15 de xaneiro de 2016
Cibrán Santamarina Ríos, investigador
e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (tamén
participante no Grupo de innovación docente en Física FISTERRA) estivo
de visita no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo impartindo a charla “Pescudando nas orixes da materia. O bosón de Higgs no CERN”, unha introdución á física de partículas que tamén cubriu o descubrimento do bosón de Higgs.
Unha
presentación diferente dunha parte da física, dende aspectos que se
estudan no ensino medio como as ligazóns entre átomos a outras que só se
citan no curso máis avanzado, como os quarks, ou aínda outras que non
soen nin citarse, como os bosón W ou os gluóns.
A charla, a segunda que o programa A Ponte
puxo a disposición do IES este curso, supuxo un repaso da historia da
física do moi pequeno dende o século XIX ata os nosos días. Unha
conferencia que agradou a moitos dos que asistiron (non puidemos
comprobar se a todos) e que esperamos poida ter secuela, tanto noutras
charlas vindeiras como nos estudos dalgunhas das persoas que atenderon e
na visión do mundo de todas elas.
Algunhas publicacións de Cibrán.
Cousas do grupo Fisterra.
Algunhas publicacións de Cibrán.
Cousas do grupo Fisterra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario