Antonte foi un día frío para Ribadeo. Mais, a xente dixo que onte era máis frío, e unha vez consultados os datos meteorolóxicos, está claro que andaba errada.
É doado facerse unha idea falsa da temperie que ven en cada
momento, de xeito algo semellante a como ás veces, menos datos poden resultar en máis claridade.
En relación ó primeiro, onte, a temperatura en Ribadeo foi superior á de antonte, en varios
graos, mentras que había xente que dicía que facía máis frío. O quid
está no que se chama sensasión térmica, que depende da temperatura, pero
tamén do vento e da humidade, e que fai sentir unha sensación de máis
frío por acción do vento. E onte houbo abondo vento.
En canto ó que dicía de menos datos e máis claridade, en Ribadeo o
cambio climático está visible en pequenos detalles, como o adiantamento
das estacións meteorolóxicas e cousas relacionadas, como a floración ou a
saída de follas, que fai ique algunhas árbores sofran stress. Deixo abaixo unha táboa
feita coas temperaturas máximas recollidas na Pedro Murias, pero tomando
só o número de días en cada ano nos que a temperatura medida nalgún
momento superou os 25 graos. A tendencia ascendente é clara, podendo
dicir que aumenta de media máis dun día por ano ...
...
aínda estando lonxe de ser un número de anos e medidas abondo como para
dicir que en Ribadeo estamos sufrindo o quencemento climático.
Por certo, hoxe hai 5 anos que tíñamos sobre nós o 'Klaus'.
Entrada participante en 'el carnaval de la física', coordinado en enero de 2013 por Eureka.
Un Chío de festas
-
Un mes mais, a edición de Chío xa está dispoñible na rede. Este mes,
dirixida de novo por Melina López, con verbas de Lucía Ferro ou as festas
do Sa...
Hai un día
Ningún comentario:
Publicar un comentario