13 de 14 de xuño, XXIX edición da Feira da Ciencia no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Se non estiveches, non podo suplir a túa asistencia, mais si deixar algunha lembranza para que te fagas unha idea e podas coller algún recorte. Aquí queda o cartel feito por Claudia Lorenzo, que recibiu numerosos parabéns polo seu traballo, e o listado de experiencias e montaxes. Tamén, algunha foto de cada un dos apartados e algún comentario, a máis dunha nota de prensa:
|
Despertador lumínico. Club de ciencia. Despertar coa luz, favorable á saúde
|
|
Ximcana 'Coida o medio ambiente', premio Concurso Esc. Ecoeduca. 2º ESO FQ. Á beira da ría.
|
|
Balancín. 4º ESO Tecn. Un balancín é unha panca.
|
|
Puzzle deslizante da UE, 4º ESO Tecn. Fai falta un oco para poder mover(se)
|
|
Mesas flotantes. Proxecto Competencial 1º ESO. As tensións en sentidos contrarios con fíos entre puntos adecuados manteñen o equilibrio.
|
|
Tensegridade caseira. P. Competencial 1º ESO. Estruturas autoequilibrantes con partes ríxidas unidas de xeito elástico.
|
|
Alfinetes levitantes. P. Competencial 1º ESO. A atracción magnética pode dar lugar a formas fermosas.
|
|
Tren magnético. P. Competencial 1º ESO. Movemento sinxelo á vista.
|
|
Moedas bailarinas. P. Competencial 1º ESO. O xiro é doado cando está asegurado o equilibrio.
|
|
Cristalización de bórax. P. Competencial 1º ESO. Os cristais son fermosos.
|
|
Elevador hidráulico. P. Competencial 1º ESO. Ver levarse a estrutura, unha experiencia.
|
|
Gafas de realidade virtual caseiras. P. Competencial 1º ESO. O virtual xa está aquí.
|
|
Man robótica. Proxecto Competencial 1º ESO. Experimenta como sería unha extensión robótica das túas mans.
|
|
O motor máis sinxelo do mundo. P. Competencial 3º ESO. Doado de facer, serve para comprender.
|
|
O ril e as nefronas. P. Competencial 3º ESO. O funcionamento da máquina humana.
|
|
bastón con entonación. Club de ciencia. Máis seguridade no movemento en situación de invidencia.
|
|
Nin vapear nin tabaco. P. Competencial 3º ESO. Unha droga tan mala como a outra.
|
|
Proceso respiratorio. P. Competencial 3º ESO. Mírate respirar.
|
|
bebidas azucradas. P. Competencial 3º ESO. O azucre oculto, á descoberta
|
|
Proceso dixestivo. P. Competencial 3º ESO. O funcionamento que usamos para obter enerxía.
|
|
Nutriscore. P. Competencial 3º ESO. Aprendendo a usar os recursos para comer mellor.
|
|
O prato de Harvasrd. P. Competencial 3º ESO. Na variación non só está o gusto, está a saúde.
|
|
Detección de vitamina C. P. Competencial 3º ESO. Algo máis que saber que existe a vit. C.
|
|
Maqueta de circulación sanguínea. P. Competencial, 3º ESO. A dobre circulación sanguínea, ó claro.
|
|
Grupos sanguíneos. Prox. Competencial 3º ESO. Máis aló das letras no sangue.
|
|
Determinación do grupo sanguíneo. 1º Bac Biol. Analizar? Pódese facer.
|
|
Bioblitz. 1º Bac Biol. Coñecendo o noso entorno vivo.
|
|
Bioplásticos. Prox. Competencial 1º ESO. Facer pástico máis aló do petróleo.
|
|
Aurora Sampedro, unha pioneira. P. Competencial 3º ESO. Unha muller que estamos comezando a coñecer.
|
Houbo máis de trinta proxectos para tódolos gustos. O
alumnado de menor idade presentou traballos de gran orixinalidade coma o
tren magnético ou os “Alfinetes levitantes”, e tamén fan bailar ás moedas
mediante magnetismo inducido. Ademáis, con simples paus de xeado
construiron mesas flotantes, figuras de tensegridade caseiras e tamén un
elevador hidráulico. E con cartón crearon una man robótica e unhas
gafas de realidade virtual coas que invitaron ó público a dar unha volta
en montaña rusa.
O alumnado de 3º ESO centrou os seus esforzos en
explicar fisioloxía humana mediante maquetas elaboradas por eles mesmos
para explicar o “Proceso respiratorio”, a patoloxía do “Pneumotórax”, “O
ril e a nefrona”, “A dixestión” e a “Circulación sanguínea”. Ademáis,
para axudar a fomentar hábitos saudables, tamén expuxeron traballos como
“O prato de Harvard” para inculcar a dieta equilibrada, “Nutriscore”
para saber o que comemos, “Bebidas azucradas” para evitar abusar das
mesmas ou “Nin vapers nin tabaco” para concienciar de que vapear entraña
tanto risco coma fumar e disuadir aos compañeros de ámbalas prácticas.
Tamén
foi momento de difundir traballos con recoñecementos especiais como
“Cuida el medio ambiente” gañador do II Concurso Escolar Ecoeduca, de
alumnado de 2º ESO, o “Despertador lumínico” e “O bastón con entonación”
presentados nas Olimpiadas de Telecomunicacións en Vigo por alumnado do
Club de Ciencia. Ou “Saitis barbipes” a araña saltarina, rareza extrema
atopada durante o I Bioblitz ribadense realizado por alumnado de
bacharelato.
Para rematar, un non podía marchar sen que lle contaran
algo sobre a pioneira Aurora Sampedro ou o coñecido doutor ribadense
Antonio Rodríguez Darriba, ó cal o alumnado de bacharelato honrou
explicando os grupos sanguíneos cunha orixinal maqueta e facendo a
determinación dos mesmos coma auténticos profesionais.
Parabéns a
todo o alumnado e profesorado implicado que coordinado pola profesora de
bioloxía Susi Besteiro fixo posible xunto con tódolos visitantes a XXIX
Feira da Ciencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario