1.Aviso
20150314
Actividades para a observación da eclipse de Sol
en Ribadeo
O próximo mércores 18 de marzo a AVV O Tesón ten
previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para
realizar unha charla sobre a observación da Eclipse de Sol do 20 de
marzo. A charla será a partir das 20:00 horas.
Falarase do que é unha eclipse, as características da
eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que
mirar ó Sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista.
A charla será a preparación para a observación da
eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes.
Como adianto, dicir que o comezo da eclipse será ás 9
e 7 minutos , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse
de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as
tres cuartas partes do Sol non se poderán apreciar.
Aínda que está prevista a observación por un grupo de
coñecidos, a asociación non organizará unha observación dirixida
pola dificultade de mantemento entre a xente de condicións óptimas
que non danen a vista e a responsabilidade que leva consigo.
2.Preparación
Diapositivas usadas na charla: http://www.slideshare.net/Agremon/a-eclipse-de-sol-de-20-de-marzo-de-2015-en-ribadeo
2.Preparación
Diapositivas usadas na charla: http://www.slideshare.net/Agremon/a-eclipse-de-sol-de-20-de-marzo-de-2015-en-ribadeo
3.Despois de
En Ribadeo pasou a eclipse 'sen pena nin gloria'.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto e coa mesma nubosidade.
A próxima eclipse de Sol en Ribadeo? En agosto de 2017, veremos unha minieclipse onde o Sol quedará reducido só un 12%.
As de Lúa, máis frecuentes, terémolas tamén máis preto: o 4 de abril haberá unha, pero non será visible dende as nosas casas. A que si será é a da madrugada do 28 de setembro, en seis meses. Total, como moitas das eclipses de Lúa. Unha animación dende https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/78/Animation_September_28_2015_lunar_eclipse_appearance.gif
Noutro blog: Preparación para esta eclipse de Sol
A eclipse de Sol de 2005
--
Posterior: http://www.gciencia.com/apod-galego/unha-eclipse-dobre-de-sol/ :
Ningún comentario:
Publicar un comentario