A Ría de Ribadeo é un importante enclave turístico pertencente ó noso concello, e que se caracteriza pola gran cantidade de actividades portuarias (comercio, ocio, estaleiro…) as cales fan das mareas un factor moi importante.
Nun senso xeral, marea pode definirse como os fenómenos experimentados nun corpo debido á perturbación do campo gravitatorio causado pola interferencia dun ou mais corpos externos. Debido á densidade e fluidez, as mareas que se consideran son oceánicas, desprezándose en xeral as terrestres. De media, as mareas oscilan nun período de 12 horas e 25 minutos, debido
á posición ou oposición da Lúa sobre un determinado lugar da Terra.
Tralo traballo que realizamos Laura Piñeiro, Iván Pérez e máis eu, Gonzalo Peña, tutorados por Antonio Gregorio, sabemos que ditas mareas non se suceden sempre da mesma maneira e que hai diferencias bastante notables se tomamos como referencia as táboas de mareas de fora da ría ou de outras rías cercanas. Por poñer un exemplo, tras un gran numero de medicións da altura da marea na ría puidemos observar que mentres na bocana da ría a marea xa estaba baixando no outro extremo do porto aínda estaba a subir, e tiberon que pasar máis de 10 minutos ata que comenzou a baixar. Se puxéramos unha distancia máis grande, como podería ser ata as zonas próximas á veiga, o desfase pode chegar a unha hora e media.
Polo tanto a elaboración dunha táboa de mareas específica da ría sería a solución a todos os problemas ou infortunios que poden aparecer derivados de ditos desfases.
Gonzalo Peña
En plena protesta pola corta de árbores, "para que se formulen as
alegacións que se consideren pertinentes"
-
Iso -"para que se formulen as alegacións que se consideren
pertinentes"- é o que pon o documento que adxunto (o destaque no parágrafo
é meu). Corresp...
Hai 2 días
Ningún comentario:
Publicar un comentario