O que segue é unha adaptación de
ESA: http://www.esa.int/esaSC/SEM9Q6UL05F_index_0.html, cunha das imaxes que no artigo aparece:
A chuvia de estrelas das Perseidas chega ó seu cúmio o 13 de agosto, cando se poden contemplar fogos de artificio naturais no ceo. A chuvia de meteoritos, ou 'estrelas fugaces', aparece como se de fogonazos no ceo se tratara, ó longo da noite.
As colas de pó son deixadas tras de si por cada cometa nas proximidades do Sol. Como a órbita terrestre cruza o pó exectado polo cometa Swift-Tuttle cada agosto, provoca un espectáculo fabuloso ós observadores terrestres. Ó entrar as aprtículas na atmósfera, quencen polo rozamento ata chegar a encenderse, producindo os fogos de artificio. Neste caso de agosto, o fenómeno chámase a chuvia de estrelas das Perseidas, pois parece que os puntos luminosos proveñen desa zona do ceo, da de Perseo.
Este ano as perseidas son visibles do 17 de xullo ó 24 de agosto, poidéndose ver unha ou dúas por hora no seu comezo, o que se incrementa ata unhas cinco ou dez por hora ó comezar agosto, ata un máximo de 80 a 100 meteoros hora no seu máximo no amencer do 13 de agosto (claro está, sempre que o tempo meteorolóxico o permita).
Así, o mellor momento para observación é a madrugada do 13, o que se ve favorecido porque o 12 hai Lúa Nova, e polo tanto, menos luz de fondo no ceo. Ademáis, este ano 2007 Marte é visible como un punto vermello brilante no Este, despois da media noite.
Non son necesarios instrumentos de observación: a chuvia de meteoritos é visible a ollo nu. É máis importante estar nunha zona obscura, sen iluminación de fondo, contaminación, ... É cousa de reclinarse de xeito confortable, adaptar os ollos á visión da noite e sinxelamente mirar a aparición das estrelas ó ancho do ceo.
(ver tamén
o resume correspondente ó artigo da NASA sobre as Perseidas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario