Marte_tan_grande_como_la_Luna_-_aNO_te_dejes_enganar.html
http://www.lunanueva.cl/index.php?option=com_content&task=view&id=278&Itemid=229
http://surftitan.blogspot.com/2009/05/marte-se-vera-como-la-luna-llena.html
http://blogs.diariovasco.com/index.php/bigbang/2009/07/13/imarte_tan_grande_como_la_luna
http://latecnopolis.com/2009/06/marte-no-se-vera-como-la-luna-en-agosto/
http://www.undragon.net/mito-urbano-marte-tan-grande-como-la-luna-en-agosto-27/
http://foro.meteored.com/astronomia/la+luna+y+marte-t3675.0.html
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.