http://ribadeando.blogspot.com
Índice:
0.Posta en escena
1.Base para a implementación:
*Objectivos.
*Expectativas.
*Obrigas.
2.Migración significa:
*Cambio de método.
*Cambio de mentalidade.
*Cambio de plan.
3.Deseño do plan. Pode ser contemplado por:
*Compañías (Administracións públicas, ...) que non desenrolan formación.
*que practican formación presencial.
*que practican aprendizaxe a distancia.
4.Que aprendizaxe-e?
5.Procedementos de difusión e difusión do proceso.
0.Posta en escena
Aprendizaxe-e significa non só ensino a distancia. O seu significado abrangue conceptos e métodos que incorporan diversas ferramentas que están na actualidade continuamente en mellora e / ou renovación. O seu uso é cada vez máis atractivo, mentres que a incorporación de entidades á xestión dun plan de aprendizaxe-e é tamén cada vez máis complicado. Baste como exemplo o obxectivo manifesto de conseguir un método contrastado para que o rendemento dun determinado curso iguale ó presencial, manifestado en data tan tardía como 2004 dentro do resume dun proxecto xa realizado (Lozano 2004).
Por iso, un plan de migración á aprendizaxe-e debe de levar consigo un contínuo cambio e desenvolvemento de ferramentas (tanto materiais como estructurais) e unha avaliación contínua do proxecto e dos cursos específicos fornecidos e/ou xestionados pola entidade.
Preséntanse a continuación algunhas consideracións esquemáticas sobre o tema.
1.Plan de migración.
Asúmese a necesidade e a bondade da migracón entre un tipo de ensino aprendizaxe diferente e a aprendizaxe-e, non entrando nas consideracións que se poden atopar en bibliografía diversa. Asemade, pártese de consideracións parciais e/ou sesgadas, que son as que se atopan comunmente na bibiografía sobre o tema, presentadas por empresas ou entidades con obxectivos e finalidades concretos e particulares, non xeralizables de xeito independente.
Como en toda planificación, cando se contempla unha migración, o plan debe especificar en primeiro lugar os obxectivos para de aí en diante abordar o detalle do cambio.
1.1.Os objectivos contemplados poden ser diferentes dentro dun amplo espectro, e de forma natural, específicos para cada empresa ou administración pública. Con todo, a maioría pode ser clasificado como didáctico / formativos, ambiental1 ou orzamentario.
1.1.1.Comezando por consideracións orzamentarias, o custo de implementación pode ser considerado alto en relación o mantemento dos cursos, pero as estimacións correspondentes varían moito dun proxecto a outro, e non pode considerarse unha liña xeral neste aspecto. Por exemplo, a elección dunha plataforma libre pode significar importantes aforros, pero as relacións con outros apartados non deben de ser deixados a parte. Non se trata de considerar só o custe total de operación de implementación, senón o mantemento ou a adaptación do persoal aos cambios, o mesmo que en calquera outro tema de implantación informática. O concepto do custe total de operación está na base das consideracións para a toma de decisión, pero a migración debe contemplar sobre todo outro tipo de obxectivos, máis que o de aforrar orzamento, contemplar só o retorno da inversión (ROI, return of investiment) ou tratar de procurar o cando e como podemos atopar negocio na aprendizaxe-e.
1.1.2.As consideracións ambientais no interior das empresas significan en xeral o mantemento dunha sinxela 'cultura empresarial' declarada ou non, pero sempre ineriorizada, e normalmente teñen máis importancia que as consideracións orzamentarias, pois implican derivacións sobre os fins do conxunto da empresa. Polo tanto, son básicas á hora de tomar decisións, e a súa influenza é en grande parte, non visible de xeito declarado, senón que se exerce a partir de mecanismos ocultos ou internos da propia cultura empresarial.
1.1.3.As consideracións didáctico / formativas son as máis prácticas das aquí clasificadas, e en xeral o telas en conta en lugar importante aforra tempo na implementación. Neste sentido, aprendizaxe-e pode significar unha mellora da aprendizaxe, sendo fundamentais as condicións de 'factibilidade'2 ('feasability') e 'capacidade de ser disposto para a súa aprendizaxe por aprendizaxe-e' ('e-learningability'). Para a consideración deste obxectivo hai que ter clara a opción didáctica elexida como base, non sendo normal sen outras consideracións (aínda que si posible) pasar dunha concepción non participativa a unha opción de aprendizaxe-e de tipo colaborativo.
1.2.Expectativas
As expectativas están relacionadas cos obxectivos. Entón, por que este párrafo? Porque unha vez especificados os obxectivos, as expectativas poden ser consideradas como 'obxectivos prácticos' que apunten a poñer de manifesto as cousas reais que se contempla cambiar e as que non; en calquera caso, ambas expresións son unívocas no sentido expresado por elas ou cando menos directamente deducibles unha da outra. Así, en diante, considerarei as expectativas como 'obxectivos tanxibles'.
1.2.1.Xa que logo, declarar como obxectivo principal aforros no orzamento de formación, illa e mina o propio valor das consideracións presupuestarias, e leva na maioría dos casos a unha mala implementación dunha solución aprendizaxe-e. Naturalmente, as espectativas nesta dirección poden (e deben) ser consideradas, pero como un aspecto secundario: o orzamento posibilita a migración, pero non pode determinar o como ou cara onde porque é un condicionante, non un determinante.
1.2.2.As consideracións ambientais son obrigatorias. Se unha compañía cambia, o principio didáctico de consideración de circunstancias previas e actuación en consideración a iso3 é unha pedra angular a ter en conta. E iso implica a 'cultura de empresa'. Pode ser unha oportunidade para cambiala, tendo en conta as pertinentes necesidades específicas de análises, pero nunha consideración xeral, é unha base para o cambio, non sendo un obxectivo cambiala.
1.2.3.Os obxectivos didáctico / formativos son a base. Que expectativas se crearon? A partir do uso de utilidades máis didácticas, podemos esperar dun xeito razoable un incremento do rendemento educativo: un aumento da rendibilidade e a posibilidade de extensión do radio de acción formativo a desenvolver, a lugares máis lonxanos ou desconectados por horario. Por todo iso, a vía para comezar unha planificación pode ser:
Onde se consideran de forma illada os temas presupuestarios, condicionantes da realización xeral, pero secundarios no deseño como foi exposto. O esquema anterior anifesta que os obxectivos didácticos deben ser o principio e as espectativas asociadas, o fin, pero ambos están mediatizados por obxectivos e espectativas de tipo ambiental.
1.3.Obrigas
As obrigas correspondentes a unha migración son 'trazables' e están relacionadas máis con expectativas que con obxectivos. E, neste párrafo, podemos separar de forma clara as financeiras e as demais. A dificultade estriba en sinalar as obrigas culturais e didácticas envoltas. É dicir, temos que considerar como obrig todo aquelo que non podemos deixar de facer na migración. Esto ten que deixar un rastro, ser trazable, e polo tanto, ten que ser asemade explicitado no plan.
O anterior inclúe dende o hardware á plataforma LMS, pasando polo deseño ou adaptación de cursos, módulos e contidos particulares, definición da estrutura técnica e da humana, orzamento dispoñible, prazos adicados, elementos que se pretende aproveitar de posibles estruturas anteriores, etc.
Dada a complexidade do proceso, apúntanse como estratexia dúas vías complementarias. A primeira delas é a realización por pasos, non tentado sumar tosods ós cursos previstos a un tempo, senón implantando algún deles que sirva para testear o método e corrixir no futuro erros de concepto, metodoloxía ou hipóteses de partida (Bridge, 2005). Este conxunto de usuarios experimentais, nunha filosofía pragmática, poden servir tamén para facer propaganda da implantación, para o que deben estar ó día da mesma e sentirse implicados no proceso.
A segunda é a utilización en primeiro lugar da aprendizaxe misturada (blended learning) que non só está manifestándose como unha opción normal fronte ó uso único da distancia, senón que nas fases experimentales permite unha corrección de posibles desviacións no ensino a distancia.
Neste apartado é convinte (aínda que non obrigado) tamén ter as miras amplas que son necesarias para a implantación, poñendose no punto de vista do usuario desa formación: “La distancia exige autonomía, libertad, motivación y voluntad” é unha cita aparecida aínda de xeito recente nunha lista de ditribución sobre o tema da aprendizaxe-e á que hai que darlle creto4. Ó fin, afrontar o reto dunha implementación de aprendizaxe-e non é máis que un pequeno punto dos referidos ó avance tecnolóxico que unha volta estudado fai dicir a Castells “(...) Internet é usada con máis frecuencia polas persoas que se sinten máis autónomas respecto á sociedade e ás instituións, e que constrúen os seus proxectos de autonomía en función dos seus propios valores e intereses.” (Castells 2005, p.V)
2.Migración significa ...
En cada empresa, escola ou administración pública, migración significará cousas diferentes, dependendo do estado previo e dos obxectivos pretendidos, pero o importante é deixar claro que unha migración implica en xeral clarificar as circunstancias nas que se realizará en razón do método e a mentalidade, e posteriormente, integralas na planificación.
2.1.En canto ó método
O método pode variar, o que sucede continuamente cunha concepción de implicación de aparellos e programas cada vez máis sofisticados. E iso implica de forma consecuente unha formación previa da xente que deseñará, implementará e xestionará o cambio.
Aquí podemos considerar as figuras profesionais (Gregorio &Gregorio 2006) que intervirán no proceso, en particular alguén que fará as veces de Xefe do Sistema de Aprendizaxe-e (E-learning System Leader). Outras figuras son máis facilmente subcontratables, como o Xestor de Proxectos de Aprendizaxe-e (E-learning Project Manager) e / ou outras que representan para a entidade a opción de asumir todo o proceso de implementación ou non, como os Expertos en E-autoría (Expert in E-authoring) ou Experto Desarrollador de Contidos Avanzados para Aprendizaxe-e (Expert Developper of Advanced Contents for E-learning), sempre usando os nomes adoitados polo proxecto HeLPS5 para os perfís profesionais. Asemade, débese considerar o papel dos titores, desenvolvedores, e outros postos na estrutura que en diferentes organizacións poden ter tarefas diferentes. O método refírese ó deseño do cambio, interno á organización considerada.
2.2.Mentalidade ou punto de vista.
Migración aquí significa só percepción de cambios cun punto de vista semellante desde o comezo ó final. Se a idea mental correspondente ós procedementos non cambia no proceso, iso indica en xeral que o enfoque non é o adecuado.
Unha imaxe para a súa mellor comprensión: se se está tomando fotos dunha cidade desde un avión, e a seguinte sesión de toma de fotos vai ser desenvolvida noutra cidade, é necesario cambiar a situación do aparello, pois pola contra non é posible facer o traballo. Este 'cambio de posición' é só un movemento, mentres que o método de traballo incorpora consideracións semellantes nunha e outra cidades, e polo tanto, serve a propia experiencia previa de toma aérea nunha cidade e a conciencia do cambio de posición.
De forma semellante, para considerar un 'novo' proceso de aprendizaxe-e, necesítase ter en consideración previa unha base intelectual, didáctica, cultural, ... a propia experiencia en traballos de ensino anteriores e a consciencia que incorpora eses elementos con eles (como novas tecnoloxías, etc).
De calquera xeito, entre o bagaxe inicial debe estar a idea e aplicación dunha certa didáctica, así como a base teórica de como aprende a xente e as necesidades da xente a formar e a converxencia das mesmas coas necesidades da organización que procura a formación.
2.3.Plan de migración
Como resultado, podemos falar dun plan de migración. Buscamos integrar consideracións sobre o método e a mentalidade, polo que necesitamos un plan.
3.Deseño do plan
O deseño do plan pode variar, en particular por consideracións sobre a historia anterior de ensino da entidade. tomando unha mínima clasificación en relación ó momento de partida:
3.1.Entidades que non teñen unha experiencia previa en ensino.
Non é unha auténtica migración. É unha implementación totalmente nova, e non representa máis dificultade que a implementación dun sistema de ensino tradicional, aínda que haxa que tomar en conta aspectos máis técnicos e tecnolóxicos.
3.2.Entidades con experiencia previa en aprendizaxe tradicional.
Trátase dun caso típico, que con todo representa unha porcentaxe non demasiado alto das situacións, e en certa forma pode asimilarse en gran parte ao caso anterior, máis que ao seguinte.
3.3.Entidades con experiencia previa en aprendizaxe a distancia.
É posiblemente o caso que representa a maior porcentaxe de situacións entre as entidades que contemplan o seu paso á aprendizaxe-e, e o que representa un maior esforzo de cambio mental, por variación limitada das ideas de soporte.
Un comentario ó caso: fai varios meses, participei nunha confrontación sobre nomes, o nome que mellor puidese designar (en castelán) as características do que in inglés é coñecido como 'e-learning'. Non logamos un acordo e unha parte considerable da xente que interveu defendía o vello 'ensino a distancia', tratando de incluír nesa expresión a aprendizaxe-e non como unha subclase, senón como unha identificación.
Con iso indícase a dificultade de adaptación de vellos esquemas ás novas tecnologías, pois novos métodos necesitan novas expresións e en correspondencia, novos nomes que os designen.
A parte da dita clasificación, debe terse conta de cuestións de sistemática xeral de procesos, como a factibilidade de reutilización de contidos en cursos diversos, por exemplo, vía módulos dentro do curso ou / e usando o sistema de paquetería (vgr., SCORM)
Igualmente, é xa vella unha polémica sobre a importancia relativa dos contidos se se miran en relación ó continente que os encadra, habendo posturas diversas que, contemplando o feito de que os contidos son cruciais, supeditan máis ou menos o esforzo por conseguir unha calidade óptima nos mesmos a outros apartados como o deseño da interface de usuario6.
É ser de moita utilidade poder establecer comparacións ou obter ideas de plans previos que poden rastrexarse en internet de xeito sucinto, como o correspondnete á Universidade de Iowa que aparece na bibliografía (Iowa 2006)
4.Que aprendizaxe-e?
Hoxe, a aprendizaxe-e está nos seus comezos. Non importa que teña xa unha certa tradición, está sendo desenvolvido cara a estender as súas posibilidades en convivencia con estilos de aprendizaxe máis tradicionais á vez que trata de aproveitar novas posibilidades técnicas. Así, a educación non é divisible e naceron métodos como o blended learning, incorparando clases presenciales con outras virtuales e busca dos mellores resultados e adaptacións (ver o xa dito no 1.3). É certo que ás veces a tecnoloxía pode verse envolvida nun ambiente de autosuficiencia que puidese empuxar a crer que asumir outros métodos crea problemas e que a tecnoloxía é a solución. Con todo, contemplando a situación con miras amplas, as novas técnicas, soportadas por novos aparellos e programas poden axudar a resolver problemas pero non todos, sendo aquí onde teñen aplicación conceptos como 'capacidade de ser aprendido' (learningability)
5.Procesos de Difusión e difusión do proceso.
Por pequena sexa unha entidade, é necesario que o persoal se entere un mínimo dos cambio de orientación formativa da mesma, e dos pasos dados para facelo, o que implicará unha mellor comprensión do proceso. Igualmente, é convinte que a organización se implique no cambio para poder facelo mási axeitado, rendible e con menos resistencias.
5.1.Proceso de difusión
Para realizar unha migración, necesitamos un procedemento de difusión no interior da organización implicada. Non dispoñer de tal procedemento arrisca o resultado de todo o proceso, por falta de comunicación e polo tanto, descoñecemento de posibilidades de formación. A este respecto, a existencia dun grupo inicial cultivado particularmente para interactuar no proceso pode axudar á difusión e boa imaxe da implantación como xa foi apuntado anteriormente. Dito grupo debe estar ó día non só sobre o propio curso (Bridge, 2005), senón sobre o proceso seguido, ter un soporte especial como usuarios e ter coidado particular na súa motivación para a aprendizaxe (en particular no sistema de aprendizaxe-e).
5.2.Difusión do proceso
... e fai necesaria unha intervención de retroalimentación para interiorizar os novos procesos, para a súa validación, etc, de xeito que non só haxe acceso á formación, senón a posibilidade de adecuación desa formación.
Para comezar este ciclo de retroalimentacións, plantéxase de novo o grupo de test inicial, pois implicar ós primeiros usuarios nas boas prácticas fai que esteñan mellor dispostos a este tipo de ensino ó coñecer mellor o propio terreo de desenvolvemento, o que permite tamén un mellor uso da tecnoloxía e por tanto, unha mellor valoración do conxunto do proceso.
Bibliografía
Bridge, Lisa. 2005. Five tips for ensuring e-learning success in 2005. http://www.innovativeintermedia.com/articles/e-learning.pdf (accedido setembro 2006)
Castells, Manuel, “La era de la información”, Alianza Editorial, Madrid 2005
Gregorio Montes, Antonio. 2005. La mentalización del alumnado en la educación a distancia (reflexiones sobre el tema). Primeras Jornadas Educación a Distancia Universidad del Salvador (Argentina) http://campus.salvador.edu.ar/pad/file.php/71/tres/tres.pdf
Gregorio Montes, Antonio; Gregorio Gómez, Alberto, “Perfiles profesionales en e-learning (aprendizaje-e)” en VI Congreso Internacional Virtual de Educación, 2006 (CD de actas)
Iowa University. 2006. Project Milestones http://www.uiowa.edu/~provost/elearning/cms_implementation/milestones.shtml (accedido outubro 2006)
Leonard, Shana. 2004. The future of Learning: E-Learning Technology and Online courses. http://whitepapers.silicon.com/0,39024759,60094742p-39000627q,00.htm (accedido setembro 2006)
Lozano, Javier D., 2004, El modelo de e-learning de la Asociación Española para la Calidad, http://www.microsoft.com/spain/empresas/formacion/20040115_modelo_aec.mspx (accedido outubro 2006)
Pervenanze, Pam, 2003. Creating your e-learning strategy. www.e-learningguru.com/wpapers/create_strategy.pdf (accedido outubro 2006)
Viscanti, Maria Amalia. 2006. PROFESSIONAL PROFILE: E-learning Project Manager (internal document in HeLPS Project) http://www.helps-net.org
Woodall, Dorman. 2002. Evaluating e-learning solutions. http://whitepapers.techrepublic.com.com/whitepaper.aspx?docid=94657. (accedido setembro 2006)
1Entendendo por tal tando as estrutura internas como as circunstancias externas á entidade e momento elixidos.
2Enténdase como a capacidade de que algo poida ser realizado. Definido en documento interno do Proxecto HeLPS realizado por Giuseppe d'Angelo.
3Consideración da célebre sentencia de David Ausubel, “atopa o que o estudante sabe e actúa en consecuencia“. Para unha visión xeral sobre o tema, ver http://www.uasb.edu.ec/reforma/subpaginas/visionpanoramica.htm
4Loretto Salvador, correo-e a la lista cuedistancia, 08/11/2006
5Ver, no relativo ó proxecto, http://www.helps-net.org/
6Ver, por exemplo, http://www.foroswebgratis.com/tema-e_learning_en_espana_hablemos_de_contenidos-32478-212802.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario