En Ribadeo, o máximo da eclipse será ás 11:45, hora oficial, comezando ás 10:55 de forma practicamente inobservable. E, dun xeito aproximado, poderá verse así (no máximo):
Esta é unha nota breve. E, o primeiro, lembrar mirar o Sol con protección ou de xeito indirecto, a unha proxección del. No blog hai diversos sitios onde especifiquei como facer par observar unha eclipse.
Nestas terras só será parcial, mentres noutros lugares poderá chegarse a ver como anular, é dicir, como un anel luminoso arredor dun centro escuro, a sombra que proxectará a Lúa sobre o seu centro. Pola nosa posición, a Lúa quedará descentrada en relación ó Sol, observándose só que tapa un pouco unha beira. Claro está, só será visible se as nubes o permiten, e a diminución de luz non será abondante, polo que, de non permitilo, pasará inadvertido.
E, para saber máis sobre a eclipse de hoxe, unha páxina que está abondo ben é https://www.tiempo.com/ram/10-de-junio-de-2021-eclipse-anular-de-sol_amp.html, e un libriño libre de referenza sobre as eclipses pode ser este: https://www.iac.es/system/files/documents/2019-09/eclipses.pdf
A máis, claro, dos documentos no blog sobre eclipses ou na Galipedia...
Ningún comentario:
Publicar un comentario