Vexo unha nova na prensa sobre a
Tiangog-1, non me gusta, vou á orixe da nova (
http://www.esa.int/Our_Activities/Operations/Space_Debris/ESA_joins_reentry_campaign) e trátoa para poñer aquí información, en resume e clara, a partir dos datos da ESA.
A estación espacial china (que iso é, unha estación espacial) movíase (e aínda se move en órbitas que, proxectadas sobre a superficie terrestre, debuxan algo parello ó que se pode ver na figura, na parte central. Como os satélites terrestres xiran sobre o centro da Terra, as proxeccións como a que aparece na figura teñen xeito sinusoidal, isto é, as naves pasan máis tempo sobre puntos de latitudes altas que sobre puntos do ecuador (gráfico da dereita). Resulta que é sobre esas latitudes no hemisferio norte sobre as que se concentra a maior parte da poboación, o que pode asustar á xente se se lle di: 'vai caer un cohete, e con máis probabilidade nesta zona que noutras'.
Para comezar, cada semana cae unha nave ou equivalente, e non se oe que cada semana haxa unha catástrofes por iso. De feito, non parece que ninguén morrera nunca por caer riba del un refugallo espacial. Neste caso, ademáis, a órbita non chega nunca ós 43º N (para nos 42,8º), e Ribadeo vila está máis ó norte. Resultado: probabilidade = 0. Iso si, se viaxas a castela, en canto pases de As Nogais estarás en risco... máis ben de que o cohete pase por riba de ti, pois difícil será que chegue unha parte á Terra que poda fastidiarte.
--
Nota posterior: Caeu o 1 de marzo sobre o Océano Pacífico
Ningún comentario:
Publicar un comentario