2013/04/21

Celebrada a XIX Feira da ciencia de Ribadeo

Celebrouse a XIX Feira da ciencia de Ribadeo o 10 e 11 de abril de 2013, como unha 'feira de abril'...
Dúas visións:
1.Asistente, ex-feirante:
Unha ollada á XIX edición da Feira da Ciencia de Ribadeo
Esta última edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, tivo lugar no IES de Ribadeo, de recente creación. Foi emplazada nun espazo máis reducido que outros anos anteriores, mais non por iso, resultou menos interesante e chamativa. O protagonismo levárono principalmente os alumnos máis novos do centro, que explicaban nerviosos e cheos de entusiasmo os seus traballos, pero tamén, algúns rapaces de cursos posteriores contribuíron cos seus proxectos a esta exibición científica.
Moitos dos traballos expostos, versaban a cerca de curiosidades científicas, como por exemplo: “o ovo brincador”, no que se vía o resultado de sumerxir un ovo en vinagre, e como ían mudando as súas propiedades co paso do tempo, había tamén un conxunto de traballos de Astronomía, cos que se explicaba como era o movemento dos planetas e as súa situación con respecto do Sol, pequenos estudos estatísticos, como o que se realizou a cerca da cantidade de froitas que consumían diariamente os habitantes dunha parroquia de Ribadeo e cales eran as máis ixeridas por esta poboación... os alumnos de bioloxía de 4º da ESO, tamén presentaron un extenso e interesante estudo do Río Pequeno. Así mesmo, outras curiosidades da vida cotiá, foron expostas, como un traballo no que se explicaba cómo foran construídas as pirámides exipcias e porque así e non doutro xeito, e no ámbito tecnolóxico, cómo funciona un coche solar.
Estes son só unha pequena mostra do que nos puidemos atopar nesta edición da feira da ciencia. Como tódolos anos anteriores, estivo moi concurrida, constantemente había visitas, tanto de alumnos deste centro (ou doutros da vila), como de profesores, nais e pais… Todos con un obxectivo en común: aprender e achegarse de forma informal á ciencia.
2.Coordinador (...eu):
Un novo centro, unha nova feira. Unha nova historia, despois de 18 edicións previas. Novos actores para un mesmo acto diferente.
A FEIRA DA CIENCIA DE RIBADEO 2013 tivo o seu momento o 10 e 11 de abril no taller de Tecnoloxía da ESO do noso IES de Ribadeo. Ese foi o lugar. O espírito, o dos 63 alumnos e alumnas de 1º de ESO, mais xente de 4º e tamén de 2º de BAC, e os visitantes, que foron case todos os alumnos de diúrno, mais xente de 6º e 5º de primaria do C.P. Grregorio Sanz, mais pais, profesores, ...
O que foron unha trintena de traballos de difusión, reprodución ou investigación nos que cadaquén puxo o seu gran de area. Traballos como o do Proxecto ríos, co amplo estudo do río Pequeno, O ovo brincador, calificado na enquisa mesmo como un produto blandiblub, O aire pesa ou O aire ocupa, incidindo nas características do medio no que vivimos, Que ves?, coas súas sensacións equívocas, O coche solar, curiosidade de tecnoloxía ó noso nivel, As teas do mundo , estudo dos materiais que usamos para recubrirnos, ... entre outros moitos que non se citan para non alongar esta pequena nota.
Unha experiencia, unha vez máis, tanto de vivencia nun entorno diferente como de relación cos compañeiros e compañeiras na elaboración dos traballos e a exposición como no guiado de grupos, unha visión da aprendizaxe a partir de proxectos concretos, ... sempre mellorable, nunca prescindible.
A escaso medio ano do comezo do funcionamento do IES, a feira representou tamén un ensaio, unha experiencia para realizacións futuras, tratando de mellorar no futuro a feira a e aprendizaxe. De aí que se pasara unha enquisa ós visitantes, que se está a recoller e será analizada para ver diferentes opinións e aprender, tendo en conta non só opinións ou xuízos, senón consellos, que tamén foron pedidos e seguirán a selo no futuro, invitando a participar a todos... nos consellos e tamén no futuro da actividade.

2013/04/09

Un ano máis, a feira da ciencia en Ribadeo

Un ano máis, xa estamos na primavera, e con ela, xa ten chegado a época da feira da ciencia de Ribadeo
Dende 1995, ano tras ano vénse celebrando en Ribadeo unha exposición de ciencia feita por e para escolares, aínda que houbo anos que foi unha exposición de ensino e case sempre as visitas superaron as meramente escolares. Solíase facer no IES Porta da Auga, pero este ano os dous IES fusionáronse, polo que faise no IES de Ribadeo, o único que hai, no edificio do antigo Instituto Laboral, que comezou chamándose 'Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel'.
Coas cousas do traslado, haberá que experimentar este ano non só nos proxectos, senón na propia feira. Polo momento, reducindo a súa extensión e polo tanto, os traballos expostos, así como as visitas.
Os días, mañá mércores e pasado xoves:

2013/04/08

O aire pesa: un vídeo ilustrativo realizado por Eric González

O vídeo, sen querer, gravado por un alumno, ten unha trampa en relación á explicación de peso do aire. Véla?
O seguinte xa non ten 'trampa nin cartón':
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.