Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920
A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía.
Polos cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os (poucos) rexistros derivados deles que se gardan na AEMET, todo parecía indicar que o establecemento da estación mereorolóxica que se montou como aliada da investigación e transmisión de coñecementos que alí se facía, databa do último terzo dos anos vinte do século pasado. Mais, nas 'Riberas del Eo', nos poucos exemplares que se conservan na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo do tempo no que foi director Enrique Suárez Couto, aparecen insercións semanais de datos meteorolóxicos recollidos nas instalacións. Insercións que, en épocas posteriores ó seu pasamento, desaparecen do semanario e da escea de documentos a disposición ata o primeiro caderno mensual de toma de datos que se conserva na Pedro Murias, correspondente a novembro de 1927. Hai que lembrar que Suárez Couto foi o primeiro director, ata o seu pasamento, sendo explicable a toma de datos meteorolóxicos polo seu interese no progreso gandeiro e agrícola da nosa terra.
Aquí quedan as imaxes dos datos que atopei nas 'Riberas'. Os primeiros, nun exemplar solto do sábado 9 de agosto de 1919, con datos tomados de sábado a venres anterior (o mesmo que nos outros casos):
As táboas de ventos, correspondentes a anemómetro e veleta, que aparecen nas primeiras táboas, desaparecen nas últimas, indicando unha vontade de incluílos que desapareceu máis adiante por motivo descoñecido.
Deixo
a continuación unha comparativa dos datos anteriores de temperaturas
máximas e mínimas, coa temperatura media dos períodos correspondentes dentro do ano, do
século XXI. Non debe estrañar que en case tódolos días, a temperatura
media correspondente ó século XXI sexa inferior á mínima observada no
período 1919/20: A máis de estar comparando só uns poucos datos puntuais,
dunha beira, cunha media doutro período totalmente diferente, da outra, a
precisión dos instrumentos, o método de recollida, etc, fan que non
sexan comparables de xeito científico sen un estudo previo que non teño posibilidade de
facer:
Ningún comentario:
Publicar un comentario