Dun tempo a esta parte está en marcha un movemento que tenta facer partícipe á cidadanía de diferentes investigacións, mediante instalación de software nos ordenadores con funcionamento nun segundo plano (cousa que comezou hai xa tempo, co programa SETI, que eu saiba) e logo, mediante apps diversas (moito máis recente, pero tamén, coido, máis extendido na actualidade como 'ciencia cidadá'). A recollida de datos é, neste segundo caso, o obxectivo primeiro, aínda que a difusión da propia materia científica da que se trata en cada caso tamén é a considerar.
Mais, dende moito antes, a distribución de enquisas foise extendendo, e, na actualidade, coa potencia que da a web, moito máis. Destas, remata de chegarme unha petición de colaboración de parte dun equipo escolar aportando datos a unha enquisa web, coa que pode colaborar todo o mundo que o queira, de paso que comeza a saber cousas sobre o tema proposto, as sinestesias matemáticas. Colaboras?
Revisitando Castelao na Bretaña
-
Non é a primeira vez que aparece en Ribadeo Castelao xunto coa Bretaña. sen
ir máis lonxe, no 2022 houbo unha exposición sobre as cruces de pedra na
Bretañ...
Hai un día

Ningún comentario:
Publicar un comentario