2024/01/10

500 boliñas cada metro de costa

O buque do sinistro, un de tantos. Collido da Wikipedia, foto tomada por Bahnfrend, lic. CC BY SA 4.0

    Onte, a conta dos 'pellets' que invaden a costa, un grupo de amigos tivemos na rede unha pequena discusión. Pola miña parte, fixen unhas contas rápidas que presento aquí e dan lugar ó título.

    Non discuto a posibilidade do seguinte desastre (haberao si ou si, visto o corredor de paso por Finisterre ou a vixiancia efectiva) ou toxicidade dos grans (que parece cambiar cas horas nun sostido fogo mediático político) señon que espoño sinxelamente que pola súa cantidade, son un impacto no medio a considerar. Aínda que non sexan velenosos ou non se descompoñan pouco a pouco dando lugar a microplásticosm ambas cousascon posibilidades. Non fai falta que sexa un Prestige para que sexa un desastre, igual que non fai falta para observar que a administración pode ter a visión e a xestión centrada noutros puntos ben diferentes da xente ou o ambiente.

    Os datos: máis de 25 toneladas de pellets(1) flotando no mar(2) e chegando ás costas(3), polo de agora principalmente ás galegas(4) en forma de grans duns 0,3 - 0,4 cm de diámetro(5) (non son exactamente esféricos nin iguais).

    Collamos os datos máis favorables, os que menos impacten, e fagamos contas.

    25 toneladas de auga son 25 m3. De boliñas, serán máis, pero collamos os 25 m3

    Se as boliñas son de 0,4 cm de diámetro, temos que cada unha ten un volume V = (4/3)·π·0,23 cm3, ou sexa, 0,032 cm 3.

    Dividindo o volume total entre o de cada boliña, (25 000 000 cm3/ 0,032 cm3) , da case oitocentos millóns de boliñas. Repito, sempre tirando polo baixo.

    Dividindo eses 800 millóns entre 1600 km de costa, da medio millón de boliñas por cada km, isto é, 500 por cada metro, sexa praia ou rochedo. 500 como mínimo, que psr iso collimos os datos máis favorables. Iso sí tomando que todas veñan a parar a Galicia, o  que non é certo, e que todas xa viñeran a parar a terra, cousa que tampouco o é, así como que a distribución sexa equivalente por toda a costa, que tampouco o é (agarraranse máis ó terreo na praia, o fondo dunha ría non se verá igual de afectado que a boca...)

    Con toda a crítica que se poda facer ó cálculo anterior, estimo que non deixa de ser unha boa primeira aproximación que dá idea de a que nos estamos a enfrontar. A poboación e o medio, non os políticos. Animo a ver algo máis do tema na Galipedia, aquí ou aquí.

--

1 26,2, toneladas, din algunhas fontes atribuíndo o dato a quen os transportaba.

2 Logo con densidade menor ca 1 kg/L

3 Aínda queda, suponse, moito por chegar.

4 De dimensións algo variables segundo consideracións, pero sempre case dobre que Asturias, Cantabria e o País Vasco xuntos: preto duns 1600 km segundo o IGN, aínda que a Xunta reduce a súa lonxitude. Asemade, por desastres anteriores, é previsible que a maioría sigan chegando ás costas galegas.

5 Non son exactamente esféricos nin iguais, habendo tamaños aínda máis pequenos, o que aumentaría o seu númeto total.

Ningún comentario:

El Tiempo en Ribadeo - Predicción a 7 días y condiciones actuales.