2023/07/06

A estrela Rosalía de Castro e o planeta Río Sar


    Se miras nas páxinas da Unión Astronómica Internacional, a máis do asteroide Rosalía (podes 'velo' evolucionar aquí e obter todos os seus datos astronómicos aquí) poderás atopar 
https://www.iau.org/public/themes/naming_exoplanets/, (hai unha versión en portugués ou en castelán, pero hai dificultade para facer a ligazón correspondente) onde nunha lista verás, despois dunha introdución explicativa, o seguinte:

List of Exoplanet Names

Object TypeAstronomical DesignationApproved NameCitationProposerWorld Region
PlanetHD 149143 bRiosarRio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.IAU100 NameExoWorldsSpain

    É dicir, existe un planeta chamado internacionalmente Río Sar ('Riosar') que xira arredor da Estrela Rosalía de Castro. Chamado así dende 2019, a información é maior se se descarga unha folla de cálculo (https://www.nameexoworlds.iau.org/_files/ugd/6358ac_f8290c984e9a47b1bba9e6c31d9ff48c.xlsx?dn=NameExoWorlds%20fulltable.xlsx), na que aparece:


É dicir, cinguíndose ás cabeceiras de filas (Country /Name Star /Citation Name Star /Name Exoplanet /Citation Name Exoplanet /Theme /Star catalog ID /Exoplanet catalog ID /Constelation /Star colour /Star type /Link to SIMBAD )

Spain

Rosaliadecastro

Rosalia de Castro was a significant figure of Galician culture and prominent Spanish writer, whose pioneeting work often referenced the night and celestial objects.

Riosar

Rio Sar is the name of a river that was present in much of the literary work of the pioneering Spanish author Rosalía de Castro.

Names and places associated with the writing and life of Galician and Spanish writer Rosalía de Castro (1837–1885).

HD 149143

HD 149143 b

Ophiuchus

yellow

dwarf

http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-basic?Ident=HD+149143

    O que, facendo a interpretación, di que a estrela chamada Rosalía de Castro, que aparece no catálogo estelar como HD 149143 (é dicir, do catálogo Henry Draper, a nº 149143), ten un planeta, HD 149143 b, que corresponde co nome internacional de Río Sar. A estrela é unha anana amarela situada na constelación de Ofiúco. A ligazón corresponde a outra base datos. Na ligazón de nameexowotlds citada detállanse asemade os avistamentos, que son moitos.

    En relación a quen é Rosalía e o río Sar, coido que non paga a pena máis detemento por moi coñecidos. De calquera xeito, aí quedan as ligazóns á Galipedia.

2023/07/01

Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920

 Meteoroloxía en Ribadeo en 1919/1920

    A raíz da publicación da biografía de Enrique Suárez Couto en Ribadeando, estiven na procura de algunha imaxe para ilustrar o traballo de Lourenzo Fernández Prieto, atopando algo que descoñecía.

    Polos cadernos mensuais que se gardan na biblioteca da Pedro Murias e os (poucos) rexistros derivados deles que se gardan na AEMET, todo parecía indicar que o establecemento da estación mereorolóxica que se montou como aliada da investigación e transmisión de coñecementos que alí se facía, databa do último terzo dos anos vinte do século pasado. Mais, nas 'Riberas del Eo', nos poucos exemplares que se conservan na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo do tempo no que foi director Enrique Suárez Couto, aparecen insercións semanais de datos meteorolóxicos recollidos nas instalacións. Insercións que, en épocas posteriores ó seu pasamento, desaparecen do semanario e da escea de documentos a disposición ata o primeiro caderno mensual de toma de datos que se conserva na Pedro Murias, correspondente a novembro de 1927. Hai que lembrar que Suárez Couto foi o primeiro director, exercendo ata o seu pasamento, sendo explicable a toma de datos meteorolóxicos polo seu interese no progreso gandeiro e agrícola da nosa terra. un interese que se recollería de novo xa a finais da década.

    Aquí quedan as imaxes dos datos que atopei nas 'Riberas'. Os primeiros, nun exemplar solto do sábado 9 de agosto de 1919, con datos tomados do sábado ó venres anteriores (o mesmo que nos outros casos):


 





    As táboas de ventos, correspondentes a anemómetro e veleta, que aparecen nas primeiras táboas, desaparecen nas últimas, indicando unha vontade de incluílos que desapareceu máis adiante por motivo descoñecido.

    Deixo só a modo de curiosidade a continuación unha comparativa dos datos anteriores de temperaturas máximas e mínimas, coa temperatura máxima e mínima media dos períodos correspondentes dentro do ano, ó longo do século XXI. Non debe estrañar que en moitos días, a temperatura media correspondente ó século XXI sexa inferior á observada no período 1919/20: a máis de estar comparando só uns poucos datos puntuais, dunha beira, cunha media doutro período totalmente diferente, da outra, a precisión dos instrumentos, o método de recollida, etc, fan que non sexan comparables de xeito científico sen un estudo previo que non teño posibilidade de facer. De aí que o cualifique de curiosidade:
    A ter en conta que as comparacions son por grupos semanais, separados por un espazo. As semanas con datos son unha en agosto do 1919, a de cambio de ano, unha en maio do 1920, outra en agosto do 1920 e dúas en novembro do 1920. En todas se ve, como no caso de 1919/20 que a T Máx e maior que a T min, como corresponde, e cando consideramos tamén as temperaturas correspondentes do s. XXI, as temperaturas máximas son comparables, pero as mínimas son sempre netamente inferiores á T mínima do 1919/1920 (o que non cadraría co aumento de temperaturas, de non ter en conta o xa dito no parágrafo anterior).
El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.