(Resume anual de 2012)
Primeiro día do ano, mañá clara, algo fría, pero espléndida. Por hoxe, só un resume de temperaturas da temperie ribadense do xa pasado ano 2014:
Como
xa tiña anunciado, en Ribadeo o 2014 foi o máis cálido do século e o
máis cálido do que se teñen medidas, a pesares de que o penúltimo día do
ano, o 30 de decembro, foi o máis frío do período, acadándose na Pedro
Murias -0,1 ºC.
O
primeiro, a táboa co resume da maioría da información: agosto destaca
como o mes tradicionalmente máis quente, e o ano 2014, con 14,70 ºC de
media, bateu a marca do 2006.
A
anterior é unha gráfica que representa a temperatura media de cada un
dos anos representados, ata o día que corresponda. Vemos que o 2014
encaramouse á máxima das medias aló por setembro, incrementando a
diferenza de temperaturas con outros anos ata mediados de novembro, e
mantendo a distancia dende aquela. Case 0,2 ºC de diferenza de
temperatura con outro ano é moito.
Esta gráfica representa as temperaturas medias anuais, destacando o 2014.
Se xa teño unha
entrada na que destaquei que 2014 era un ano que tiña o máximo de días con máximas >25 ºC,
o cambio climático en curso queda tamén apuntalado pola beira das
mínimas: foi o ano con menor número de días con mínimas menores de 3ºC,
baixando de media algo máis de 1 día ó ano con esa condición: entre os
26 días con menos de 3 ºC do 2005 e os tres do ano pasado hai unha
diferenza considerable.
É
curioso ver como varía a temperatura mes a mes, por termo medio. A
gráfica anterior e a seguinte son equivalentes, dous xeitos de ver esa
variación.
Por
último por hoxe, dúas gráficas onde se ve a variación da temperatura
media anual. O aumento é lento, parece non verse moi claro, pero se se
botan as contas (gráfica final), a tendencia comeza a verse, subindo
dúas centésimas de grao ó ano... o que non é en absoluto representativo a
non ser que se integre na temperie global.
Hoxe, bo día, bo comezo do ano.
--
Nota 1: Esta entrada está tamén en
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/01/hoxe-bo-dia.html
Nota 2: Esta entrada participa na edición de xaneiro de 2015 do Carnaval de la Física/antroido da física, en esta ocasión co blog anfitrión
http://icaraideas.blogspot.com.es/2015/01/bienvenidos-la-edicion-lix-del-carnaval.html