Coido que esa entrada do blog de novas do CSIC, Consello superior de Investigacións científicas, ten a capacidade de atraer a atención da xente cun mínimo interese na ciencia e a formación cientifica. Traduzo e adapto:
O CSIC conta cunha morea de recursos online para achegarse á ciencia e disfrutala de moitos xeitos.
Exposicións e museos virtuais, debuxos animados e outros vídeos, blogs, experimentos, xogos, apps e libros. Algunhas propostas para aprender ciencia na casa de xeito divertido:
1.XOGOS, EXPERIMENTOS E MATERIAIS DIDÁCTICOS
-
Hi Score Science. App xogo de preguntas e respostas. + 10 anos.
-
Let's go to Mars! Vai a Marte, explora, constrúe... videoxogo. + 7 anos.
-
El fotosistema II: ensamblaje y función en realidad virtual. Descubre de
onde vén o osíxeno que fai a Terra habitable. + 14 anos.
-
PolinizAPP. App. Xogo de simulación: és un insecto! Poliniza na biodiversidade. 7 a 15 anos.
-
Arbolapp. App para identificar as árbores. Ten materiais didácticos. +; 14 anos.
- Natusfera.Proxecto de ciencia cidadá para rexistrar, organizar e compartir observacións naturalistas, con publicación de datos no Portal Nacional de Información en Biodiversidad.
-
Xogos interactivos do Real Xardín Botánico (RJB): Linneo e a clasificación, o olmo 'Pantalóns' e Misterio no Botánico. + 9 años.
-
Es un científico sabio. Xogo virtual de peguntas e respostas para un ou varios xogadores. + 9 anos.
-
OCEANS e De terra ou de mar. Dous xogos educativos do proxecto O mar ó fondo. Dous niveis: pequenos e adultos.
-
¿Es un friki das plantas? Xogo interactivo. + 9 anos.
-
Cóntame como adicarme á ciencia.
Audiocontos, cancións infantís e actividades educativas inspiradas en mulleres científicas. + 6 años.
-
Explora o universo. Xjuegos, adiviñanzas, simulacións interactivas, animacións,
artigos, contos, poesías, galería fotográfica... 4 a 10 anos.
-
Recursos para profesores do CSIC na Escola e canle de Youtube Museo Virtual da Ciencia. Experimentos, aplicacións didácticas e experiencias na aula para Infantil e Primaria.
-
Guías didácticas do RJB sobre 'Bechos do teu entorno', 'Guía dos polinizadores máis comúns das zonas verdes de Madrid', e 'SOS polinizadores. Guía para docentes e educadores ambientais' e outros proxectos educativos do RJB. + 7 anos.
-
#MNCNentumano. Recursos dixitales do Museo Nacional de Ciencias Naturais.
-
#QuedaNaCasa. Recursos didácticos do Instituto de Investigaciones Mariñas (IIM). + 7 anos.
-
Recursos didácticos do Instituto de Ciencias do Mar. + 7 anos.
-
NanoKit do programa NanoEduca do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2). Material experimental didáctico, vídeos e fichas para alumnado e profesorado. + 12 anos.
-
L’Oceà a casa / O océano na casa. Do Instituto de Ciencias do Mar, en catalán e castelán. + 4 anos.
-
Coello na Lúa e os seus amigos. Caderno de actividades coloreables.
UNAM + Instituto de Historia do CSIC.
AUDIOVISUAIS
Propostas didácticas
-
KIDS.CSIC.
Infantil e Primaria. Vídeos de animación,
biografías, xogos e tests interactivos. Ten guías para aula e familias. Do CSIC na Escola. 4 a 12 anos.
-
The QuEST. Debuxos animados do IAA
sobre objectivos científicos do Telescopio Solar Europeo
(EST).
-
Vídeos e podcast do grupo InDi de investigación e divulgación inclusiva da IMF. Hechos y mitos de la Prehistoria: curtametraxe de humor e divulgación. + 7 anos.
-
Animacións e vídeos divulgativos do Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos (IATA). + 9 anos.
-
Revolucións matemáticas. Vídeos de animación e propostas didácticas sobre momentos e persoeiros clave da historia das matemáticas. + 9 anos.
-
Videoblogs didácticos sobre astrofísica e enerxía: O diario secreto de Henrietta S. Leavitt, O consultorio de Erasmus Cefeido e o Teslablog. + 9 anos.
-
Climate Change. The FAQs. + 12 años.
-
Pílulas CSIC de coñecemento e Ciencia salvaxe. Breves vídeos humorísticos para dar a coñecer as investigacións do CSIC en Galicia.
-
Safari submariño por augas galegas. O IIM de Vigo leva a visitar a fauna mariña con vídeos curtos. Con guía en castelán e en galego.
-
Explora a intelixencia artificial (IA) desde a túa casa. Audiovisuais sobre IA. Instituto de Investigación en Inteligencia Artificial (IIIA). + 8 anos.
-
Charlas do Instituto de Física Corpuscular (IFIC) para estudantes de secundaria, con preguntas realizadas en directo. + 14 anos.
Ciencia para todas as idades
-
Los robots saen das fábricas, ¿estaremos preparados? Documental do Instituto de Filosofía do CSIC no proxecto INBOTS (Robótica Inclusiva para unha mellor sociedade).
- Cando os astros se animan. Animación, música e humor. + 9 anos
- Canal de Youtube CSIC Divulga. Ciencia en Navidad,,entrevistas a autores da colección de libros de divulgación ¿Que sabemos de…? + 7 anos.
-
Canal de Youtube do Instituto de Física Teórica (CSIC-UAM). Física de
partículas, universo, materia escura, ondas gravitacionais, bosón de Higgs... + 12 anos.
-
Deconstruíndo a luz. Vídeos divulgativos sobre astrofísica. + 9 anos.
-
Galería visual de FOTCIENCIA.
Máis de 440 imaxes sobre fenómenos científicos. + 9 anos.
-
Adoquíns científicos (CSIC Aragón). Vídeos curtos: en Facebook e Twitter.
-
#IllustraTALKS de Illustraciencia. Entrevistas e recursos online sobre ilustración científica. + 12 anos.
-
#YoFísica. Vídeo. O 11 de febrero 201 mulleres e nenas contan a súa pasión pola física.
-
Eu investigo. Vídeos breves.
-
Conferencias, cafés científicos, materia escura e outros vídeos do Instituto de Física de Cantabria.
-
Vídeos e charlas online do festival anual 10 á menos 9. Nanociencia e nanotecnoloxía. + 14 anos.
-
Matheroes: supermateriais, os heroes do futuro.
Instituto de Ciencia de Materiais de
Barcelona.
-
Podcast da biblioteca Tomás Navarro Tomás. Ciencias humanas e sociais en minutos.
-
#GeoMiroMOOC. Microcursos do Instituto de Xeociencias a través da súa conta de Twitter.
-
#CienciaTrivial. Vídeos curtos da Delegación CSIC en Castela León .
-
Severo Ochoa e o código xenético: descifrando mensaxes encriptados. Cortometraje sobre os experimentos que propiciaron o desciframento do código xenético.
-
Dicionario filosófico COVID-19. Personal investigador do Instituto de Filosofía do CSIC reflexiona en voz alta sobre os conceptos que definen a pandemia global COVID-19 dende unha perspectiva filosófica.
CONFERENCIAS DE DIVULGACIÓN
-
Ciclo Lucas Lara (Instituto de Astrofísica de Andalucía).
-
Jam Science. Charlas sobre diversos ámbitos científicos en ambiente distendido. Aquí e aquí.
-
Ciclo Demografía hoxe (Instituto de Economía, Xeografía e Demografía).
-
Friday Talks (Instituto de Ciencias do Mar).
-
Conferencias na Residencia de Investigadores do CSIC.
-
Seminarios da Estación Biolóxica de Doñana.
-
Ciclo de conferencias de Física Fundamental e outras charlas de investigadoras e investigadores do Instituto de Física Fundamental (IFF).
-
Charlas e vídeos de divulgación do Instituto de Física Copuscular (IFIC).
-
Ciclo ¿Que sabemos de…? en Valencia: ¿Que sabemos da arte rupestre? e Claves científicas do benestar.
-
Charlas sobre megainundacións, tectónica de placas e erosión do soelo. Daniel García-Castellanos, Instituto de Ciencias da Terra Jaume Almera.
-
Conferencias sobre ecoloxía e cambio climático. Fernando Valladares, Museo Nacional de Ciencias Naturais.
-
A árbore da vida: sistemática e evolución dos seres vivos. Conferencia de Pablo Vargas (RJB).
-
O poboado neolítico de La Draga (Banyoles, Girona). Conferencia de Xavier Terradas, Institución Milá y Fontanals, Museo Arqueolóxico Nacional.
-
A agroecoloxía fronte ó COVID-19: políticas públicas urxentes da escala europea á local.
Mesa redonda virtual coa participación de Tomás Garcia Azcárate
(IEGD). Primeira sesión do curso Agroecoloxía Frente ó Colapso. Universidade de Ganada.
CONCURSOS E CERTAMES
-
X edición de Inspiraciencia. Certame de relatos científicos. Podes inspirarte no canal de Youtube do proxecto ou en Instagram.
-
Concurso infantil de relato breve e pintura 'A miña visita ó Museo Nacional de Ciencias Naturais', 5 a 12 anos.
-
Concurso de micro e nanorrelatos do festival '10alamenos9'. Para estudantes de 3º e 4º de ESO + 1º e 2º Bac.
-
A intelixencia artifical (IA) dende a túa casa.P ara que fales do que te gustaría, o que te preocupa ou
de ideas que te veñen á cabeza en relación á la IA. 8 a 14
anos.
-
¿Que ves? Ollo... ¡que te pillo! Retos semanais a través de imaxes. MNCN na conta de Facebook.
BLOGS E PROGRAMAS DE RADIO
-
Ciencia para levar. Blog do CSIC en 20Minutos.es.
-
A cadratura do círculo. Bitácora do CSIC Andalucía en eldiario.es.
-
O Radioscopio. Programa do Instituto de Astrofísica de Andalucía en Radio Andalucía Información.
-
Moléculas a reacción. Química para todos os públicos.
-
Matemáticas e as súas fronteiras. Bitácora de Manuel de León. Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) .
-
A saúde da humanidade. Fernando Valladares (MNCN): relación entre cambio global, saúde e planeta.
-
Ciencia mariña e otros asuntos. Blog de Antonio Figueras (Instituto de Investigaciones Marinas, CSIC).
-
Pílulas de ciencia Avelino Vicente (Instituto de Física Corpuscular, Asociación Sapiencia).
-
Café e teoremas. ICMAT en elpais.es.
-
Blog ICMAT. Reflexión e divulgación. Instituto de Ciencias Matemáticas.
-
Só os paranoicos sobreviven. Blog de Tomás García Azcárate (Instituto de Economía, Xeografía e Demografía), revista Mercados.
-
Cencia e consciencia. Blog Instituto de Ciencias do Mar (ICM) + Unidade de Tecnoloxía Mariña do Centro Mediterráneo de Investigacións
Mariñas e Ambientais (CMIMA).
-
Entre cientIFIC@s. Instituto de Física Corpuscular (IFIC).
REVISTAS E ENTREVISTAS DIGITAIS
-
Naturalmente. Revista do Museo Nacional de Ciencias Naturais.
-
Información e actualidad astronómica. Revista do Instituto de Astrofísica de Andalucía.
-
Diario do Xardín Botánico. Mensual do Real Xardín Botánico.
-
Historias de astrónomos. Artículos de Miguel Ángel Pérez-Torres (IAA) na revista Astronomía.
-
Científicas e cambio global. Entrevistas para ver e
ler. Investigadoras do CSIC.
LIBROS DESCARGABLES
- Guadiamar, ciencia, técnica e restauración. O accidente mineiro dez anos despois
- Invasións biolóxicas
- Doñana, diversidade e ciencia
- Claroscuro do Universo
- Un viaxe ó Cosmos en 52 semanas
- A gripe aviar. ¿Unha nova ameaza pandémica?
- Novos materiais na sociedade do século XXI
- Cambio Global. Impacto da actividade humana sobre o sistema Terra
- Biblioteca dixital do Real Xardín Botánico.
EXPOSICIÓNES DESCARGABLES E MUSEOS VIRTUAIS
-
O que o teu ollo non ve. Os ciclos de vida da estrutura dos materiais
de construción con Microscopía Electrónica, con aumentos de ata 250 000 x. Visión e descarga.
-
Un universo de luz. Propiedades da luz e as súas aplicacións. Mostra con unidades didácticas e fichas de experimentos.
-
A esfera da auga. Das propiedades químicas ata
o seu papel na historia. Con fichas de experimentos, unidades didácticas e audioguías.
-
A enerxía móvenos. Con unidades didácticas e audioguías. A situación enerxética mundial e alternativas.
-
Entre moléculas. Visión amena da química, e as súas aportacións. Con
unidades didácticas.
-
Biodiversidade. Amenazas e conservación. Copn unidades didácticas.
-
Ser humano e fauna. O que supón a coexistencia de fauna silvestre, gando doméstico e ser humano.
-
O universo para que o descubras. Astronomía a través de imaxes.
-
Darwin 2009. 150 anos da teoría da evolución. A súa vida e obra e a pervivencia da súa teoría.
-
Un mar de datos. Mergúllate na oceanografía. Achádegos e descubertas da expedición Malaspina 2010.
-
Seres modélicos. Entre a natureza e o laboratorio. Sobre as sete especies máis usadas en investigación como modelos de seres vivos.
-
Un paseo polo Museo Nacional de Ciencias Naturais. Recorrido virtual.
-
Museo Virtual da Ciencia do CSIC. Recursos pedagóxicos, presentacións didácticas e información sobre instrumentos científicos de valor
histórico do CSIC.
-
Fondo de Música Tradicional da Institución Milá y Fontanals. Música de tradición oral de toda España.
-
Cristalografía. Recorrido pola estrutura atómica dos cristais.
-
Plantas comestibles que chegaron de América. Exposición virtual en Europeana.
-
Colección Mutis do Real Xardín Botánico. Ilustracións científicas de iconografía botánica americana do século XVIII.
-
Exposicións virtuais da web do Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN). E recursos virtuales no Museo Nacional de Ciencias Naturais na túa man, a través de Facebook e Instagram.
-
Madame Châtelet e os seus seguidores de Instagram. Científicas de todos os tiempos, divulgación científica e lecturas teatralizadas.
-
Natureza artificial: a vosa exposición.
Exposición virtual realizada grazas á participación
cidadá en abril, en pleno periodo de illamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario