4.Tendencia
A máis da temperatura e choiva, poden recollerse
moitos outros datos meteorolóxicos para dar unha idea máis completa do
tempo que pode facer en Ribadeo, ou mesmo sinxelamente, para comparar
con outros tempos e lugares.
Mais, coas medidas xa recollidas para
as gráficas publicadas con anterioridade, cunha análise máis detallada,
poden obterse datos interesantes, sen cansar demasiado. Así pasa por
exemplo, cos 14 ºC de media que Ribadeo ten no ano (dato recollido na
primeira parte desta serie de artigos) ou as temperaturas medias de
meses que poden resultar máis interesantes de primeiras, como xullo
(18,4 ºC) ou agosto (19,1 ºC), ou para promocionar, como setembro (17,5
ºC), datos que non é doado atopar nas guías turísticas de Ribadeo, e que
pola súa bonanza, coido que deberan figurar.
Para rematar, deixo
os últimos dous gráficos, realizados cos mesmos datos da primeira
entrega, e que representan os días de cada ano que Ribadeo rexistrou
nalgún momento temperaturas por riba de 25 ºC (o superior) e por baixo
de 3 ºC. Ambos falan ás claras dunha tendencia que se nota no adianto da
primavera ou na floración dalgunhas árbores dúas veces nun ano, co
correspondente stress, cansanzo e debilidade do exemplar. Trátase do
aumento das temperaturas observadas ano tras ano, que se revela nestes
gráficos particulares de xeito máis claro, traducido en que por termo
medio cada ano aumenta máis dun día o número de rexistros diarios con
temperaturas de máis de 25 ºC, e tamén diminúe do mesmo xeito o número
de rexistros diarios con temperaturas por baixo de 3 ºC.
Cos
poucos datos tomados, non se pode falar máis que dunha tendencia, pero é
unha tendencia que está en liña co tan discutido cambio climático a
nivel mundial e á súa orixe nas actividades humanas.
Así, dentro
do século, os tres anos con máis días con temperaturas superiores a 25
ºC están incluídos nos catro últimos, sendo os dous últimos os que
acadan maior número de días con esa circunstancia. Asemade, os dous
primeiros anos do século están entre os tres con menor número de días
con algunha medida de temperatura superior a 25 ºC. E de xeito
correspondente, tamén os dous últimos anos están entre os catro con
menos días con medicións por baixo dos 3 ºC, mentras que os tres
primeiros (de 2002 faltan datos do inverno para considerar o ano
enteiro) están entre os cinco com maior número de días por baixo dos 3
ºC ....
Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo
-
Máis unha presentación, unha festa nun rural vivo
Remato o domingo coa impresión dun espazo humano, un pequeno recuncho
no que case corenta persoa...
Hai un día
Ningún comentario:
Publicar un comentario