"Tomando como referencia o conxunto de datos DatosR_SIMCA.csv, que se
pode descargar desta mesma páxina, se pide elaborar un proxecto no que,
utilizando R como ferramenta principal, se realice un estudo sobre os
mencionados datos, aportando como resultado final unha interpretación
dos mesmos en forma de informe, estudo estatístico, visualización gráfica,
aplicación ou calquera outro formato que serva para ilustrar o traballo
realizado.
O conxunto de datos é un ficheiro con datos de mortalidade por distintos
tipos (13) de cancro , diferenciados por sexo, en Galicia no período 1980-
2017."
"
Gañadores do Concurso R
Damián Pallas e Andrea Vilar son os gañadores da primeira edición do Concurso R organizado por MeLiSA.
Unha vez reunido o xurado e avaliados todos os traballos, o mesmo acordou que o traballo presentado por Damián Pallas e Andrea Vilar é merecedor do primeiro premio por achegar un estudo estatístico dos datos, un informe dinámico elaborado con R Markdown e unha aplicación (Shiny) de visualización dos mesmos.Nesta primeira edición do Concurso R participaron un total de 4 traballos (dous en modalidade individual, e outros dous en grupo):
- Antón Blanco Vilariño
- Damián Pallas e Andrea Vilar
- María Cristina Vilas Taboada
- Grupo Modestya
- María Alonso Pena
- María Isabel Borrajo García
- Mercedes Conde Amboage
- Laura Davila Pena
- Arís Fanjul Hevia
- Laura Freijeiro González
- Brais González Rodríguez
- Alejandra López Pérez
- Alfredo Montero Fernández
Tal e como se recolle nas bases do concurso, o primeiro premio consiste nun Slimbook Zero, e o resto de finalistas recibirań un Kit Linuxero de teclado e rato do fabricante VantPC.
Nos próximos días anunciarase a data e lugar de entrega do premio.
Este concurso forma parte das actividades que a asociación MeLiSA realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), e está incluída no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.
"
Ningún comentario:
Publicar un comentario