2015/03/20

Actividades para a Eclipse de Sol de 2015 en Ribadeo

En tres fases:
1.Aviso


Nota de prensa
20150314


Actividades para a observación da eclipse de Sol en Ribadeo


O próximo mércores 18 de marzo a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da Eclipse de Sol do 20 de marzo. A charla será a partir das 20:00 horas.

Falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en Ribadeo e os métodos de observación, habida conta que mirar ó Sol, con ou sen eclipse, sempre é un perigo para a vista.

A charla será a preparación para a observación da eclipse, e será impartida por Antonio Gregorio Montes.

Como adianto, dicir que o comezo da eclipse será ás 9 e 7 minutos , e a fin, ás 11 e 20 minutos, despedíndose a eclipse de Galicia. O máximo será ás 10 e 11 minutos, momento no que as tres cuartas partes do Sol non se poderán apreciar.

Aínda que está prevista a observación por un grupo de coñecidos, a asociación non organizará unha observación dirixida pola dificultade de mantemento entre a xente de condicións óptimas que non danen a vista e a responsabilidade que leva consigo.
2.Preparación
Diapositivas usadas na charla: http://www.slideshare.net/Agremon/a-eclipse-de-sol-de-20-de-marzo-de-2015-en-ribadeo



3.Despois de
En Ribadeo pasou a eclipse 'sen pena nin gloria'.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto e coa mesma nubosidade.
A próxima eclipse de Sol en Ribadeo? En agosto de 2017, veremos unha minieclipse onde o Sol quedará reducido só un 12%.
As de Lúa, máis frecuentes, terémolas tamén máis preto: o 4 de abril haberá unha, pero non será visible dende as nosas casas. A que si será é a da madrugada do 28 de setembro, en seis meses. Total, como moitas das eclipses de Lúa. Unha animación dende https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/78/Animation_September_28_2015_lunar_eclipse_appearance.gif
Noutro blog: Preparación para esta eclipse de Sol
A eclipse de Sol de 2005
--
Posterior: http://www.gciencia.com/apod-galego/unha-eclipse-dobre-de-sol/ :

2015/03/09

Enfocando xa a Galiciencia 2015

Atopo na rede a seguinte información (que completo con ligazóns):
1.
Galiciencia
Feira científica de Galicia
mércores, 18 de novembro de 2015 ata venres, 20 de novembro de 2015
San Cibrao das Viñas (Ourense)
A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia. Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18, 19 e 20 de novembro de 2015. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, desde Primaria ata Bacharelato, acompañados polos seus profesores. Arredor dela, organizaranse tamén actividades paralelas, como obradoiros e espectáculos, relacionadas co Ano Internacional da luz e das tecnoloxías baseadas na luz.
O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas con ideas innovadoras. A posta en práctica do método científico, o traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades para expoñer os seus proxectos ao público son algunhas das aptitudes que os participantes melloran grazas a esta actividade.
Desde mediados do mes de abril ata final do curso escolar organizaranse tamén cursos especializados para profesores en centros de toda Galicia, co obxectivo de capacitalos no método científico, de maneira que poidan apoiar os seus alumnos na preparación de proxectos para participar tanto na Galiciencia como noutros certames. As inscricións neste curso, que terán lugar en horario de tarde, xa están abertas
Máis información nesta ligazón
2.
CURSO PARA PROFESORES:
Método científico
¿Pode un alumno investigar? A resposta é que sen dúbida si. O curso ten como obxectivo ofrecer ao profesorado unha formación específica para introducir a investigación na aula como ferramenta educativa. De carácter eminentemente práctico, reproduciremos todo o proceso investigador asumindo o rol de alumnos a medida que introducimos os contidos relativos a cada un dos aspectos implicados na tarefa investigadora.
Aínda que a percepción social da investigación está moi ligada aos ámbitos científico e tecnolóxico, a investigación pode integrarse en calquera materia, polo que o curso está aberto ao profesorado de todas as áreas.
CONTIDOS
1. ¿QUE ENTENDEMOS POR INVESTIGAR?.
A percepción de alumnos e profesores non sempre é a mesma.
É necesario coñecer as ideas preconcibidas dos estudantes antes de iniciar proxectos de investigación.
2. ¿QUE É UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN?.
En moitas ocasións non se ten unha idea clara. Presentaremos os distintos tipos de proxectos e os enfoques metodolóxicos que implican.
3. A MIÑA PRIMEIRA INVESTIGACIÓN. O MÉTODO CIENTÍFICO.
Todos os alumnos dos últimos cursos da ESO e Bacharelato coñecen a nivel teórico o método científico. Pero poucos deles o aplicaron. Antes de iniciar un proxecto, é interesante desenvolver “pequenas investigacións” que se levan a cabo nunha a sesión e permiten que o alumno adquira as destrezas básicas do investigador.
4. SELECCIÓN DE IDEAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS.
Sen dúbida, un dos aspectos máis críticos á hora de levar a bo porto un traballo é que o tema sexa o adecuado. Por isto, valoraremos as problemáticas asociadas á elección.
●Que se axuste ás capacidades e coñecementos previos dos alumnos.
●Esperte interese e curiosidade.
●Dispoñamos dos recursos necesarios.
●Sexa viable tecnicamente.
●Ofreza resultados cuantificables.
5.¿COMO SE ESTRUTURA O TRABALLO DE INVESTIGACIÓN EN SECUNDARIA?
A grandes trazos, e con pequenas modificacións en función da área de coñecemento, existe un modelo xeneralizado a seguir. Veremos que implica cada apartado cando o adaptamos a os nosos alumnos.
1. Introdución.
2. Hipótese.
3. Metodoloxía (material e métodos).
3.1.-Asignación de significado e determinación dos valores e/ou categorías para as variables independentes.
3.2.-Deseño de utensilios experimentais e/ou dos documentos de recollida de información.
3.3.-Deseño do traballo de campo, documental e/ou de laboratorio.
3.4.-Desenvolvemento do traballo de investigación e recollida de datos.
4. Resultados e discusión.
5. Conclusións.
6. Bibliografía.
6. ¿QUE FUNCIÓNS TEN O TITOR?.
A principal responsabilidade do profesor é a dirección dos proxectos, e para isto é fundamental ter claras as funcións que lle corresponden e como afrontar as situacións que se van presentando a medida que avanza o proxecto. Analizaremos o difícil equilibro alumnos-titor e acoutaremos funcións.
7. EXEMPLO DE PROXECTOS XA REALIZADOS.
Sen dúbida, é de gran axuda dispoñer de modelos xa existentes. Veremos traballos xa finalizados e presentados a concursos e feiras que nos permitirán realizar unha análise crítica e valorar as problemáticas máis habituais que se producen durante a redacción da memoria.
8. ¿E AGORA QUE FACEMOS CON EL?.
Se queremos aproveitar todas as posibilidades educativas de embarcarnos nun traballo de investigación, debemos transmitir aos nosos alumnos a importancia de compartir o coñecemento e de saber comunicar o noso traballo. Para isto, dispoñemos da opción de presentalo tanto a concursos como a Feiras Científicas.
8.1. PRESENTACIÓN A CONCURSOS.
Existen gran cantidade de concursos aos que presentar o traballo. Presentaremos os principais existentes neste momento. 8.2.AS FEIRAS CIENTÍFICAS. GALICIENCIA.
Sen dúbida, unha das experiencias máis enriquecedoras para os estudantes é presentar o seu proxecto nunha feira científica. Para a participación, hai que preparar distintos aspectos, que van desde o deseño do stand á defensa oral. Como parte das actividades do curso, prepararemos o noso stand a escala e veremos as dificultades que implica para un alumno a defensa oral do proxecto.
●Preparación do proxecto.
●Redacción memoria e da documentación de inscrición.
●Defensa oral de proxectos.
●Galiciencia, unha oportunidade única para os nosos alumnos.
O curso é coordinado por David Ballesteros, profesor e titor de máis de 110 traballos de investigación levados a cabo por estudantes de secundaria de entre 12 e 18 anos durante os últimos 15 anos. Colaborador habitual do Parque Tecnolóxico de Galicia en proxectos de divulgación científica para mozos, é tamén socio activo de MAGMA, entidade que promove a investigación entre os mozos e que organiza a maior feira científica para mozos de España: A “Exporecerca Jove”. Contará coa colaboración como docentes de profesores cunha ampla experiencia educativa e no desenvolvemento de proxectos de investigación con estudantes.
Duración: 6 horas (3 horas/día).
Público: Docentes de Primaria/Bacharelato/Secundaria/FP.
Horario: 18h-21h.
Inscricións: sabela@tecnopole.es.
¿Cando e Onde?
CURSO DOCENTES_GALICIENCIA
Lugar - Datas - Centro/Entidade
ABRIL
San Cibrao das Viñas 13-14 abril Tecnópole
Celanova 20-21 abril IES de Celanova
Castro Caldelas 27-28 abril CPI Virxe dos Remedios
MAIO
Lugo 4-5 maio IES Xoán Montes
Sarria 6-11 maio IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Ribadeo 12-18 maio IES Dionisio Gamallo
Ferrol 19-20 maio IES Ferrol Vello
Pontedeume 25-26 maio IES Fraga do Eume
XUÑO
Vilagarcía 1-2 xuño IES Castro Alobre
Lalín 3-4 xuño IES Laxeiro
Vigo 8-9 xuño IES Santo Tomé de Freixeiro
Santiago 10-11 xuño IES Rosalía de Castro
E, relativo ás Galiciencias e á formación sobre proxectos de investigación, máis info.

2015/03/06

Fallo do XVI Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

Para información, corto e pego de http://prensa.mc2coruna.org/2015/03/fallo-del-xvi-premio-luis-freire-de.html
– A final celebrouse na Domus o 28 de febreiro de 2015.
– Os gañadores asistirán a feiras científicas como Galiciencia en Ourense ou a Exporecerca Jove de Barcelona.


Unha investigación sobre o papel dos carnívoros na dispersión das sementes do carnabudo no Courel, un proxecto tecnolóxico para mellorar a conservación dos alimentos combinando a refrixeración cos ultrasóns e un proxecto nunha aula de Primaria para comprobar se é verdade que a luz da lúa pon verdes as patacas obtiveron os primeiros premios nesta edición do certamen.

A fase final do Luis Freire tivo lugar na mañá do 28 de febreiro de 2015, na Domus, ante a presenza de numerosos compañeiros, familiares e amigos dos finalistas.

Os gañadores asistirán a feiras científicas como Galiciencia en Ourense ou a Exporecerca Jove de Barcelona.

Nesta XVI edición do Premio Luis Freire considerouse por primeira vez a modalidade de Investigación Tecnolóxica, dirixida a alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos. A esta categoría uníronse a de Investigación Científica en Educación Primaria, convocada a pasada edición por primeira vez, dirixida neste caso a profesores de Primaria, para proxectos de investigación desenvolvidos na aula cos seus alumnos; e a modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria, que dende hai 17 anos propón aos alumnos de Secundaria en Galicia a presentar preguntas ás que deben dar resposta mediante a experimentación ou o traballo de campo.

A continuación detállase o Fallo do Xurado:
Modalidade de Educación Primaria Obrigatoria:
Primeiro premio: ¿Es verdad que la luz de la luna pone verdes las patatas?, presentado por Mar Domínguez Pacheco, do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral.

Segundo premio: ¿Qué tipos de pan forman más rápidamente el moho y qué factores le influyen?, presentado por Elena López Nores, do CPR Val Inclán 1 de Ferrol.

Modalidade de Investigación Científica en Educación Secundaria Obrigatoria:
Primeiro premio: Que distancia poden dispersar ás sementes vos carnívoros?, presentado por Amanda Arza Carballo, Lluís Castro Potau, María Locay López e Sandra Vilariño Rodríguez, do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel

Segundo premio: ¿Huele igual la misma colonia en diferentes personas?, presentado por Esther Criado, Nuria Reborido e Andrea Vázquez, do IES David Buján de Cambre.

Terceiro premio: ¿Pueden los videojuegos mejorar nuestra capacidad de concentración?, presentado por José Antonio Díaz Mayorca, Cristóbal Loira Lorenzo, Luis Uriarte e Beatriz Amanda Trillo Senín, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio.

Modalidade de Investigación Tecnolóxica en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos:
Primeiro premio: ¿Se puede diseñar y construir una "nevera" que con ultrasonidos inhiba el crecimiento de microorganismos y mejore la conservación de los alimentos?, presentado por Claudia Escapa Álvarez, de Aulas Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia

Segundo premio: Podemos deseñar un sistema electrónico de alerta temperá que nos permita minimizar vos efectos dás riadas sobre a poboación en risco?, presentado por Clara Mingyue López Piñeiro, Iria Ollero Cadilla e Paula Dosantos Lois, de Aulas Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia.

Terceiro premio:  A Coruña aumentada, A Coruña enriquecida, presentado por María Varela Bermúdez e Juan Carlos Cáceres Rodríguez, do IES David Buján de Cambre.

O Xurado estivo presidido por Francisco Franco del Amo, director técnico do Aquarium Finisterrae, e estivo constituído ademais por: Dña. Isabel Espiñeira Suárez, profesora do CEIP ponte dous Brozos de Arteixo. D. José Carlos Chas, director do Centro de Formación de Profesorado da Coruña, D. Óscar Cabeza Gras, profesor de Física da Universidade dá Coruña, Dña. Ana María Suárez Alfeirán, profesora do IES Calvo Sotelo e membro da Asociación de Amigos da Casa Ciencias e Dña. Beatriz Castro Suárez, profesora no CRA ponte dá Pedra de Carballo. Ángel Loureiro Pereiro, xefe de servizo dos Museos Científicos Coruñeses, actuou como secretario do xurado.

O XVI Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polo Concello da Coruña- Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Fundación Barrié a través da súa iniciativa educativa educaBarrié. Pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas, e premia os participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións e proxectos, e que demostren sentido crítico, curiosidade e constancia.
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.