2013/03/24

Da tensión superficial da auga

Chegou a min, da man dun familiar, unha foto colgada en twitter. Deixo a referencia:
Víctor Gutiérrez 21 mar
Mirad qué bien se aprecia en esta foto (ojo a la sombra) la tensión superficial del agua. (cc )
A cousa é bonita. Pero nin quen a puxo no twitter nin eu a puxemos (só) por iso. Manifesta unha cantidade de información moi grande sobre a tensión superficial e a óptica. En primeiro lugar, a distinguir na sombra do fondo o corpo da avéspora da zona da superfiice distorsinada polas patas: esta última ten unha beira brilante debido á concentración dos raios desviados, o que non ocorre naturalmente coa sombra.
En segundo lugar, podemos interpretar que as patas medias son as que cargan con maior peso, pois a deformación que se observa na sombra é maior nelas. Asemade, a súa pata traseira esquerda está impulsando: é maior que a dereita, a pesares de que o abdome do animal máis ben está na outra posición.
En terceiro lugar, a posición de luz, cámara e profundidade pódense estudar con detalle a partir de cousas como o tamaño das deformacións ou a forma da proxección das sombras das patas (extrapolando, da punta delas) e punta do abdome en relación coa forma correspondente do insecto.
E máis ... pero non se trata dunha exhaustividade ou profundidade do comentado, senón de ver como unha situación sinxela tomada cunha cámara pode dar lugar a un estudo en profundidade...
* entrada para o antroido da física de marzo 2013, capitaneado por 'Cuantos y cuerdas'*
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.